Oliveira pola Palestina en Compostela

O Día da Terra Palestina é unha data na que se recordan os eventos tráxicos do 30 de marzo de 1976, cando as forzas de ocupación israelitas reprimiron violentamente persoas palestinas que se opoñían á expropiación das súas terras, asasinando sete delas.

Por BDS Galiza

BDS Galiza, a campaña galega de Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel levará a cabo unha iniciativa en solidariedade co pobo palestino o vindeiro 30 de marzo, plantando unha oliveira no Parque da Alameda de Compostela ás 18h, para conmemorar o día da Terra Palestina. Convidamos a poboación a participar no evento, que contará cun acto artístico con microfone aberto para todas as persoas que queiran participar.

O Día da Terra Palestina é unha data na que se recordan os eventos tráxicos do 30 de marzo de 1976, cando as forzas de ocupación israelitas reprimiron violentamente persoas palestinas que se opoñían á expropiación das súas terras, asasinando sete delas.

Plantar unha oliveira en Compostela no contexto de asedio e xenocidio perpetrado por Israel é un xesto simbólico de solidariedade e apoio ao pobo palestino que resiste e loita por vivir na súa terra e por exercer o seu dereito ao retorno non só dende o pasado 7 de outubro, senón dende a Nakba (“a catástrofe”) en 1948, a primeira gran desposesión e expulsión das súas terras a mans de Israel.

ACERCA DE BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións):

BDS é a maior coalición da sociedade civil palestina dende 2005 pola LIBERDADE, a XUSTIZA e a IGUALDADE en resposta aos 76 anos de opresión israelí baixo un rexime de apartheid, limpeza étnica, ocupación e xenocidio.

Inspirado no movemento anti-apartheid surafricano, BDS insta a presionar Israel de maneira non violenta para que respeite o dereito internacional e poñendo fin á ocupación, recoñecendo a plena igualdade das palestinas cidadás de Israel e respeitando o dereito de retorno das persoas palestinas refuxiadas, como estipula a ONU.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.