Os 60 anos do asalto ó barco de pasaxeiros portugués Santa María (II)

A vida a bordo durante o asalto ao transatlántico Santa María

Pepe Velo, ideólogo do secuestro do transatlántico Santa María, durante un dos seus discursos.

Por José Vieira

Moitas historias comezan con a expresión “á moito tempo atrás” pois, esta non comeza nin acaba en tempos inmemoriais. Mesmo quen esta escribe, é contemporáneo e máis, era veciño da terra onde se tiña casado o médico do referido transatlántico, persoa que coñecemos e, que algunhas veces falamos sobre o éxito ben. Igualmente tamén nos demos cun dos axudantes do “líder” portugués do éxito, tal como nós aínda á superficie do planeta.

Deixemos esta introdución pois, estes feitos que imos sinalar son os reais, foron épicos e determinantes para unha chamada de atención ao mundo, do que se estaba a pasar nesta Península Ibérica, que alguén excelentemente chamou de “Jangada de Pedra” (1).

Nunha anterior entrega, falei sobre o asalto, no entanto, situándonos no exterior do referido barco, trazando dentro do referido espazo, algunhas características sociolóxicas destes pobos irmáns, Galegos e Portugueses.

Este asalto foi perpetrado, sobre os auspicios da organización revolucionaria DRIL (Diretório Revolucionario Ibérico de Liberación). Sendo, por esta organización, encargados da planear, o capitán Henrique Galvão, do lado portugués e Xosé Velo pór o lado galego. Esta acción, se cognominou de “Operación Dulcineia”.

Este diretório, estaba apoiado por dous lugares tenentes, sendo o primeiro e máis destacado, José Fernando Fernández Vázquez, mariñeiro de profesión e home experimentado en guerrillas armadas, na resistencia ao franquismo nos montes (2). Exercera como profesional náutico, na mariña de guerra republicana. Despois da derrota da República española, estivo internado en varios campos de concentración, ao ser colaborador “maquis”, en Francia, contra a dominación hitleriana. Foi capturado polos nazis, sendo internado nos campos de en Saint Ciprien primeiro e, posteriormente en Auschwitz.  Sendo liberado deste último, polas tropas soviéticas no seu avance sobre Berlín, na Segunda Guerra Mundial. Este era o máis preparado militarmente dos compoñentes do comando. O outro elemento, como que asistente persoal de Galvão, se trataba de Camilo Mortágua, un mozo na altura, ben formado e entrosado en movementos ante salazaristas, é o único que aínda se encontra vivo, tendo unha descendencia, de gran importancia, na política actual, se trata das deputadas portuguesas, xemelgas, Joana Mortágua e Mariana Mortágua á Asemblea da República, polo Bloque de Esquerda, este partido, resulta dunha disidencia do Partido Comunista Portugués. Camilo Mortágua foi un dos fundadores da organización militar ante Salazar, denominada LUAR. Actualmente é un dirixente cooperativo na provincia do Alentejo en Portugal.

Tamén o outro home de confianza de Galvão, era o locutor de radio portugués, Camilo Tavares.

Esta operación tiña como obxectivo, secuestrar un barco portugués ou español, facelo desaparecer en pleno mar, e volver a mostrar ao mundo, nunha das illas Atlánticas e, antigas colonias, quere portuguesas ou españolas (se falou de Fernando Po, Príncipe ou San Tomé), que unha vez aí chegados, as tomarían.

Desde ese punto, estratéxico da operación, organizarían un conxunto de guerrillas en Angola, co obxectivo de facer caer o goberno de Salazar en Portugal (recordamos que Angola era unha colonia portuguesa na altura). Logo tras a caída de Salazar en Portugal, e desde Portugal, se faría caer Franco en España.

A DRIL (3), acabou por optar polo secuestro do Santa María, pola súa modernidade e tamaño. Antes tamén se estivo preparando o secuestro de dous barcos españois, nomeadamente o Satrústegui ou o Virginia de Charruca. Despois de largas negociacións se optou polo Santa María. Nesta mesma reunión, se tomou outra decisión a de nomear a José Fernández Vázquez (de agora en diante, designaremos por comandante Soutomaior, o soamente comandante), para dirixir a operación de captura do barco. Tamén se designou como xefe político, dado que o barco era portugués, a Galvão.

