Parece que imos entrar nunha economía de guerra

Será que a EU, coa dirección por estes empregados ao servizo da USA, referímonos, a Ursula Van Leyen, Antônio Costa, etc., e; ¿non se decataron que a Rusia como centro do Comunismo internacionalista, se desmantelou en 1991?

Por Jose Vieira | 5/07/2025

Estamos con demasiados sinais, de que estamos a ver no horizonte fortes nubes de que se aproxima unha treboada, que se designa como unha economía de guerra.

Isto, se acostuma popularmente comunicar, como que os Gobernos en vez de tratar de satisfacer as necesidades dos seus cidadáns, cambia esa obriga estrutural e por definición, por pasar a ser un empresario que só pensa en producir, mísiles, bombardeiros, coches de combate, canóns e outros artefactos de matar.

Esta opción, que se está a ver aproximar, cada vez máis claramente, ten como consecuencias inmediatas, a paralización da economía, en primeira etapa, para pronto deslizar para valores, decrescentes cada vez máis acelerados (índices de crecemento negativos).

Non debemos deixar de alertar que entre esas nubes que se veñen aproximar, vén como sempre a inflación. Coas respectivas consecuencias do empobrecemento da maioría silenciosa da poboación.

Tamén temos que notar a quen non se apercibe o non o quere admitir, como por exemplo, os votantes do Partido Popular, así como, ao Partido Vox, ambos amparados, pola igrexa católica, perfectamente escurantista e manipuladora e, peor do que todo, até na actualidade, facendo aportacións, como financiador de campañas, contra os partidos de esquerda.

Claro que para os habituais gasto de mantemento, Trump, impoñen non só esas, así como a compra de material de guerra, ás empresas de armamento americanas, como enriba referimos e, como non, o mantemento da organización militar coa expansión que el impuxo, mas á custa soamente dos socios da EU., indicando que é un problema de seguridade contra o inimigo, a Rusia.

Como a Rusia é o tal inimigo Europeo.

É evidente que en vez de negociaren a non proliferación das bases da OTAN, cercando o territorio ruso, e por outro lado, teren os americanos, feito o golpe de estado na Ucraína, en 2014, para teren aí un goberno que estivese ao servizo dos intereses americanos para ser instrumento de mao contra a Rusia.

Será que a EU, coa dirección por estes empregados ao servizo da USA, referímonos, a Ursula Van Leyen, Antônio Costa, etc., e; ¿non se decataron que a Rusia como centro do Comunismo internacionalista, se desmantelou en 1991?

O que acontece é como están ao servizo da USA, non poden nin queren servir aos intereses dos seus millóns de cidadáns europeos, que eses si, esperaban e esperan unha Europa con identidade propia e non unha colonia sen autonomía como o é neste momento.

Non podemos esquecer que a economía americana sufriu un duro golpe con aquilo a que podemos chamar o rebentar da burbulla tecnolóxica e pronto deseguida coa entrada de Trump, os impostos aduaneiros (os chamados aranceis), o que segundo as máis optimistas opinións de especialistas, faran con que o posíbel crecemento

dá economía dos USA, sexa lento e acompañado dunha maior inflación.

Por esta razón é que a retirada de “sponsor” da OTAN, vén mesmo a ser necesaria, así como a venda de armas para Europa, poderá sacar de apuros o señor Trump. Más esa imposición, veu a facer que as bolsas americanas se animasen, dunha letarxia provocada polas “loucuras” deste presidente imprevisíbel.

O mesmo veu a acontecer coa imposición de compra de armas en empresas da Europa, como por exemplo a empresa italiana, denominada Leonardo, unha das maiores europeas, vise subir nas bolsas as súas accións máis do 100%.

Isto significa unha vez más, que quen se vai beneficiar destes impulsos de beneficios das bolsas son os accionistas e como tal, hai realmente un aumento de desigualdade social e, como tal un cortexo de máis familias que terán dificultades acrescidas de chegar ao final do mes ou facer face a calquera dificultade extra orzamento, pois, van perder capacidade de compra, debido a esa inflación desencadeada, por estas políticas de inversión armamentistas.

Non estamos de acordo, mais esta forma de facer política do señor Trump, se pode chamar unha forma Keynesiana de facer o querer desenvolver a economía a custa de inversións en armamento. Isto é un erro rematado.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.