Unha vez máis, falla a democracia, pois, soamente unha musculada ditadura, escondida sobre a nube das manipulacións imperialistas americanas, ditou e dita o que lles apetece en cada momento.
Por Jose Vieira
Xamais é unha palabra que non nos gusta empregar nos nosos escritos, pois, é demasiado terminante. O significado é como que non facer ou dicir algo, nunca máis. É a renuncia a evolucionar, é deixar de pensar, en que podemos ser non só mellores, á medida que o tempo avanza.
No entanto, este significado enriba referido, só deixa de ser rigoroso, se ese xamais foi dito ou escrito por un político.
Felizmente a gran maioría dos políticos non teñen que utilizar esa palabra, pois, está asociada a un determinado rango dentro da clase. De aí que se pode extraer a conclusión, de quen a utiliza en balde, son os dirixentes das “confrarías” políticas e, como non, os gobernantes, de acordo co tempo físico.
O que finalmente vén a ser un habito normal e corrente, das grandes conferencias internacionais e organizacións igualmente de nivel mundial, que ser prometedores, mais, infelizmente utiliza a palabra “xamais”, como un auxiliar, de forza de expresión, para encubrir que, non van cumprir algo.
Así pronuncian a palabra xamais, para dicir que non van faltar a súa palabra ou aos seus acordos.
Posta esta restrición voluntaria na linguaxe corrente, imos ver o que sucede no ámbito das Organización das Nacións Unidas (adiante só ONU), así como na voz e nos escritos dos señores políticos.
Comezamos, por referir, que os políticos e os apoiantes de que é necesario castigar a Hamas, polo seu acto desesperado, non teñen nin sequera idea de como os israelitas, tratan os seus concidadáns (se así se pode chamara ao pobo palestino).
Os homes de leis e os políticos de quenda, desde a esquerda á dereita, tras o ataque da Hamas a Israel, o primeiro que discorreran en súas cabezas, é que Hamas e unha organización terrorista e, como tal, hai que cortar as súas cabezas…. son terroristas.
E non se recordan que as forzas armadas de Israel, se fundaron coa unión especialmente de grupos terroristas (recoñecidamente como tal internacionalmente), o Irgun ou o Lehi e o Haganah.
Como estes eran terroristas antes e, pronto pasaron a ser un exército regular, protexido polos líderes de entón, o Reino Unido, cuxas súas forzas de ocupación tiveron enfrontamentos con estas organizacións e polo entón Estados Unidos da América do Norte (adiante só USA), que comezaba a súa carreira imparábel como estado, omnipotente, vixía do mundo.
Para que tal aconteza, bastou a presión dunhas cantas grandes empresas americanas con dirixentes xudeus para cambiar a opinión, mais sobre todo a palabra dos políticos de quenda.
Tamén desde esa altura, estamos no tras Segunda Guerra Mundial, ao redor da fundación do estado de Israel.
A súa fundación como sabemos ocorreu o día 14 de maio de 1948.
Recordemos un pouco a história:
Na resolución número 181 das Nacións Unidas de 1947, consagraba a creación do Estado Palestino.
Reparemos un pouco nesa resolución e na repartición do territorio de administración do Reino Unido, onde se irían implantar os dous Estados:
– Para o Estado da Palestina 43% do territorio
– Para o Estado Israelita 56%
– Xerusalén sería unha parte separada
Sen ten falado, como solución para este xenocidio, sería a creación dos dous Estados, o de Israel, que está desde 1948 creado, e na mesma altura, tamén foi creado o Estado Palestino.
O que acontece, é que os americanos, a maioría dos países que hoxe forman parte da Unión Europea, así como o Xapón, a República da Corea do Sur, a Australia, o Canadá e claro Israel, non recoñece ese Estado Palestino, no entanto, dos 193 países, que integraban as Nacións Unidas, 138 o reconocían.
Unha vez máis, falla a democracia, pois, soamente unha musculada ditadura, escondida sobre a nube das manipulacións imperialistas americanas, ditou e dita o que lles apetece en cada momento.
Esta unha vez máis, nos recorda que somos un mundo de países acurralados, polo medo dos americanos, pois, realmente estes atacan de forma discriminatoria sempre que lles apetece, e só por seus intereses. No mundo occidental, somos un conxunto cercado de escravos e covardes, sen máis comentarios.
A coberto da protección dos USA, e da súa colonia Unión Europea, os señores israelitas, embarcaron en invasións (non como a de a Rusia a defender os territorios onde están os pobos de orixe e fala rusa, contra o escravismo e apartheid ucraíno), para aumentaren o seu territorio masacrando as poboacións autóctonas.
Queremos recordar, que entre novembro de 1947 e mediados de 1949, máis de 15.000 palestinos, foron mortos polos israelitas e cerca de 750.000 se refuxiaron, sendo destruídas 531 aldeas palestinas e 11 cidades tiveron que ser abandonadas, todo isto, apoiado polos USA, o Reino Unido, os países como a República Federal da Alemaña, Países Baixos e como non o Canadá.
Inclusive o traxe de asasinaren persoal das Nacións Unidas, tamén xa era un habito practicado polos xudeus, pois, exactamente en 1948, asasinaron o mediador das Nacións Unidas, conde Folke Bernadotte.
Claro que para os USA e seus asociados isto nunca foi actos de terrorismo, son os chamados danos colaterais.
Mas para o resto do mundo, isto non son invasións, isto é, xusto, isto non é importante, por iso basta ollar para outro lado, para nos esquecernos dos actos de terrorismo real dos xudeus israelitas.
Recomendamos a lectura do escritor norte americano, Norman Finkelstein, titulado “Reflexións sobre a explotación do sufrimento dos xudeus” editado en São Paulo no Brasil.
Falamos agora doutra resolución das Nacións Unidas, mais, do seu Consello de Seguranza e aprobada en novembro de 1967: esta instaba a que Israel, a retirar dos territorios ocupados ilicitamente meses antes, e que pertencían aos palestinos da Cisxordania, Xerusalén Oriental e a Faixa de Gaza e os Montes Golán, estes últimos da Siria.
Mas hai máis, a Comisión Económica e Social das Nacións Unidas para a Asia occidental, en 2017, en informe elaborado por Virginia Tilley e Richard Falk, acusaba Israel de Crime de apartheid
Esta comisión sustentou as súas conclusións, nos seguintes piares:
1) Os que ten nacionalidade israelita
2) Os habitantes de Xerusalén Oriental
3) Os que viven so ocupación na Cisxordania e na Faixa de Gaza
Como sempre, esta situación non tivo calquera consecuencia, polo veto sistemático dos USA, no Consello de Seguranza.
Non debe ser moito máis necesario engadir, para podermos concluír que os referidos Estados Unidos da América do Norte, son os únicos que poden dar o sentido as súas palabras que lles apetezan, facer todo o que lles dea na gana, pois, son os electos de deus todo poderoso e, como tal, só eles poden dicir o que está ben ou o que está mal.
Imos ficar por aquí, non vaia nos caer a espada do tal súper líder…
Se el primero en comentar