Os Influencers (os que inflúen)

Non podemos deixar de chamar a atención, para os nenos e os adolescentes, que pasan a diario moitas horas do día, estando enganchados ás redes sociais, consumindo e tomando como camiños a seguir, eses modelos visionarios e tóxicos.

Por Jose Vieira | 10/10/2025

O mundo, está completamente tomado polas redes sociais e, tal os máis novos, ao seren posuidores de mellores “performances” nas novas tecnoloxías, son os grandes consumidores dos contidos, que se lanzan a través dos respectivos, canles de distribución, gratuítos na internet.

Falamos de Instagram, de Tik Tok, Facebook, X, etc.

O que queremos dicir, é que a través destes, se lanzan aos catro ventos, mensaxes populistas, misóxinas, xenófilas, racistas, de ostentación de riqueza etc.

Son lanzadas por influencers, que teñen miles de seguidores, que promoven ideas, por exemplos nacionalistas, en territorios como España, tornan normais “estereotipos de xénero”, mostrando auténticos estados dun luxo quimérico, que arrastran os mozos e non tan mozos, aos querer imitar.

Queren posuír as mansións tipo palacios, os coches de luxo, os iates de multimillonarios, isto é, parten do principio, que o que non teñen, os partidos de extrema dereita ou os como en España, o Partido Popular, unha vez no poder, lles van a dar eses luxos, ou sexa ese estatuto.

Outra das ideas introducidas por estes influencers, é por certo, que o país está a ser invadido por emigrantes e, que estes veñen para España, roubar os postos de traballo aos españois.

Transmiten, igualmente ideas, como referimos enriba, de que o lugar da muller, unha vez comprometida, non pode ter amigos, non pode saír á noite e, que o mellor é empreñala e métela na cociña, que é o lugar das raparigas con noivo fixo.

Estes influencers nacionais, se encontran moi motivados por algúns internacionais, que tamén chegan directamente a público nacional, como é o caso do inglés Andrew Tate.

Temos que engadir, que estes influencers, que estranxeiros quere nacionais, están a intoxicar, unha poboación moi moza, falamos de meniñas e meniños, que comezan a tomar coñecemento e, a se enganchar, nas redes aos 10 ou 11 anos.

Pero o peor, é que estes mesmos en xeral, están influenciados polos seus propios pais, que forman parte dunha xeración, que se escora na internet e, sobre todo se transformaren en adictos ás redes sociais, dando prioridade ás ilusións, imposíbeis, en vez de educaren os seus fillos nas realidades da vida en que están inseridos.

Non podemos deixar de chamar a atención, para os nenos e os adolescentes, que pasan a diario moitas horas do día, estando enganchados ás redes sociais, consumindo e tomando como camiños a seguir, eses modelos visionarios e tóxicos, como o farol a que teñen que seguir, para seren aceptados nos seus grupos, cuxas degradacións socioculturais, se encontran como os seus heroes.

Se non se integran con estes e se mostran coñecedores das ideas das redes, son polos seus amigos excluídos da “ganga”.

Acontece que non se están dispostos a entrar nestes grupos, eses nenos e adolescentes, serán albo de todas as persecucións, maltratos (os chamados bullying), ou sexa, acoso con violencia.

Temos a constancia de que a Garda Civil, está atenta, a estas comunicacións tóxicas, no entanto, son moitos dos pais dos nenos, que patrocina estas situacións, pois, estes chegan a casa e o que veñen, lles resulta ser o farol que os absolve destas más prácticas, dado que seus pais, están dando aos dedos enganchados nas redes sociais.

Isto ten que ser revertido, senón a xeración que esta a ser formada actualmente o que verá a ser, é un continxente de persoas, completamente fóra das realidades do mundo en que viven e, que máis día, irán integrase no mundo de traballo e até en lugares de dirección, con mentalidades completamente distorcidas da realidade.

Outro punto de referencia, é vén a ser o estereotipo, pois, os influencers, a nivel local, instigan a toma de posicións, contra os que non seguen as súas ideas, o que se manifestan con idiosincrasias persoais, como sendo as lesbianas e os homosexuais.

Estas situacións, fan inclusive, que os que son distintas e, que teñen todo o dereito do ser, se encontren en situacións en que se ten que considerar, como anormais e se esconderen deses bandos de acosadores.

Na actualidade, que comezou a moi pouco tempo un novo curso escolar, se pide que os profesores estean atentos e, que non sexan, exclusivamente subministradores de coñecementos, mais tamén, daren jus ao seu apodo de EDUCADORES, pois, é desde pequemos que se deben educar e, esa palabra, “EDUCAR”, non é exclusivamente ocupar as súas mentes coas materias regulamentarias.

Deben estar atentos, pois, a divulgación destes discursos dos influencers, que probabelmente até estarán algúns nas súas clases, se intensifican nestes inicios de curso, no sentido de mostraren a súa forza de persuasión.

Non queremos deixar de referir, que os dous partidos de extrema dereita en España, en que os dirixentes do Partido Popular, seguindo as directrices da súa matriz, o Partido Vox, están instrumentalizando, por estas vías as xeracións intermedias e os novos votantes e, creando unha comunicación moi sensíbel e directa, para movedes, non sofisticados para os nosos pais.

É tempo para reflexionar e, se a maioría se conciencia destes perigos, que nos están a colonizar a diario, talvez podamos encontrar o equilibrio, necesario para termos, no futuro, unha xeración mellor do que a que deixamos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.