![]()
Resistente desde a diáspora, Safa levanta a súa voz contra unha guerra xenocida que no último episodio causou máis de 47.000 mortos de todas as idades, incluídos nenos e nenas.
Por Dani Seixo | 16/02/2025
Mohamed Safa naceu en Cisjordania, un dos territorios palestinos ocupados polo estado sionista dende 1967, alí foi onde viviu os seus primeiros 17 anos de vida. Logo viu a Galiza, e estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, para trasladarse despois a Oviedo, onde se especializou en oftalmoloxía. Actualmente traballa no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Incansable loitador polos dereitos sociais e nacionais do seu pobo, foi delegado do Frente para a Liberación de Palestina na Galiza durante máis de dez anos, participando en innumerables palestras, dando a súa visión sobre a situación de Palestina, escribindo tamén os libros “Palestina, un grito de liberdade”, “A revolución árabe”, e “A segunda Nakba palestina: o proceso de paz”.
Se el primero en comentar