O premio Nobel da Paz e un dos seus posuidores

Foi unha figura bastante sinistra, pois, os grandes golpes contra as liberdades e, sobre todo, contra as democracias, á praza do mundo, foron dalgunha forma, elaborados e preparados por Kissinger.

Por Jose Vieira | 21/12/2023

Segundo a Wikipedia, o Premio Nobel da Paz, é un dos cinco premios que foron instituídos por Alfred Nobel, o inventor e fabricante de armamentos sueco.

Os outros que o seu tempo instituíu, foron o de Física, Química, Fisioloxía ou Medicina e o de Literatura.

Imos falar sobre un dos Premios Nobel da Paz, que o día 10 de decembro deste ano de 2023, fai 50 anos que foi atribuído, ao alemán, naturalizado americano de seu nome Heinz Alfred Kissinger.

Este nacido en Furth, na Baviera a 27 de maio de 1923, optando polo nome, despois de naturalizado, de Henry Alfred Kissinger. Este premio Nobel da Paz, lle foi atribuído, polo tanto, en 1973.

Esta figura política, de orixe xudaica/alemá, faleceu o pasado día 29 de novembro de 2023. Superando os 100 anos de vida.

Foi unha figura bastante sinistra, pois, os grandes golpes contra as liberdades e, sobre todo, contra as democracias, á praza do mundo, foron dalgunha forma, elaborados e preparados por Kissinger.

Este foi o gardián, do liderado económica/financeira, así como da obediencia cega dos varios países, que por proximidade, pertencían ao “patio da América”, mais tamén por todo o mundo de entón.

Este velou para que xamais puidesen ser “maos exemplos”, para o liderado dos Estados Unidos da América do Norte (adiante USA), ou a puxesen en cuestión.

Este político, provocou de forma violenta, a destrución deses lexítimos réximes, quere do entorno da USA, mais tamén nos máis variados continentes, tendo para iso, recorrido a asasinatos masivos.

A súa forma de se desenvolver na intriga e, na contra revolución, por todo o mundo, lle permitiu provocar a disolución dos máis variados gobernos, recorrendo ao asasinato dos seus dirixentes e das súas poboacións, sempre considerando que os seus fins, que eran os métodos dos USA, xustificaban os medios empregados.

É o inventor da tristemente célebre frase, de que os que morrían inocentemente, “eran os danos colaterais” indispensábeis.

Na política dos USA, foi Secretario de Estado, ás ordes dos presidentes americanos Richard Nixon e Gerald Ford, sendo un “perpetúo conselleiro” de política externa, moi para alén do período en que serviu oficialmente e, que se ampliou entre 1969 e 1977, tendo neste período acumulado funcións de conselleiro da Seguridade Nacional.

Era o arauto da política da distensión, o que quería dicir, que era adepto de ter os USA relacións diplomáticas coa Rusia e coa China, o que aconteceu en 1972, pois era unha forma de se controlaren entre si.

Tivo realmente un papel moi importante no termo da guerra dos USA, no Vietnam escondendo ao pobo americanos e, a todo o mundo, a súa humillante derrota no terreo.

Foi o arquitecto de varias ditaduras, sempre precedidas de auténticos crimes de asasinato dos dirixentes lexítimos dos países onde actuou.

Nos referimos á destrución da democracia no Chile, derrocando o seu lexítimo Presidente Salvador Allende e, colocando no poder un ditador, o xeneral Augusto Pinochet, para executor das súas nefastas ordes.

Con base nestas súas ordes, asasinou miles de chilenos, que defendían a democracia. Son tristemente célebres os seus campos de concentración, en estadios de fútbol, e que despois, de aí saian para seren fusilados os presos defensores dan democracia chilena.

Impuxo a chamado Proceso de Reorganización Nacional na Arxentina, réxime igualmente criminal, de que todos temos oído falar. Nos referimos aos miles de desaparecidos, das nais da Praza de Maio, que buscaban os seus fillos e, que a represión ao servizo dos intereses americanos, orientados por Kissinger, facían desaparecer os asasinando.

Son recordados tristemente os referentes da democracia, que eran mandados subir a avións, para daren un nefasto paseo e, cando xa sobrevoaban o océano, eran largados.

Tamén é célebre pola negativa, o seu apoio na Indonesia para derrocar o xeneral Sukarno (un presidente democrático) e, substituír no poder, polo xeneral Suharto (un fascista e corrupto ao servizo da CIA), que eliminou segundo as últimas investigacións máis dun millón de indonesios.

Este mesmo Kissinger apoiou o xeneral Suharto, igualmente no xenocidio do Pobo Maubere en Timor Leste (ver o “Método de Jakarta de Vicent Bevins).

