![]()
Recordamos que a submisión europea é tan grande ao líder USA, que até a Alemaña, que era socio coa Rusia no gasoduto do mar do norte, permitiu perder a súa inversión, autorizando que este seu investimento fose destruído, polo seu socio americano.
Por Jose Vieira | 3/10/2025
Non hai dúbida, de ningunha especie que, que en España, a maioría da poboación, vota en contra dos seus intereses, en especial os máis mozos e, os que votan por primeira vez.
No entanto, deixemos o seguimento desta nosa abertura e, avancemos para causas máis remotas, mais que están a ser sentidas, un pouco por toda a Europa, especialmente co beneplácito de “súa alteza real, a presidenta da Unión Europea (EU), a señora *Úrsula Van der Leyen, unha traballadora incansábel, ao servizo dos intereses do seu patrón Donald Trump, así como de sus patrocinadores, os gobernantes dos países compoñentes desa tal agrupación de 27 socios.
Temos así, que recordar que existe unha certa “desaceleración da acumulación do capital”, por todo o occidente, provocado pola intervención do goberno de Joe Biden (presidente anterior dos Estados Unidos da América do Norte – adiante soamente USA), do partido democrático, cando impuxo que a Rusia fose cercada pola OTAN/NATO, a través do seu apoio (falamos dunha guerra, dos USA), por delegación dada a Ucraína, para que os mortos fosen ucraínos e non americanos.
Así, as consecuencias non se fixeron sentir, na Europa, coas restricións impostas aos fornecementos da subministradora de materias primas e, do gas e petróleo ruso, que até entón o facían con bos prezos e fornecementos regulares.
É entón que a cobiza americana determinada, segundo parece, pola estagnación da súa economía, esta se transforma na vendedora dos produtos antes fornecidos pola Rusia, a bos prezos, por prezos americanos, moi máis altos.
Como referimos noutros nosos textos isto xerou con que a economía europea, se desacelerase e, a maioría dos países, deste espazo, político/económico, hoxe ou están estancados o crecen por valores inferiores a 1%. A excepción é a España que aumenta o seu PIB a 2,7%.
Recordamos que a submisión europea é tan grande ao líder USA, que até a Alemaña, que era socio coa Rusia no gasoduto do mar do norte, permitiu perder a súa inversión, autorizando que este seu investimento fose destruído, polo seu socio americano.
Non se entende, ou talvez si, o comportamento do actual chanceler alemán, Friedrich Merz, de submisión ou até de hipócrita actuación, seguindo os americanos, apoiando o xenocidio israelita, ao pobo palestino, rexeitándose a sequera pronunciar a palabra maldita “XENOCIDIO”.
Como consecuencia desta crise, se acentuou por toda a EU, un recorte xeral das políticas de redistribución sociais.
Como contra partida, por exemplo en Francia, o Presidente da República Francesa, o señor Emmanuel Macron, no lle chega o problema, de ter que combater a acusación de que Brigite Macron, súa muller, que segundo corre, nacese como unha persoa do sexo masculino, o que o levou a levar unha acción xudicial nos USA.
Ten ofrecido ao pobo francés que protesta, por todo o territorio francés, contra os seus recortes, nas prestacións sociais, na educación, na investigación científica, na destrución da saúde pública, nos servizos que antes o pobo francés desfrutaba, ofreceu represión, autenticas cargas salvaxes de represión policial, sen calquera límite.
Más, o seu nomeamento de varios primeiros ministros unicamente de inspiración e “a seu belo pracer”, mais sempre, persoas que son cada vez más próximos á extrema dereita da señora Le Pen.
A par disto, cunha represión, polas forzas da orde, que salvaxemente agrediron ós manifestantes, en centenares de manifestacións por todo o país, que, no entanto, foron levadas pacificamente pola poboación, polas retiradas dos seus dereitos.
Se ve a ollo nu, sen necesidade de más do que estar minimamente atento, ao desenrolar dos acontecementos no noso país, a España, o comportamento do Partido Popular e súa matriz ideolóxica, que saíu das súas entrañas, o Partido Vox e, en temas perfectamente limpos e transparentes, como a emigración, cousa que moitos dos seus votantes o foron inclusive (poucos son aínda vivos), non talvez emigrantes, mas moitos destes son fillos de emigrantes españois, que buscaron a vida fóra de súa patria.