Os elementos encargados, de desenvolver o plano en pormenor, foron os enriba referidos Galvão e Velo, que o tiveron preparado, nos idos de xullo de 1960. No momento, esta operación non se pode realizar de inmediato, dado que a DRIL, se encontraba a brazos, cunha enorme dificultade financeira e, algúns dos seus contribuíntes, en xeral xente de ambos os lados do río Miño, que eran emigrantes, non conseguiron xuntar os medios necesarios para o financiamento da operación.

Nalgúns medios se chegou a falar, dun eventual apoio de Che Guevara pois, en Cuba, por esa época, Che era o gobernador do Banco de Cuba. Actualmente se descarta esa hipótese.

Non imos indicar aquí quen integrou ou non o respectivo comando pois, a poeira do tempo fixo desaparecer algúns dos nomes dos implicados. Hoxe por hoxe, só contan que houben un comando de homes implicados, valentes e abnegados, a un dúo e xenerosa causa. Este comando, era constituído por 24 homes, sendo 12 portugueses e outros tantos españois, maioritariamente da Galiza.

O diñeiro para a operación era esencial, pois había que adquirir os equipamentos militares necesarios, armas curtas (pistolas), armas automáticas, granadas e outros equipamentos como gases, mascarilhas, etc.), así como a compra de pasaxes de barco desde os puntos de embarque estabelecidos previamente, así como asegurar os billetes de avión para quen se tivese que desprazar para os puntos de concentración.

Na Venezuela, segundo unha idea de Velo, irían intentar pedir un préstamo de 100.000 bolívares a un exiliado catalá, membro de “esquerra republicana”, que tiña feito fortuna, no entanto, este contactado non estivo pola labor, volvendo todo á estaca cero. Finalmente, se conseguiu o mínimo indispensábel para viabilizar a operación e, esta se pode por en marcha.

Esta arranca co embarque de Camilo Tavares, no traxecto de La Guaíra a Miami, coa incumbencia de observar, como eran os procedementos de rutina a bordo. Era o espía necesario, para confirmar o non os procedementos preparados. Parece ser que o informe presentado despois, do seu desembarque, consignou profundas alteracións no plano inicial. Máis, segundo o propio Soutomaior e Xosé Velo, despois de ser entregue o barco no Brasil, ambos descubriron que o referido informe, de Camilo Tavares, fora redactado e alterado, de acordo coas particulares conveniencias, pór o capitán Galvão.

A dúbida persiste, no entanto, hoxe xa é unha certeza, foi posíbel contrastala, sendo verdade a alteración.

Gil Delamare, o capitán Henrique Galvão e Pepe Velo.

Día 21 de xaneiro de 1961

A operación, finalmente, está totalmente decidida, e todo se conxuga para a toma do barco, sendo pór o comando preparado, o embarque dos asaltantes, para as 8,30 da mañá do día 21de xaneiro de 1961, desde Curaçao.

Toda a estratexia da toma do barco, pasa agora as mans de José Fernández Vázquez, de feito comandante Soutomaior, que será quen calcula todos os pormenores e respectivos riscos, así como, todos os traxectos e consecuentes rutas, desde Curaçao e distancias a percorrer e, como debían ser todos os movementos. Tamén foi determinado, que a toma   acontecese, cando os pasaxeiros estivesen a durmir, así como os tripulantes, como é habitual dicirse, en réxime de mar.

Así, o comandante operacional, despois da escena, deu voltas e máis volves pór o barco, para encontrar o camarote de Galvão. Despois do localizar, verificou que este estaba acompañado duns catro compatriotas, conversando sobre o derrube de Salazar.

No entanto, o comandante, estaba preocupado por cousas máis inmediatas, como pór a punto as metralladoras, e ao verificar que aínda non estaban montadas, deu ordes aos responsábeis, polo armamento, Juan Paiva e Camilo Tavares, para as poren inmediatamente, operacionais. Estes pronto se encargaran da montaxe que demorou, cerca dunha hora.

