Palestina, territorio mártir

É tan grave a posición tomada pola presidencia da UE, e desnorteada, que non é posíbel saber cal podería ser o rumbo da respectiva comunidade, se non tivese como director de orquestra un novo líder, do tipo fascizante como son os USA.

Por Jose Vieira | 7/12/2023

Non entendemos absolutamente nada e, moi menos, as posicións que o PARTIDO POPULAR, ten tomado, pensamos que instigado pola súa “MATRIZ”, VOX, acerca do xenocidio, que está a levar a efecto Israel, sobre o pobo palestino.

Queremos deixar constancia de como di o noso sabio pobo, “que as más accións, fican con quen as practican”.

Era nosa intención facer un texto, un pouco máis ampliado sobre o que os americanos, están a facer na palestina, escondendo a man detrás das costas, despois de mandaren arrasar e eliminar os palestinos, pola man dos israelitas.

Con isto, non estamos a desculpar ou tan pouco, eliminar a criminal execución dunha sentenza de exterminio, por parte dos israelitas, como brazo armado dos Estados Unidos da América do Norte (en adiante só USA).

Todo se está a pasar, como o tempo do oeste americano, en que o xuíz ditaba o enforcamento, mais quen executaba era o “sheriff” e os seus homes (estamos a ser moi benévolos cos señores do Oeste, que foi onde xeneticamente se adestraron os americanos).

Mais a nosa consciencia non para de se admirar, pola negativa, ao ver unha Unión Europea (adiante EU), a dar as boas-vindas ao xenocidio israelita, pois, así mandan, os seus patróns americanos.

É realmente moi triste, que vexamos unha Europa, de 27 países acovardados e peor, submisos a un país, que ten sido un exemplo, máis do que negativo, dato as súas intromisións noutros, para demostrar, pola forza discricionária e criminal, que son eles que mandan e quen non o recoñecer de xeonllos, é aniquilado.

Non entendemos, pois, é todo o que hai de máis antidemocrático que pode haber.

É tan grave a posición tomada pola presidencia da UE, e desnorteada, que non é posíbel saber cal podería ser o rumbo da respectiva comunidade, se non tivese como director de orquestra un novo líder, do tipo fascizante como son os USA.

Dese desnorte acovardado, non temos dúbidas, o que si queremos enaltecer é dúas posicións con valentía a de o presidente do goberno de España e a de o goberno belga, que de forma aínda que sutil defenderon o pobo palestino, recoñecendo a desproporción de medios utilizados polos criminais israelitas.

Como é posíbel, que a consciencia dos dirixentes europeos, non sexa capaz de se opor a estes golpes de salvaxada, que en tempos idos, se chamaría invasión e masacre bárbaro.

Será que xa perdemos a noción do ben e do mal, será que xa non temos capacidade para saber analizar o que é ou non proporcional?

Non sabemos contestar a esta pregunta, o que si sabemos é que isto non é minimamente humano.

Claro que un ministro de Israel (iamos chamar de señor, más non merecen sequera ese alcume), afirmou que estaban “a loitar contra animais humanos”.

Segundo informacións obtidas a través de declaracións dun ex oficial de intelixencia, o sistema utilizado polo exército de Israel, de Intelixencia Artificial (IA) designado Habsora, que permite que aquel funcione como unha certa fábrica onde se practica os asasinatos de forma masiva.

Dito doutra maneira, o que interesa é matar o máis posíbel sen ollar a quen.

Este sistema guía as destrucións, sexa en que sitio sexa, desde que o mesmo determine que pode haber alguén sospeitoso. E para este sistema, segundo as mesmas fontes, está preparado para destruír polo menos 30.000 palestinos, seleccionados, o que significa, que terá que matar moitísimos máis para chegar a ese número seleccionado pola ÍA Habsora (que significa O Evanxeo).

