![]()
Non podemos deixar de comprender, que quen fabrica armas de guerra, ten a mesma lóxica para sacar proveito dos seus produtos, que un fabricante de electrodomésticos ou dunha fábrica de botóns para roupa
Por Jose Vieira | 19/02/2026
A lóxica da industria de armamento, segue naturalmente e, a pesar dalgunhas diferenzas moi limitadas, a lóxica de calquera industria de produtos semipermanentes.
Como exemplo damos o caso dunha lavadora a unha secadora para completar o círculo do lavado.
Son maquinas que teñen límites de duración, determinados desde a súa fabricación, até a súa total substitución.
Falamos da obsolescencia técnica e o produto en si propio, normalmente cuestións estéticas.
A primeira, é a evolución dos perfeccionamentos técnicos que o fabricante introduce no aparello da próxima serie, por necesidade da mellorar e obter o usuario un mellor rendemento ou porque os materiais pola cal están constituídos, atinxen o seu ciclo vital de duración.
A segunda, ten máis que a ver, coa antigüidade do aparato, que a pesar de estar a traballar ben, resulta para o usuario, que non está actualizada nin son tan bonitas, como a de o veciño que as tiña substituído, ambas máquinas, o mes pasado, mentres as súas xa tiñan 10 anos de traballo en súa casa.
Todo isto por que as fabricas que producen eses artefactos, teñen os seus despachos de deseño e teñen necesidade de lanzar novos produtos, polo menos con vantaxes non só técnicas e estéticas, pero tamén para daren continuidade a unha estratexia de desenvolvemento da empresa e non se estancar a actividade da mesma.
A vida dunha empresa, non debe morrer tras a consecución dun produto estrela, os empresarios, sempre buscan aumentar as súas cifras de números (aumentar as vendas) e, sempre que posíbel optimizar os beneficios a obter.
Así, encontramos empresas que se dedican a produción de aparellos, dos máis diversos tipos, que transcenden completamente a duración da vida mortal dos seus fundadores.
Digamos que as empresas en especial as grandes, están para alén da duración da vida dos seus fundadores, son corporacións, cuxa vida non é perenne.
Como se pode desde esta nosa introdución verificar, o noso exemplo, ten a súa vida limitada por dous lados, un digamos técnico e outro, podería tamén, ser un pouco ligado á moda.
Así como se di en finanzas, cando se fala do diñeiro, se acostuma aplicar a celebre frase, “de que o (diñeiro) este se define, polo uso que del se fai”.
Por esta razón, tan trivial, a mesma lóxica tamén se aplica, aos produtos que se fabrican para matar.
Non podemos deixar de comprender, que quen fabrica armas de guerra, ten a mesma lóxica para sacar proveito dos seus produtos, que un fabricante de electrodomésticos ou dunha fábrica de botóns para roupa. O máximo beneficio, o que significa producir o máis próximo posíbel da optimización dos custos/rendementos.
Antes de pasaramos a ser máis explícitos, diremos que en termos absolutos os Estados Unidos da América do Norte (USA), están na fila da fronte absolutamente illados, pois, controlan polo menos 40% das vendas de material de guerra a nivel mundial.
E podemos desde xa avanzar, que a maior empresa do mundo destes artigos é dos USA a LOCHEE MARTIN, seguida da RTX (antiga Raytheon), logo a NORTHROP GRUMMAN. Estas concentran a maior parte dos beneficios, pero, son seguidas de BOING coñecida principalmente como produtora de avións.
Non podemos deixar de informar, que a Europa, os países afectos aos USA e, pertencentes a Asia, son os principais importadores de armamento, en especial dos USA.
Iremos dar uns cadros de evolución dos maiores vendedores de armamento a nivel mundial e nos reportaremos unicamente ao período posterior e inclusive de 2010
A – PERIODO 2010 A 2014
| PAÍS | % DE EXPORTACIÓNS |
| ESTADOS UNIDOS | 32% |
| RUSIA | 26%
|
| FRANCIA | 5,8% |
| CHINA | 5,6% |
| ALEMANIA | 5,% |
| REINO UNIDO | 4,4% |
| ITÁLIA | 2,9% |
| UCRANIA | 2,8% |
| ESPAÑA | 2,1% |
| PAÍSES BAIXOS | 2,% |
| OUTROS PAÍSES | 11,% |
B – PERIODO DE 2015 A 2019
| PAÍSES | % EXPORTACIONS |
| ESTADOS UNIDOS | 35,% |
| RUSIA | 21,% |
| FRANCIA | 8,6% |
| CHINA | 6,2% |
| ALEMANIA | 5,7% |
| REINO UNIDO | 3,6% |
| ISRAEL | 3,2% |
| ESPAÑA | 2,3% |
| COREA DO SUL | 2,1% |
| ITALIA | 2,% |
| OUTROS PAÍSES | 10,% |
C – PERIODO ENTRE 2020 A 2024
| PAÍS | % EXPORTACIONS |
| ESTADOS UNIDOS | 43,% |
| OUTROS PAÍSES | 12,% |
| FRANCIA | 9,6% |
| RUSIA | 7,8% |
| CHINA | 5,9% |
| ALEMANIA | 5,6% |
| ITALIA | 4,8% |
| REINO UNIDO | 3,6% |
| ISRAEL | 3,1% |
| ESPAÑA | 3,% |
| COREA DO SUL | 2,2% |
Cabe agora indicar quen son os principais compradores de estes armamentos.
Queremos informar e, con a devida venia estes elementos tiveran como fonte STOCKOLM INTERNATIONAL PEACE RESEARCH INSTITUTE (SIPRI), son datos de 2025.
Imos colocar en liña dado que senón afectarán moito o espazo de este texto:
ARABIA SAUDITA 12%; UCRANIA 9,3%; XAPÓN 8,8%; QATAR 7,7%; AUSTRÁLIA 6,7% ; COREA DO SUL 5,3% ; REINO UNIDO 4,9% ; KWAIT 4,4% ; PAISES BAIXOS 4,1% ; NORUEGA 3,3% ; ISRAEL 3% ; EMIRATOS ÁRABES UNIDOS 2,6% ; BAHREIN 2,6% ; POLÓNIA 2,5% ; ITÁLIA 2,4 %; INDIA 1,9 % ; DINAMARCA 1,6% ; TAIWAN 1,5 % ; ALEMANIA 1,2% ; NOVA ZELÂNDA 1,2% ; FINALMENTE OUTROS PAÍSES REPRESENTAN 13 %.
O que podemos dicir, é que perante tanta produción de armamento e admitindo que non se desgastan en si mesmos, nin se deterioran nos acuartelamentos e outros depósitos, só há que esperar, que se destrúa en varios conflitos armados ou nun grande e xeral conflito a nivel mundial.
Basta non ser moito esclarecido en cuestións de guerras, para non ficar moito satisfeito con esta clara e negativa sobres os ventos que nos sopran desde os Estados Unidos da América do Norte e do seu líder Donald Trump.
Se el primero en comentar