O legado do 27 de Febreiro Saharauí

A pesar de décadas de ocupación brutal, os saharauís mantiveron viva a chama da esperanza e a dignidade. A súa loita non é só pola súa terra, é unha insurrección contra o sistema de opresión que lles nega o seu dereito inalienable á autodeterminación, a vivir en liberdade e con dignidade.

Por Comunidade Saharaui en Galiza

Compañeiros e compañeiras, Reunímonos hoxe para marcar o 27 de febreiro, un día que troa coa resistencia acendida e a loita implacable do pobo saharauí pola súa liberdade nacional. Nesta xornada de desafío, celebramos a valentía e a firmeza dun pobo que desgarrar as cadeas da opresión, que rexeita o xugo da inxustiza imposto.

Un 27 de febreiro de 1976, hai 48 anos, proclamouse a República Árabe Saharauí Democrática en Bir Lehlu, un día despois da saída do último soldado español do territorio. O Congreso Nacional Saharauí, a través do seu Secretario Xeral Ali Beiba, anuncia a creación dun «Estado libre, independente e soberano, rexido por un sistema nacional democrático e progresista».

A pesar de décadas de ocupación brutal, os saharauís mantiveron viva a chama da esperanza e a dignidade. A súa loita non é só pola súa terra, é unha insurrección contra o sistema de opresión que lles nega o seu dereito inalienable á autodeterminación, a vivir en liberdade e con dignidade.

O 27 de febreiro chámanos á acción radical, desafíanos a alzar as nosas voces e a levantar os puños nun único puño de aceiro contra a inxustiza. Lémbranos que a liberdade non é un regalo que se nos concede, senón un dereito que se arrinca con coraxe e sacrificio.

Non daremos nin un centímetro de terra saharauí. Ante a falta de cooperación para unha solución negociada baseada nun referendo, esiximos a expulsión do ocupante marroquí e que o Goberno español asuma a súa responsabilidade como a potencia administradora do territorio e, polo tanto, a obrigación de protexer á sociedade civil saharauí.

Pídese que o Goberno español sexa xulgado pola entrega do Sáhara, polo recoñecemento ilegal da súa marroquinidade no BOE e pola complicidade co asasinato de 200 civís en ataques con drones, ignorando o Dereito Internacional.

Comprometémonos a loitar sen descanso ata que a bandeira saharauí ondee en terra liberada.

Unidos na loita radical pola xustiza, avanzamos cara a un futuro onde a liberdade sexa o destino común de todos os pobos.

¡Viva o pobo saharauí! ¡Que a revolución sexa o noso estandarte e a vitoria o noso destino! ¡Patria ou Morte!

كل الوطن او الشھادة

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.