Foi o impulsionador do masacre levado a efecto polos USA, co bombardeo sobre a poboación do Cambodia e, para que teñamos unha idea, os americanos descargaran aí, sobre unha poboación indefensa, cerca de 5 veces máis bombas, do que sobre o Xapón na Segunda gran Guerra Mundial.

Tamén forzou ós USA, a apoiar a guerra do Paquistán contra o Bangladesh de 1971 e, igualmente a guerra do mesmo ano, entre a India e o Paquistán.

Como podemos ver, estas súas accións a claras, foron todas antes do seu nomeamento para Premio Nobel da Paz, ou mesmo, o ano en que este lle foi atribuído.

Así, que non é moi fácil de entender, como un criminal de guerra e, un individuo que se serve dos servizos secretos dos USA, como por exemplo da CIA, que entre outros locais, tamén tivo unha acción nefasta, no desenvolvemento do Proceso Revolucionario do 25 de Abril en Portugal (xa nesa altura era premio Nobel da Paz), concibindo o contra golpe de 25 de novembro de 1975.

Como fora posíbel que fose premiado cun Nobel da Paz.?

Parece, á primeira vista, que esta atribución de Nobel da Paz, non foi nada exime de presión política americana.

Como mínimo, é inacreditábel, mais infelizmente é a verdade núa e crúa.

No entanto, este premio tivo os seus opositores, que solicitaron internacionalmente, a posterior, que o devolvese, cousa que sempre rexeitou, apoiado polos varios gobernos, quere republicanos quere demócratas dos USA.

Xa o actual século XXI, este señor foi chamado en 2001, polo presidente dos USA, George W. Bush, para liderar o despacho de “crise”, tras o ataque ás Torres Xemelgas en Nova York, no chamado 11 – S (en 2001).

Serviu como militar, na Segunda gran Guerra Mundial, na 84 división de infantaría, nos servizos de intelixencia. Tendo mesmo sido colocado como interprete na progresión das tropas aliadas, no seu avance pola Alemaña de Hitler.

Foi un escritor bastante prolixo, pois publicou variados escritos, todos de carácter político e de divulgación de ideas máis que ditatoriais.

O seu primeiro libro, onde xa mostraba as súas posteriores tendencias ditatoriais, se titulaba “O Mundo Restaurado”, que só foi publicado en 1957, aínda que o escribise en 1954.

A maior parte das súas obras, non están traducidas a castelán, permanecendo en inglés.

En 2014, procurou dar unha gran divulgación das súas ideas totalitarias publicando “Orde Mundial”, que ese si está traducido en castelán, servindo de útil para a dereita española (PP e Vox), tendo por outro lado, sido contestada esa “Orde de extremo capitalismo, elitista e ditatorial”, por un libro do autor destas notas (A nova Orde).

Henry Kissinger tamén é famoso pola súa intervención nos dominios dos grandes grupos económicos e financeiros mundiais, os chamados “Amos do Mundo”, que son un estrito grupo de personalidades que ditan a orientación e o destino, da política mundial e, que están, por encima, dos políticos de quenda (para máis información nesta área, ver “A Nova Orde” de José Vieira).

Non podemos deixar de referir que o seu poder na política americana saíu reforzada, tras o asasinato do presidente dos USA John F. Kennedy, así como de seu irmán Robert Kennedy, pois, ambos tiñan sospeitas da súa forma de actuar.

Foi un dos fundadores, do Club de Bidelberg, co seu amigo Nelson Rockfeller.

Entre os actuais membros vivos, dese exclusivo club, en que militan os máis poderosos e, que mandan no Mundo, podemos referir entre outros Eric Schmidt, presidente de Alphabet Inc, Mark Rutte, ex primeiro ministro dos Países Baixos, Christine Lagarde, presidente actual do Banco Central Europeo, o expresidente da Comisión Europea Durão Barroso, os descendentes do clan Rockfeller, a familia Bush.

Non podemos deixar de indicar, que este club, enriba referido, ten como antepasado recoñecíbel a “loxa masónica de Rockfeller”, de Nova Yorke (unha vez máis remitimos para o “A Nova Orde” de José Vieira).

Por tudo o que fica dito e, polas remisións indicadas, este premio Nobel da Paz, que o día 10 do corrente de fai 50 anos, lle tiña sido atribuído, non nos parece nada ben atribuído.

Con isto non queremos dicir, que estes premios non sexan na maioría das veces ben atribuídos, mais outros si, nos deixan serías dúbidas, sobre as razóns da súa atribución.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.