O Folclore na formación dun próximo goberno de España

En España as persoas son felizmente alfabetizadas, ten coñecemento dos seus entornos Europeos, só tendo un pequeno senón, seren admiradores profundos incondicionais  tratase dun problema de fe), como tal teñen unha incapacidade total e programada de facer calquera crítica dos modelos, absurdamente manipulados e non democráticos dos Estados Unidos da América do Norte.

Por Jose Vieira

Non nos gusta, sinceramente, de falar de temas que están de forma case definitiva, no ADN que a política franquista incrustou nas poboacións españolas, e que a igrexa de raíz católica, así como os partidos políticos herdeiros da transición, PP máis PSOE, a que se xunto a á máis dereitista do PP, que repara no nome de Vox, teñen coidado e mimado para que o sistema se manteña “atado e ben atado”, como o dono de todas as España deixou de herdanza.

Mais non podemos ficar indiferente, perante o espectáculo absolutamente incongruente, do que se está a pasar, na posíbel e desexábel, investidura dun goberno, que sexa electo, como resultado das eleccións anticipadas de xullo pasado.

Realmente, o que vemos como entrada, deste texto, é un partido que pretende ser investido, que tivo a maioría dos votos, como partido, mais que non chegan para formar goberno en solitario.

Tratase do Partido Popular, en que o seu secretario xeneral, señor Nuñez Feijóo, (un instrumento da á máis extremista da dereita máis brutal do país, dirixida polo neofascista José Maria Aznar), en vez de se preocupar en presentar un programa de goberno, preocupase de forma exclusiva en levantar auténticas críticas de cariz paranoica, contra un outro partido, o PSOE, que segundo parece, aínda que sendo menos votado, parece ter a posibilidade de formar goberno cos apoios doutros partidos.

Este un auténtico espectáculo de penosa dixestión, mais non fica por aquí a situación sen clasificación, nun país como a España, que como sabemos e cremos, é unha democracia ou está a camiño de selo de verdade.

En España as persoas son felizmente alfabetizadas, ten coñecemento dos seus entornos Europeos, só tendo un pequeno senón, seren admiradores profundos incondicionais  tratase dun problema de fe), como tal teñen unha incapacidade total e programada de facer calquera crítica dos modelos, absurdamente manipulados e non democráticos dos Estados Unidos da América do Norte.

Mais como todos sabemos, non sendo de máis, recordar, os nacionalismos, sen a integración da ideoloxía socialista, sen unha responsábel organización e reorganización da sociedade que deberá se apoiar nunha base cada vez máis ampla e desenvolvida, será algo que non só non terá futuro, como mostrará que en vez de avanzarmos para unha sociedade multipartidária e respeitadora, estaremos sempre a buscar confrontacións antigas e obsoletas.

Estaremos sempre a pensar, que estamos o século de ouro de España imperial.

Falemos agora do proceso electoral, que como vimos, deixou e deixará sempre, problemas que xerarán conflitos e encrespamentos, sobre todo pola actuación da dereita apoiada pola dereita máis extrema e, polos señores antigos “patróns” do PSOE, que sendo membros dunha organización que debe ser viva, lle negan a posibilidade de poder evolucionar, segundo os tempos presentes.

Así, algúns antigos dirixentes do PSOE, ao toque de caixa dun individuo do máis retrogrado. Elitista e, naturalmente saudosista do franquismo, impulso unha posíbel rebelión, tendo como é habitual se facer aquí no país, acertado o terrorismo coas pernas debaixo dunha mesa comendo, a pouca dignidade que lles resta.

Realmente, nada de importante, se non fose o triste espectáculo que deixan eses señores como exemplo para os mozos e futuros dirixentes políticos.

Se dixen, dunha forma xeral, que ser un réxime democrático, aquel que cada cidadán ten dereito a un voto e, que iso é algo primordial na democracia. Estamos de acordo, só que no caso de España, non é así.

Esta situación vén sendo denunciada, xa desde máis de vinte anos. Mais como é costume, como serve aos partidos maiores, ninguén se atreveu a facer cambiar as leis electorais.

Nos imos servir dun excelente artigo de Profesor Daniel Raventós da Universidade de Barcelona, que adaptamos e traducimos:

Así que, neste reino se teñen tres sistemas electorais reais: maioritario, proporcional e intermedio. Máis en concreto, 29 circunscricións que elixen 108 lugares (sistema maioritario), en 16 circunscricións elixen 112 lugares (sistema intermedio) e en 7 circunscricións elixen 130 lugares (sistema proporcional). Dito doutra maneira, 21% da poboación elixe 31% dos lugares, 32% da poboación elixe 32% dos lugares e 47% da poboación elixe 37% dos lugares respectivos respectivamente.

Temos así, o resultado coñecido: as chamadas provincias que teñen menos habitantes, elixen máis deputados proporcionalmente. Precisase uns 3% para optar a ter representación parlamentaria en una provincia.

A regra d’Hondt acentúa o carácter non proporcional do sistema electoral español. Todas as provincias con mis de 10 deputados, fican penalizadas con respecto ás que teñen entre 1 y 5 disputados, e todas as provincias teñen polo menos 2 deputados garantidos, excepto os restos coloniais de Ceuta y Melilla que só teñen 1”.

Así unha das constatacións máis importante desta digresión a través da aplicación do metro d’Hondt, pola comisión electoral española, é que os partidos que conseguen menos do 15%no conxunto das provincias do reino, perden porcentaxes en beneficio dos partidos que superan aquela marxe, en linguaxe rápida e incisiva, a favor do PP e do PSOE, significa que estes dous partidos, se están protexendo do aparicións doutras forzas democráticas ou non, mais a perpetuar a dualidade política en España a seu favor. Isto non é democracia real.

Cremos que este texto mostra ben, a protección que gozan os dous partidos, que forman a chamada dualidade estabelecida no poder. Isto é non só inxusto como pensamos pouco democrático.

Mais o que é peor, é que o Partido Popular está desenvolvendo, para alén de estar beneficiado do método d’Hondt (como o PSOE), unha tentativa de desestabilizar o seu antagonista principal, o PSOE, creando problemas de entendemento, nos elementos que foron dirixentes na súa altura neste partido, mais que non foron nin son capaces de facer unha lectura do momento actual.

A esta actitude, do PP e seus fanáticos cadros, así co aos seus ideólogos, que se encontran en FAE e en Vox, se debe chamar, sen pelos na lingua de terrorismo político e, na vertente máis singular, pretenden un levantamento popular.

Isto é absolutamente terrorismo, señor Aznar.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.