 O comandante, efectuou entón, o inventario do armamento, verificando, que faltaban 4 pistolas, tendo o responsábel por elas, Tavares, argumentado, que o Costa Moto, non as tiña conseguido. Isto á sido unha falta imperdoábel, unha situación insólita, que tivo que ser corrixida de inmediato, sobre a marcha pois, non se podería tomar a casa das máquinas, en simultáneo, por falta de armas e, por iso, só podería ser efectuado o seu control, despois de dominado os primeiros obxectivos. Máis un contratempo importante.

Se realizou de inmediato unha reunión, co xefe operacional, tendo este dato, as novas ordes e, redistribuíndo os comandos, pór os obxectivos a conseguir, adecuando os medios dispoñíbeis.

Logo tras esta redistribución de tarefas e, o ordenado de obxectivos, xorden as primeiras discrepancias entre Galvão que non concorda, coas alteracións postas en marcha por Soutomaior. Ao comandante, lle pareceu unha prepotencia da parte do capitán, non estar de acordo, no entanto, se fixo como este rectificou, en vista dos acontecementos.

Perante esta situación comunicada pór o axudante de Galvão, Camilo, o comandante, se dirixiu ao camarote de Xosé Velo, para o pór ao corrente da mudanza de planos, e mostrar o seu desagrado, coa reacción do capitán Galvão.

Velo apoia ó comandante, dicíndolle que el era o xefe da operación e, que por esa razón, a mudanza se tiña que facer, unha vez que non había armas para todos.

A pesar desta cuestión, ás 12 h desa noite, conforme o programado, todos os elementos estaban reunidos ao momento acordado. Curioso, foi a anécdota, protagonizada por Velo, que mal chegou á reunión, mandou distribuír a cada un dos homes, dous comprimidos de “Bonamine”, que era un medicamento contra o mareo.

No entanto, o incidente dos cambios, no terminou sen que Romara tivese preguntado a Soutomaior, o que pasaba, entre el o Galvão, dado que viu o comandante moi alterado.  Romara ao tomar coñecemento da reacción do capitán, preguntou se podían secuestrar o paquete, só cos comandos españois, ao que este replicou que si era posíbel.  Romara, moi temperamental, foi tirar satisfaccións a Galvão e, este antes que este falase pediu desculpas e solicitou que as transmitise ao comandante. Este foi o primeiro desencontro, de moitos outros, no entanto, se quedou sandado.

Así os obxectivos combinados, para a toma do barco, dadas as circunstancias, se quedaran en:

1) a ponte de navegación, a sala da derrota; a estes dous apartados couben a dous grupos de tres homes. Un ao mando directo de Soutomaior e o outro de Romara (este era o lugar tenente do comandante), o primeiro por estribor e o segundo por babor (4)

2) a estación de radiotelegrafía; un grupo de tres homes comandado por Pérez

3) a ponte de sol, camarotes e comedor dos oficiais, comandante e segundo comandante do barco; dous grupos de 4 homes cada grupo ao mando un de Xosé Velo e outro do capitán Galvão.

O persoal restante debería permanecer nos seus camarotes.

A sala das máquinas, quedaría para ser tomada despois destes obxectivos seren longos. Estes, foron explicados a Camilo que a súa vez os transmitiu a  Galvão.

Pepe Velo dirixíndose ós guerrilleiros do DRIL e a tripulación do Santa María.

Día 22 de xaneiro de 1961

Á hora pactada para se desencadear a operación, se estabeleceu ser á 1 hora da mañá pois, os pasaxeiros estarían a durmir, así como a maioría da tripulación que non estivese de garda. A recomendación última, fora a máxima rapidez na execución, para non se perder o efecto de sorpresa.

O comandante se dirixiu para a cuberta, se sentando nunha das cadeiras de descanso existentes e, cando se xa dispuña a dar orde para avanzar, aparecen tres oficiais do barco, paseando e conversando. O comandante, se lles dirixiu preguntando llo podían informar, da velocidade no momento do barco. Esta, era unha pregunta para saber se había algo de desconfianza no ar. Verificou que non había nada de nada e, entón, a operación só se retrasou un pouco máis de 10 minutos.

