![]()
Non se poden esquecer eses señores racistas e elitistas e anti solidarios e anti fraternos, que os seus ancestros, tamén foron emigrantes, que tamén buscaron a vida e que procuraron por todos os medios de entón a súa disposición para saír a diante e obteren unha vida mellor.
Por Jose Vieira | 29/01/2025
Como todos sabemos, os Estados Unidos da América do Norte (USA), como todos os países do continente americano, sexan das Américas do Norte, Central ou do Sur, foron feitas dende o tempo da súa redescoberta polos pobos da Europa, cos emigrantes da Europa e posteriormente con pobos asiáticos.
Durante os primeiros centenares de anos tras o inicio da súa colonización, os pobos colonizadores, supliran a forza de traballo, cun mercado dende sempre de man de obra escrava, sendo esa venda de traballadores, un dos máis rendíbeis negocios, durante o período que vai especialmente desde o século XVI até ben entrado o século XIX.
Non poden ser excluídos, ningún dos países hoxe empeñados en se presentaren como os moralistas do sistema de mercado, cando se empeñan en dar leccións de ética.
Podemos dar como exemplos, o Brasil, a Arxentina e, todos os outros da América do Sur, o México e todos os outros da América Central e, finalmente os Estados Unidos da América do Norte.
Non podemos dalgunha maneira deixar de referir que os USA, que agora reclaman a pureza da poboación do seu país, son un dos pobos das máis variadas orixes.
Esa mestura de xentes, procurou levar as súas explotacións e, para o facer, se foron socorrendo, predominantemente de escravos de orixe africana. Por tanto, os USA, foronse poboando de como se di popularmente, “das máis variadas xentes do mundo”.
Así quere os señores puristas e elitistas, que só ven os billetes verdes (falamos dos dólares) como único obxectivo da súa existencia, non son máis do que unha data de herdeiros de emigrantes, e de mesturas de razas, un pouco de todo o mundo.
Por outro lado, non se poden esquecer eses señores racistas e elitistas e anti solidarios e anti fraternos, que os seus ancestros, tamén foron emigrantes, que tamén buscaron a vida e que procuraron por todos os medios de entón a súa disposición para saír a diante e obteren unha vida mellor.
Como se obtiveron os maiores multimilionários as súas “brutais contas correntes bancarias”, case normalmente, explotando os emigrantes que atravesaban a fronteira sur do USA, co México e, servíndose desa man de obra, barata e a que non concedían os dereitos moitas veces de seren cidadáns de pleno dereito.
Pois, agora, vén un señor presidente dos USA, de afinidade republicana, que repite o mandato presidencial pola segunda vez, tendo entre a súa primeira e segunda vez un outro presidente, mais de filición democrática.
No entanto, sobre este aspecto de emigración o demócrata, ía facendo as exclusións dunha maneira máis encuberta do este señor que se denomina Donald Trump, mais o que podemos dicir que as moscas son as mesmas, e a actitude é a mesma.
A única diferenza é que este novo presidente, o conseguiu de novo o ser, cos votos comprados polos maiores millonarios do mundo (en especial dos que están implicados en la explotación humana e nos USA).
Neste momento preguntamos e porque non son americanos os fillos de emigrantes que nacen en territorio dos USA e, no entanto, o principal asesor do presidente Trump en termos financeiro/industrial, é o señor Elon Musk, que por acaso tamén é emigrante, pois, é un cidadán nacido na África do Sur.
Parece que o criterio de colocar 10.000 soldados americanos na fronteira co México e de dar ordes completamente deshumanas de extraditar todos os emigrantes que buscan unha vida mellor, nos USA, non teñen o dereito de procurar esa subida de chanzo social, como os seus ancestrais o tiveron.
Aos emigrantes actuais, se lles nega a solidariedade, a fraternidade e llos toma como criminais, sen causa formada senón o de procuraren unha vida mellor para si e para as súas familias.
Outra observación que nos pode ocorrer, neste momento, é que o respectivo presidente actual dos USA, quere impor a todo o mundo que xira a seu redor, non permitir a súa independencia como estados soberanos, mais si, a situación de estados colonizados polo seu país ou mellor, polo seu conxunto de aliados, que son as maiores fortunas, dos homes de Silicon Valley e non só.
Tratase de en tempos en que a comunicación voa como se fose a luz, o que estes señores están a implantar, a través da súa imposición política e sobre todo das ameazas militares, é un neocolonialismo, con todos os matices dun novo fascismo vindo dos USA.
Non nos podemos enganar, o que estamos é completamente manipulado, por unha dereita política subsidiada polos máis ricos e poderosos, que van a reboque desa América do Norte, incondicionalmente co señor Elon Musk, que recentemente el e os seus compañeiros de estrada (os multimilionários de Silicon Valley), adquiriron o goberno da América do Norte, co seu socio o tal presidente Trump (compraron con centenares de millóns de dólares a súa elección).
Este señor Elon Musk, despois de conseguir comprar e impor a súas leis ao tal Trump, agora se volveu para a Europa e, está xa a firmar parceria coa señora Alice Weidel, a que máis manda, no partido de extrema-dereita alemão o AfD, tamén coñecido polas súas ideas xenófobas, racistas e apoiantes dun novo fascismo alemán, pois, até considera a Adolfo Hitler, como sendo un socialista.
Pero este señor Elon Musk, xa arbora en súas aparicións políticas e sociais, exhibindo o xesto dos fascistas. Mais xa está a ofrecer a man a primeiro-ministro de Italia, a señora Giorgia Meloni, así como a Mariane Le-Pen, a xefe da extrema-dereita francesa, e a apoiar todos os partidos de extrema-dereita europeos (como sendo os ideólogos e matriz do Partido Popular, ou sexa, o Vox) en España.
Non se ficou por aquí, pois, as súas ondas de presión atinxiron ao partido da antiga Chanceler alemá Angel Merkel, o CDU, pois, o concorrente ás eleccións do próximo día 23 de febreiro, o señor Friedrich Merz, promete endurecer as políticas emigratorias, se for elixido para chanceler da Alemaña.
O seu discurso é moi parecido ao do señor Trump, e segue, por iso, as mesmas estratexias para coa emigración.
Chegou mesmo este señor a dicir que o seu primeiro día de mandato se gañar as eleccións, “… dará instrucións ao Ministerio Federal do Interior, para que facendo uso da súa autoridade ditar directrices permanentes nas fronteiras nacionais da Alemaña con todos os veciños rexeitando todos os intentos de entrada sen unha autorización de entrada”.
Este é o mundo que nos toca comezar a vivir neste inicio de ano de 2025.
Se el primero en comentar