No entanto, a soberbia, a necesidade de se sentiren superior ao que foron seus proxenitores, atacan dunha forma absolutamente imposíbel de xustificar, aos emigrantes, que no queren ver que é grazas ao seu traballo que os señores reformados, conseguen que as súas pensións de xubilación, continúan a se poder pagar e, o país pode presentar un crecemento é case tres veces maior que a media, da EU.
No entanto, a maioría da poboación aposta por querer ser os seres superiores, os certos marqueses dun réxime monárquico.
Cada un da maioría dos votantes deses dous partidos senón son desde xa neonazis, están a se aproximar, como o acontece en Francia co partido de Marianne Le Pen ou co goberno de Italia da señora Meloni.
É importante, recordar, por exemplo que nin o Partido Popular, nin o Partido Vox, son capaces de recoñecer que os israelitas están a cometer un XENOCIDIO, do pobo palestino.
Máis, que inclusive, fan unha política de manipulación dos seus votantes, os mantendo nun auténtico escurantismo, á base de mentiras constantes abrigo, o que poden meter man.
O incríbel, deste estado de cousas, é que como en moitos países, que están ao servizo do súper líder, nazi americano, que repara no nome de Donald Trump, este aterrorizou os mozos, por un lado, e por outro, prometeu que lles daba o ceo, cando cada vez más, retira as perspectivas dun futuro democrático e dunha vida cuxa calidade vai ser moi inferior à que tiveron seus proxenitores.
Esta tamén é a oferta do señor Feijoo e do seu socio Santiago Abascal, tal como está a protagonizar en Francia, xa a todo o vapor, o señor presidente da República Francesa Emmanuel Macron con las represións, recortes masivos como enriba referimos e naturalmente con seus acordos que maten secretos dos seus mandatarios, por exemplo, as conversacións do actual recentemente nomeado primeiro ministro de Francia, coa extrema dereita de Marianne Le Pen.
Temos, no entanto, que admirar o pobo francés, que con gritos de ira, se ten manifestado por todo o seu país, chegando mesmo a provocar bloqueos en estradas en determinados puntos das principais cidades(se contabilizaron manifestacións en 80 cidades francesas).
O que a poboación dunha Francia en brasa quere, é que non volva a esta a ser gobernada pola ditadura, que a goberno sobre o tempo da invasión da Alemaña de Hitler (a chamada Republica de Vichy).
A xente de Francia, o que non quere é o dominio do nazismo que está ya a aparecer imparábel, na Alemaña, cun chanceler, coligado ao un partido como o AfD, da señora Alice Weile.
Para que teñamos unha idea do que desexa implantar, o AfD, de Alice Weile, non só na Alemaña, mais si, como dixen recentemente nun seu discurso, por toda a Europa, é un réxime de valores, pois, o réxime de nazi era rexido por un Hitler, un perigoso socialista.
Esta señora é a segunda forza política alemá e protectora do partido Vox en España e un dos soportes do Partido Popular.
Así, o que nos está para chegar, nunhas próximas eleccións, pola poboación votar contra os seus intereses, é a chegada do nazismo a volver a gobernar España como o peor tempo do réxime de Franco.
Prisións a quen se manifeste en contra xuizos aleatorios, contra os cidadáns que se distingan en contra ou sexan críticos, retirada das pensións e seu nivelamento por baixo, privatización dos servizos de saúde de ensino, e da administración que antes era pública.
Estagnación da economía e, no entanto, fortes subsidios as grandes empresas e exencións fiscais aos más ricos, un aumento das desigualdades sociais, aumento de desemprego, expulsión dos emigrantes que fixeron crecer o país e, persecucións de toda a orde e, a todos os posíbeis opositores.
Para terminar, queremos engadir, que toda esta parafernalia será apoiada de forma incondicional, por unha igrexa católica que sempre estivo e está ao lado das ditaduras, volveremos como en o tempo de Franco.
Se el primero en comentar