Así sendo, o comandante se dirixiu ao pasadizo, deparando cun mariñeiro de servizo e, saca a pistola e, lle a mete contra as costas, obrigándoo, ao levar ao quarto da derrota, onde están os oficiais de servizo, segundo a información do mesmo mariñeiro.

No medio do escuro, a alguén choca cos telégrafos das máquinas, e prenden o brazo do comandante, pero este ten a outra man libre na pistola, no entanto, antes que a poda pór en funcionamento se ouven varios disparos, e as balas asubían á súa volta. Se desenvolve, seguidamente un tiroteo, dunha forma inesperada, ricocheteando as balas nas paredes. O comandante sae fóra cos seus homes e busca a Xosé Velo e a Galvão, para que inicien de inmediato a acción, a eles encargada, antes que se informen os oficiais que estaban nos seus apousentos. Ambos dan marcha a súa orde de inmediato. Se escoitan máis disparos desde babor.

Non obstante o comandante, regresa enriba á ponte, mais xa equipado cunha metralladora e, pregunta o que pasou aí. Acenden a luz e se dan conta que dous oficiais e un mariñeiro están estendidos no solo, sangrando.

Non obstante, danse conta que o barco se para de inmediato, o comandante chama a sala de máquinas, sendo atendido polo oficial maquinista, a quen inquire de quen fora a orde de parar as máquinas. Este di que a orde fora recibida do capitán do barco, Comandante Maia (5). Convén aquí referenciar, que o segundo comandante era tamén un incondicional de Salazar e fillo dun dos investidores na Compañía Colonial, a propietaria do Santa María. Esta se pode considerar coa primeira actitude de boicot do mando do barco.

Despois do comandante ter intimado o oficial maquinista a non cumprir as ordes de boicot do comandante Maia, manda baixar a casa das máquinas o Maquinista Paiva dos comandos, con seis homes para polo barco en marcha e facer, por tanto, cumprir as ordes do comando.

Non obstante, o médico, que inspecciona os feridos, informa ao comandante, que os tres, dous están moi graves e, teñen que ser trasladados a unha unidade hospitalar pois, no barco os médicos existentes non están habilitados para operar.

O comandante decidiu, humanitariamente, de acordo co médico, e mandou retirar os feridos de inmediato. Sendo efectuada unha reunión de Estado Maior de emerxencia, segundo proposta do comandante, destinada desembarcar os feridos en Santa Lucia. Larga discusión, no entanto se acordou o desembarque dos feridos en Santa Lucia.

O comandante chamou ó segundo comandante do barco, e mandou que preparase unha lancha con catro tripulantes e que desembarcasen os feridos en Castries, na illa de Santa Lucia, e que para iso tiñan unha hora. O segundo comande do barco, intentou boicotear a orde, no entanto sobre a presión do comandante, se apresurou a dar cumprimento à orde humanitaria.

Non obstante, o comandante chamou o comandante Maia do barco, intimándoo, ou que se renda, a ben ou a mal, deixando de boicotear o asalto.  Non obstante, Paiva cumpriu o seu cometido e, tomou a sala de máquinas. Sendo incumbido de pór o barco “A modo”. Á súa vez, se rectificou a ruta, desconectando o piloto automático.

Podemos dicir que o barco estaba finalmente tomado polo comando. 

Posteriormente a este cambio, se rectificación a ruta e, a velocidade.  Estaban xa a 16 nós, e comezaba xa a subir a velocidade. O comandante decidiu convocar unha reunión con todos os oficiais e o Estado Maior do comando, que se iría facer no camarote do comandante Maia do Barco, esa reunión sería para determinar, o estatuto dos oficiais do referido barco. Nesta reunión, foron postas as seguintes alternativas:

1- Ou adhiren ao movemento anti salazarista, e pasan a colaborar voluntariamente co comando.

2- Ou colaboran profesionalmente co comando, mantendo a disciplina mentres o comando estiver a bordo.

