O que é e o que parece ser a Unión Europea

Non obstante ao impor esta invasión da Ucraína, pola Rusia, animou toda a industria de material de guerra que estaba estancada, obrigando os países da EU, a apoiar os Ucraínos, con material de guerra pagado pola EU.

Por Jose Vieira | 1/09/2025

Cremos que a chamada Unión Europea (EU), é unha caricatura do que os seus fundadores imaxinaran, o que esta sería tras pasaren estas decenas de anos sobre o seu Tratado de Fundación [1].

Falamos do Tratado de Roma, de 25 de marzo de 1957, que estabelece a CEE, que arranca como tal en 1 de xaneiro de 1958.

Os países fundadores foron: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos.

Hai que estabelecer a diferenza entre a CEE y a EU. A primeira, era unha organización política e económica creada polo tratado de Roma de 1957, mentres que a EU, se formou en 1993 tendo a Comunidade Económica Europea, adherido e de inmediato, téndose incorporo a esta e pasou a se chamar Comunidade Europea.

En 2009, todas as institucións da anterior Comunidade Europea, se incorporaron, pasando esta a se designar Unión Europea.

Actualmente forma a Unión Europea os seguintes países: Alemaña, Austria, Bélxica Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia. Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romania e Suecia.

Debemos dicir que xa foron 28 estados, os membros da EU, no entanto, en 1 de febreiro de 2020, as 12 horas TMG, retirouse o Reino Unido (proceso coñecido como Brexit), pasando a seren finalmente 27 os estados membros, que hoxe figuran como tal.

Esta Unión Europea é dirixida por varías entidades, Presidente do Consello Europeo, Antônio Costa, a Presidenta da Comisión Europea (2), Ursula van der Leyen -é esta quen propoñen e aplica as leis- e a Presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola.

No entanto queremos rizar que quen realmente leva as rendas do poder é a Presidenta da Comisión Europea, Ursula Van der Leyen.

Non podemos deixar de ter auténticos arrepíos de repulsa, ao ver a fotografía do señor Trump, coa señora Ursula Van der Leyen, é primeiro de nada o sinal dunha total submisión dunha Europa, vella, anquilosada, incapaz de se recoñecer como unha unión de países, antes independentes e soberanos e, agora, caquécticos, inferiorizados, autenticamente escravizados a gusto do emperador americano.

Non se conseguín albiscar en ningunha noticia, sexan en que medios sexan, mais en especial, nos de gran circulación, que están ao servizo dos seus financiadores os grandes grupos empresariais, de que a Europa está de acordo, cos axustes que lle son suxeridos, polos homes do señor Trump, e que esta acepta sen contrapor, pois, está axeonllada a seus pés adorando o deus feito home, que é o seu máis adorado protector.

Mais non é todo, esta mesma Europa, que sempre se involucrou nos programas da OTAN/OTAN, non por necesidade propia, pois, o tratado de Varsovia a que servía, teoricamente de contra punto, se tiña desmobilizado co desmantelamento da antiga URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) e, que só servía aos USA, para vender armas aos países que a integraban, e até a chegada de Trump neste seu segundo mandato, financiados por créditos americanos.

Pois, iso se acabou, e este emperador, agora impón a compra de armas por volumes absurdos aos antigos e actuais socios da OTAN/OTAN, unicamente para facer resurxir a economía en estancamento americana, unha vez máis a custa de aplicar aumentos de custo de vida na EU, a través dunha inflación en que só hai un responsábel e gañador o Señor Trump.

Como isto foi posíbel?

Os Estados Unidos da América do Norte (USA), tense organizado, especialmente notoria, desde os tempos de Donald Reagan, nun conxunto de alianzas, bastante distinguidas das que foron efectuadas cando a Segunda Guerra Mundial.

Desde a fundación da Comunidade Económica Europea (adiante Unión Europea e máis UE) , os USA, sempre animaron e patrocinaron a entrada do Reino Unido na EU, como un emisario forte e fiscalizador, do que podía ser as orientacións na respectiva EU.

Así, o Reino Unido, foi sempre o espía e o controlador da EU, ao servizo dos intereses americanos e, nunca dos intereses exclusivos da Europa.

Máis, os USA, contaron sempre con outro pais, a Alemaña, pois, sempre nos vencidos dunha guerra, o control das institucións políticas, aqueles gañadores e en especial o estado emperador en cuestión, pon e dispón sobre toda a política, en noso caso, da Alemaña, quere nos aspectos económicos en xeral, como nos apoios de solidariedade de xeonllos para co xefe (enténdase os USA de Trump e non só), en todo o máis.

Recordemos que a Alemaña era socia e financiadora dos novos gasodutos, que desde a Rusia serían o provedor, esencial e a bos prezos para toda a Europa, así como o fornecemento de materias primas, que eran necesarias á industria da EU, o que proporcionaba unha estabilidade de prezos/custos, que estaban a facer saír esta, para o desenvolvemento.