Mais para alén deste sistema, Israel, lanza operacións doutra escala distinguida, a través das cales, con bombardeos indiscriminados, provoca enormes asasinatos de civís, incluíndo nenos, sobre todo o executa, no que foron barrios residenciais.

Queremos deixar neste texto, máis do que palabras, un conxunto de fotografías, que coa debida venia, foron obtidas dun artigo, que traducimos de Yuval Abraham, desde Facebook, Twitter e Telegram.

Tratase dun periodista, que colabora en “Chame ao lugar 972”. É un activista pola Paz en Israel. Actualmente reside en Xerusalén.

Tamén deixamos a fonte:

https://www.972mag.com/mass-assassination-factory-israel-calculated-bombing-gaza/

Comezaremos polos principais criminais de Israel, ou que polo menos están á cabeza das operacións, representando a liña máis dura de Israel.

Tratase na foto abaixo, dos seguintes elementos: de en pé o primeiro ministro de Israel Benjamin Netanyahu, sentados o ministro da defensa Yoav Gallant e o ministro sen carpeta Benny Gantz .

Israeli Prime Minister Benjamin Netanyahu, Defense Minister Yoav Gallant, and Minister without Portfolio Benny Gantz hold a joint press conference at the Defense Ministry, Tel Aviv, November 11, 2023. (Marc Israel Sellem/POOL)

A seguinte foto, mostra a destrución efectuada polo exército de Israel, no campo de refuxiados de Al-Shati, no norte da Franxa de Gaza a 16 de novembro de 2023

No centro da foto, se pode ver a cúpula dunha mesquita destruída.

Destruction caused by Israeli bombings is seen inside Al-Shati refugee camp, northern Gaza Strip, November 16, 2023. (Yonatan Sindel/Flash90)

Os hospitais, debidamente identificados, en vez de seren respectados de acordo coas Convencións de Xenebra, son bombardeados, sendo asasinados os respectivos enfermos, os feridos e o persoal sanitario. Os corpos se amontoan, como por exemplo no entorno do hospital de Al-Nasser en Khan Younis.

Al-Nasser Hospital in Khan Younis overflows with the bodies of Palestinians killed and wounded overnight in Israeli airstrikes, Gaza Strip, October 25, 2023. (Mohammed Zaanoun/Activestills)

A poboación palestina, buscando entre os cascallos dun edificio destruído polos bombardeamentos indiscriminados do exército de Israel, no campo de refuxiados de Shaboura na cidade de Rafah, ao sur da Franxa de Gaza, o día 17 de novembro de 2023

Palestinians search for the wounded after an Israeli airstrike on a house in the Shaboura refugee camp in the city of Rafah, southern Gaza Strip, November 17, 2023. (Abed Rahim Khatib/Flash90)

Tanque de Israel dentro do campo de refuxiados Al-Shati

An Israeli tank is seen inside Al-Shati refugee camp, northern Gaza Strip, November 16, 2023. (Yonatan Sindel/Flash90)

Artillaría do exército de Israel, estacionada ao sur de Gaza

Vense perfectamente as desproporcións de medios, terrestres e aéreos

An Israeli warplane is seen flying above the Gaza Strip, November 13, 2023. (Yonatan Sindel/Flash90)

Como se pode perfectamente intuír, desde estas fotos, que non existe de modo algún unha guerra na Palestina, o que houben foi un acto desesperado dun pobo masacrado, escravizado e privados da súa terra, desde os anos de 1948 até agora. E por outro lado, a continuación do exterminio do pobo palestino, agora dunha forma final, co apoio total dos USA, e da súa covarde filial Unión Europea.

O que non entendemos, para alén do contexto internacional, é como o PP+Vox, non son capaces de ter un xesto de humanidade, recoñecendo de verdade, este xenocidio, levado a efecto, por un país que é un dos seus ídolos.

Sobran as palabras, para poder xustificar o século XXI, un xenocidio de tal magnitude.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.