3- Ou obedecen ás nosas ordes, considerándose nosos prisioneiros.

Como ninguén quería tomar ou adiantar ningunha posición, o oficial maquinista, remitiu a responsabilidade da opción para o comandante Maia. Maia despois dun grande silencio, acaba por aceptar a terceira posición.

A primeira decisión do estado maior do comando, foi internar o comandante Maia, no seu camarote de porta aberta, e non podendo este recibir ninguén, sen autorización expresada do comandante do comando.

Portada do Paris Match e a revista Aventuras de la vida real.

Día 23 de xaneiro de 1961

Se determinou que o día seguinte, pola mañá, tería que ser dado unha explicación e información do que estaba a pasar dentro do Santa María. Tería que ser reparada no Comandante Maia do Barco, polos altofalantes, pronto seguido dunha alocución do capitán Galvão, sobre os obxectivos políticos portugueses e aínda, o discurso de Velo sobre os obxectivos políticos españois. O comandante lería unha orde de servizo, a todos os comandos, usando un estrataxema de que había máis comandos infiltrados entre os pasaxeiros e a tripulación. Era o lanzamento da inseguridade entre os tripulantes e os pasaxeiros, o que conviña ao comando. Máis unha manobra de boa estratexia do comandante.

Esta foi a pequena historia, dunha extraordinaria xornada dun heroísmo, sen mácula nin vacilacións, a non ser os constantes atritos que unha operación desta envergadura, traía inherentes, aos distinguidos carácteres dos xefes do comando.

Cabe resaltar que este acto, foi o pioneiro de accións de sabotaxe de intención política, en todo o mundo, non só pola súa envergadura, como polo movemento de medios militares para contra restar a referida acción e os medios publicitarios movidos en todo o mundo.

Seguira un terceiro texto sobre o tema, que tratará da caza ao barco polas mariñas de guerra de varios países e, de como terminou esta fantástica saga que foi o asalto do comando DRIL ao transatlántico Santa María.

NOTAS:

(1) “Jangada de Pedra”, se trata dunha novela do escritor e premio Nobel da Literatura José Saramago.

(2) Este incansábel loitador, José Fernando Fernández Vázquez, pola eliminación do réxime de Franco e de Salazar, era todo un grande e abnegados cidadán, que sacrificou toda a súa vida en prole dos seus ideais de liberdade. Fora membro do Partido Comunista. Utilizou varios pseudónimos, de entre eles destacamos o de Noé e aquel que máis popularmente é coñecido, Jorge Soutomaior.

(3) Non podemos deixar de apuntar, que no DRIL, do lado portugués militaran algúns nomes moi importantes e salientábeis, estamos a recordarnos do enxeñeiro Costa Moto, Victor da Cunha Rego, este máis tarde protagonista do celebre problema da suspensión do diario a República, durante o proceso revolucionario (coñecido polo “preque”), o sexa o período máis intenso da Revolución dos Cravos, do escritor e xornalista, Miguel Urbano Tavares e do Camilo Mortágua.  Máis tarde (17 de maio de 1967) se encontra envolvido nun asalto a axencia do Banco de Portugal, integrado no grupo armado revolucionario portugués, LUAR, dirixido por Palma Inácio, e composto por Antonio Barracosa e Luís Benvindo e Camilo Mortagua (este en a altura tiña soamente 34 anos), tendo se refuxiado en París.

(4) Estes babor e estribor, son respectivamente o lado dereito do barco e o esquerdo, ollando sempre en dirección a proa do mesmo. Sempre independentemente do sentido en que se navegue.

(5) Comandante Maia, que era o comandante do Santa María desde que este foi deitado á auga, era un mariñeiro de carreira, formado na escola náutica portuguesa, que fora un dos integrantes dun grupo de fascistas portugueses, o continxente ou Corpo dos Viriato, que colaboraron al lado das tropas franquista, na Guerra Civil española, contra a lexítima Segunda República.

ESCLARECEMENTO,

Cando non se di máis que comandante, nos referimos ao comandante da operación de asalto Jorge Soutomaior, o mellor José Fernando Fernández Vázquez, seu certo nome.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.