Esta é a quinta marcha realizada nos últimos anos a prol da independencia, despois das de Caernarfon, Merthyr Tydfil E Wrexham, sendo a segunda que se realiza na capital.
Por Angelo Nero
Máis de 10.000 galeses ateigaron as rúas de Cárdif, a capital de Cymru (Wales para os ingleses), en demanda da independencia de esta nación celta asentada nunha península ó oeste na illa de Gran Bretaña, afondando no desafío soberanista que ameaza a continuidade do Reino Unido, co anuncio da ministra principal de Escocia, Nicola Sturgeon, da proposta de celebrar un segundo referendum de independencia en outubro de 2023, e do avance das posturas nacionalistas en Irlanda do Norte, onde, en maio deste ano, por primeira vez, o Sinn Féin, con outra muller ó fronte, Michelle O’Neill, gañou as eleccións parlamentarias.
Aínda que o apoio a unha eventual independencia de Londres está entre os galeses moi lonxe do porcentaxes atinxidos por escoceses e irlandeses, a derradeira enquisa realizada por YouGov para ITV Gales e a Universidad de Cardiff cifra nun 32 por certo o apoio a secesión do Reino Unido, máis isto supón un avance considerable se o comparamos cas enquisas realizadas anos atrás.
Tamén a nivel electoral, o peso das forzas soberanistas e ben distintas as de outras forzas semellantes no United Kingdom, pois mentres en Escocia o Scottish National Party (SNP), ten 64 dos 129 escanos no parlamento escocés, e en Irlanda do Norte os nacionalistas do Sinn Féin teñen 27, e os do Social Democratic and Labour Party (SDLP) 8, dos 90 que forman a Asamblea de Irlanda do Norte, no Senedd, o parlamento galés, a forza soberanista, o Plaid Cymru, so ten 13 dos 60 escanos que o forman, sendo maioritario o centroesquerda Labour Party, de forte implantación histórica nesta nación.
Xa en xullo, os partidarios da independencia de Gales, reuniron 8.000 persoas en Wrexham, a localidade máis poboada do norte do país convocadas, como agora en Cárdif por AUOBCymru (Todos Baixo unha Bandeira Gales) e por YesCymru, máis agora, na capital galesa, o movemento soberanista quixo mostrar músculo, nun momento de grande debilidade do goberno británico, trala dimisión de Boris Johnson. Esta é a quinta marcha realizada nos últimos anos a prol da independencia, despois das de Caernarfon, Merthyr Tydfil E Wrexham, sendo a segunda que se realiza na capital.
A manifestación de Cárdif rematou cos discursos do actor Julian Lewis Jones, famoso polos seus papeis en “Invictus”, “Justice League”, ou máis recentemente “House of the Dragon”, e da actriz e escritora Ffion Dafis, coñecida pola sua participación nas series “Hidden” e “Stad”.
Unha das portavoces de AUOBCymru, Harriet Protheroe-Soltani, declarou ó final da manifestación de Cárdif: “Ante as recentes rebaixa fiscais do Goberno británico para os ricos e a continua erosión dos dereitos dos traballadores é mais importante que nunca que a xente se una e manifeste que non confiamos en que Westminster olle polos intereses de Gales.”
Se el primero en comentar