Así os USA, inventaron a invasión da Ucraína a través do cerco montado a volta das fronteiras da Rusia, a partir da imposición da Ucraína cerrar ese cerco, a Rusia. E, como non podía deixar de ser, os USA, levantaron toda a súa habitual estratexia de sancións para que a Rusia se afundise nunha falta de mercados, e até, fixo dinamitar os gasodutos (tratouse de dinamitar o Nord Stream 1 e 2) en que a Alemaña investira o seu diñeiro, sen que esta sequera, tivese un só queixume.

Como de inmediato, resultou un só gañador, os USA, pasaron a ser o comisionista que todo fornece a EU, cobrando non só prezos moi máis elevados, e até falta dalgúns compoñentes.

Non obstante ao impor esta invasión da Ucraína, pola Rusia, animou toda a industria de material de guerra que estaba estancada, obrigando os países da EU, a apoiar os Ucraínos, con material de guerra pagado pola EU. Aquí xorde outra mentira brutal, pois, o actual presidente fixo saber que era os USA que estaban a financiar os ucraínos, cando quen paga as facturas son os países da EU, na proporción do 80% a Europa e uns escasos 20 % os USA, o Reino Unido, a Australia, a Corea do Sur, o Xapón e finalmente a Italia.

Estes aliados subordinados, funcionan como círculos de confianza e importancia, como aliados en seus obxectivos, así como primeiro nivel figura o Reino Unido e a Australia, en segundo lugar aparecen con incondicionais a Alemaña, a Corea do Sur e o Xapón, sendo en seu aliado menor, pero neste momento, se enamorando dos USA, a Italia (o símbolo do Pai Tirano).

Co presidente Bush, fillo, este contradixen os agradecementos de seu pai aos auxilios prestados pola Rusia ao occidente, era o pronuncio da reviravolta de estratexia americana. Comeza desde entón a presión americana polo cerco a Rusia e os europeos, se serven do Tratado de Maastrich, para sen pestanexar, introducir na EU, todos os países antes pertencentes a URSS, tamén denominados países deste e completar o cerco da OTAN/OTAN. Por iso só faltaba a Ucraína, dade o interese da invasión da Rusia nese país, antes membro da URSS.

Se quixermos ter unha data de inicio deste cambio de estratexia, a que os señores políticos da EU, non deron conta o miraron para o lado, este cambio se iniciou co bombardeo que durou 78 días sobre a Yugoslavia, en 1999, efectuado polas forzas “terroristas”, pois, non se poden cognominar doutra forma da OTAN/OTAN, ao servizo do imperialismo americano, que unha vez máis se serviu os covardes xefes de estado da EU.

Caracterizando un pouco máis os dirixentes dos incondicionais socios americanos, nos detemos nunha Meloni por parte de Italia unha fiel seguidora da políticas fascistas dos herdeiros de Mussolini; Friedrich Merz da Alemaña, un avergoñado admirador da dirixente de la AfD, Alice Weidel, parido en que súa secretaría xeral consideraba Hitler un perigoso comunista; dun que acostuma ir por libre, mais que desta vez aparece aos pés de Trump, o señor Emmanuel Macron, seguidor incondicional de todas as correntes belicistas, que o podan afastar de ser destituído de presidente de Francia este próximo setembro.

Finalmente a dirixente Ursula Van der Leyen unha profunda admiradora de súa amiga a primeira ministra fascista de Italia, a señora Meloni. Non falamos de Antonio Costa, pois, ese anda ao sabor do mellor postor e, como sabemos é un verbo de encher (o quesignifica ser unha figura decorativa de moi mao estilo).

Resumindo, en poucas palabras, a Europa está en liquidación e aínda por riba non se trata de saldos, mais si que está insolvente.

Paz a súa alma pois, é un teatro de fantoches.


Notas:

[1] Tratados que antecederan a formación da Comunidade Económica Europea.

Tratado de Paris de 1951 que criou a comunidade do carbón e do aceiro, Tratado de Roma de 1957 e o tratado da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom) de 25 de março de 1957.

  1. Os presidentes da Comisión Europea:

1 – Walter Hallstein desde 1958 até1966

2 – Jean Rey desde 1967 até 1969

3 – Franco Maia Malfatti 1970 até

4 – Sicco Mansholt 1970 até 1972

5 – François Xavier Ortoli 1973 até

6 – Roy Jenkins 1977 até 1980

7 – Gaston Thorn 1981 até 1984

8 – Jacques Delors 1985 até 1993

9 – Jacques Santer 1994 até

10 – Manuel Marin — interino

11 Romano Prodi 1999 até 2009

12 – José Durão Barroso 2010 até 2013

13 – Jean – Claude Junker 2014 até 2018

14 – Ursula Von der Leyen 2019 até atualidade 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.