O momento político en Portugal (I)

Non parece nada fácil a situación para António Costa, pois, parece estar ferido por un proceso-crime e, por consecuencia sae do goberno, dimitíndose perante unha investigación xudicial

Por Jose Vieira

Todo parece saltar a terreiro de disputas a descuberto, neste momento, pois, se rompeu o goberno de maioría do Partido Socialista, coa dimisión do seu primeiro ministro António Costa.

Esta parece ser a causa, non próxima, mais si o flash que acendeu os alarmas.

Preguntase:

Haberá fume sen chama?

Ou

Haberá chama que non deitaba fume?

Veremos como dunha maneira moi persoal e até distante se pode ver os traxes e, coas informacións recibidas se poden retirar algunhas conclusións, sobre o momento político en curso.

En primeiro lugar, parece de certo modo insólito que un primeiro ministro dun país onde as institucións están consolidadas, se acabe por informar dunha investigación xudicial, por un comunicado de prensa, da Procuradora Xeral da República (adiante soa PGR).

Claro que segundo parece, isto levou de máis que un estado de choque, a un certo estado de irritación ao mundo que é cuberto polas xentes socialistas ou polo menos que os apoian.

No entanto, queremos resaltar, que o primeiro ministro, que é como sabemos o secretario xeral do Partido Socialista (adiante soamente PS), reaccionou como dicimos en Portugal, de pantufas e de luvas brancas, non deixando calquera espiño de fóra do seu discurso de renuncia, que puidese vir a empanar o seu futuro ou o das investigacións xudiciais.

O primeiro ministro estivo á altura de non facer caer, nunha sospeita xeneralizada o partido, tendo mesmo afirmado, que se mantería ao servizo do país, até que o señor Presidente da República Portuguesa (adiante PRP), o substituíse.

É como que pasase a responsabilidade de cubrir o posto para o PRP, cumprindo a legalidade constitucional, ouvindo os partidos antes de calquera resolución de nomeamento.

Comeza neste punto, un novo problema, este agora para o PRP, pois, quen sería o primeiro ministro a ser nomeado interinamente, suplir a dimisión do actual secretario xeral do P.S., António Costa.

Perfilanse varios concorrentes a unhas primarias dentro do P.S., Santos Silva ou Carlos César? Preguntase, estes poderían ser aceptadas polos afectos a Pedro Nunes dos Santos.

Os socialistas, consideran que se ten que indicar un novo líder o farán, máis, o reportan como sendo unha solución democrática, practicada en toda a Europa e, como tal non os choca.

Segundo sabemos o propio Carlos César, que é o Presidente do P.S., non só acepta xa as eleccións anticipadas, como tamén o cambio de líder no goberno actual socialista, mais, indicando o partido un novo nome e, para iso, afirmaba que “o P.S., está perfectamente preparado, así como, ten capacidade de responder a calquera das solucións posíbeis”.

Recordemos o caso xa pasado cando Durão Barroso, foi substituído por Santana Lopes, tendo nesa altura Ferro Rodrigues solicitado eleccións anticipadas, cousa que na altura Jorge Sampaio, como Presidente da República Portuguesa, non atendeu, levando a dimisión de Ferro Rodrigues.

Digamos que neste momento a bóla está na gran área de Marcelo Rebelo de Sousa, o actual Presidente da República.

O propio Carlos César, asume a idea de eleccións anticipadas, no entanto, as perspectivas para un pouco despois das eleccións para o Parlamento Europeo, o que sería moi interesante pois, daría a posibilidade de aprobar o Orzamento Xeral do Estado para 2024.

Este escenario, permitiría que o PRP (Marcelo Rebelo de Sousa), dese tempo ao P.S., que ten actualmente a maioría absoluta, para facer os traballos necesarios no goberno.

Que se está a pasar no P.S., neste partido, notase un silencio sepulcral e xeneralizado, para alén dunha incredibilidade e estado de choque, xeneralizado.

Existe mesmo un correcto estado de sentimentos, que podíase traducir, como sendo até de irritación, máis do que o normal, sobre todo, en relación ao último parágrafo do comunicado da Procuradoria-Xeral da República.

Tratase da implicación dun primeiro ministro implicado nunha investigación, que aínda se vai iniciar. Máis, “non é por actos practicados polo primeiro ministro, que non é nin acusado nin sequera sospeitoso, é por actos practicados por outros que invocan o nome de el”.

Todos sabemos que alguén pode ser sempre invocado de ter dato unha orde e, esa orde xamais existir, escrita ou verbalmente dada. Sempre pode ser invocado alguén sen o seu consentimento.

Foron solicitadas explicacións a PGR, tendo esta se rexeitado a dar calquera explicación pública.

Para poñer as bases das palabras de Carlos César de que o partido estaba sempre preparado, este xa tiña previamente incluído na axenda as seguintes actuacións:

Xaneiro/febreiro, as eleccións locais e rexionais

Marzo, días 1 e 2, eleccións directas

Congreso Nacional para 15/16/17 de marzo

Todo isto en 2024 anteriormente programado

Todo isto sería tolerábel por un dos posíbeis dirixentes máis carismáticos do P.S., Pedro Nunes dos Santos, desde a existencia dunhas lexítimas eleccións primarias.

Se pregunta:

Serían eleccións abertas a todos os simpatizantes do P.S., como foi para António Costa, ou eleccións cerradas soa para militantes?

Que será agora das ganas de António Costa de deixar o goberno máis para adiante e ir para Bruxelas?

Non parece nada fácil a situación para António Costa, pois, parece estar ferido por un proceso-crime e, por consecuencia sae do goberno, dimitíndose perante unha investigación xudicial.

O propio PRP Marcelo, pode até optar, por non facer eleccións anticipadas pois, as anteriores foron hai un ano e, como tal a maioría do P.S., está aí. O orzamento deberá ser aprobado e para o concluír parece ser máis oportuno ser feito polo partido que está no goberno no momento.

Parece ser o máis desexado e sensato por parte do PRP Marcelo, encontrar unha solución de compromiso dentro do P.S., e manter a estabilidade gobernativa.

No fondo, todo pasa pola permanencia de António Costa en xestión ou o nomeamento dun goberno de transición, que tería que pasar, como é legal, pola tramitación constitucional, tomar posesión, presentar un programa de goberno e como non, entrar en funcións.

Como diciamos enriba, o esférico está na gran área do PRP Marcelo Rebelo de Sousa e será el a ter que sacar os trunfos da manga da sua chaqueta.

Por último e, debiamos comezar por aí, os socialistas e o pobo portugués en xeral, gustaríame de que a señora Lucília Gago, que está até sobre fogo dos seus propios compañeiros de profesión, dar explicacións sobre o proceso en que fala de António Costa.

A pesar dese mal estar, os socialistas, non teñen nin atacado, nin premido a respectiva PRR, pois, de certo modo o propio António Costa, no discurso de dimisión apoio o poder xudicial.

No entanto, se cre en xeral no país, “que todo vai ser unha man chea de nada ou case nada”.

Seguiremos dentro de días.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.