O casino no que vivimos (V)

Por Jose Vieira

Estamos nun momento de buscar algunhas ideas empiricamente comprobadas, para xustificar o que se está a pasar en termos das votacións, nos distinguidos niveis de comicios, e sobre todo, ollando a un futuro cada vez máis próximo.

Como non podía ser doutra maneira, nos estados peninsulares, falamos xeralmente dos dous países independentes, España e Portugal, continuamos no fin da fila dos países que marcan as tendencias, ou por outro lado, serven de termos de comparación.

Nesta nosa análise, non podemos deixar de utilizar o camiño percorrido, en cada un destes países, á praza dos corenta anos, en que “aparentemente”, teñen beneficiado de réxime de democracia. Non imos parar a discutir se a democracia en cada un destes é real ou meramente un exercicio de fachada local, para mostrar ao mundo que nos cerca e nas institucións internacionais. A razón, ten a ver que ese tema daría para unha serie de artigos, que neste momento no serían oportunos. No entanto, coa brevidade posíbel, o faremos.

Sempre nos impresionar, a diferenza case  insultante, que existe entre os dous países  peninsulares independentes, dun lado unha monarquía e do outro unha república, cuxos distinguidas formas de réxime, non xustifican de maneira algunha, as  idiosincrasias existentes, na hora de por a  papeleta na caixa dos soños, dunha maneira tan distinguida e máis que iso, sen  aparente razón.

Non querendo entrar en consideracións máis profundas, só avanzaremos que as pasaxes dos réximes fascistas de ambos os países en cuestión, se procesaron de maneira radicalmente distinta. En España, non houbo un corte co pasado, unicamente se garantiu a continuidade do réxime  fascista, a través da  institucionalización dunha man de pintura moi leve, deixando todo,” moi ben atado”, para que as  oligarquías anteriores, continuasen a usufrutuar dos seus privilexios, mantendo os cordóns en súas  mans, utilizando os políticos de curso como meros  títeres, e nada máis. É o que aínda hoxe existe e non se ve forma de mudanza, antes pór o contrario.

En Portugal, realmente houben un corte radical, inicialmente co pasado, mesmo tendo en canta, o retroceso, imposto polo occidente, que sempre limita as marxes de manobra en favor dos pobos que sofren, situación que acabou, á volta dun golpe de dereita do xeneral Ramalho Eanes en 25 de novembro de 1975.

Á súa vez, Portugal xa era, desde os principios do século XX, estruturalmente un réxime moi menos hereditario e fascinante pois, xa se trataba dunha república, que tiña na altura da Revolución dos Cravos de 1974, nada máis do que 64 anos, de existencia.

Actualmente, o país en cuestión, Portugal, se mantén nunha liña máis aberta que de certo modo,  onde non se fai notar, de forma moi nítida, a transferencia desde os partidos de traballadores, para os partidos de titulados, como é patente en España.

Por outro lado, o golpe terrorista de 18 de xullo de 1936, foi un golpe de cariz monárquico puro e duro. Como única ideoloxía como tal, se tratou de desfacer todo o que había de progreso social, de transformación estrutural para un réxime republicano e democrático, para unha monarquía de terratenentes, de grandes compañías nacionais e multinacionais, cousa que aínda hoxe perdura.

Esa ditadura instaurada, a través dese golpe terrorista, debidamente amparada por unha igrexa que a diario bendicía ós fóra da lei e os absolvía dos crimes cometidos, tratou de cavar o camiño para as desigualdades socio económicas e liquidar todo o que puidese recordar unha democracia representativa. A igrexa tratou de restaurar a “Santa Inquisición”, cousa que aínda hoxe se nota.

Máis, se tratou sempre dun réxime que practicou de forma constante e continua o terror, con asasinatos despóticos e arbitrarios pois, había que seguir as liñas de forza ditadas polos delincuentes que chefiaram o golpe de terrorismo, competindo cos estados fascistas europeos de entón, para ver cal era o máis represor. Só isto animaba o réxime español.

Estamos en 2019 e se verifica, que a realidade política até ao momento, segue realmente unha liña de actuación, perfectamente prendida a ese marco indestrutíbel pois, está soportada por unha Constitución posta a circular en 1978. Esta ten o privilexio de ser a única do mundo moderno que, se mantén perfectamente inalterábel. E para confirmar a súa inalterabilidade, as dúas únicas alteracións existentes, foron feitas dobrando os xeonllos a España, por unha submisión cómplice dos gobernos do momento, aos intereses das potencias estranxeiras. Esta fixidez constitucional, permite que se poda dicir, que é un documento, tan perfecto, que os seus creadores, deberían estar unxidos de poderes divinos e como tal levados aos altares.

Por outro lado, e a continuación, temos vindo a verificar, que cando hai eleccións en España, sexan para deputados, autonómicas ou locais, se ten vindo a verificar, dos cosas fundamentalmente, a abstención das bases, e a viraxe destas mesmas á dereita contra todo o seu normal interese.

Máis, parece que se trata dunha “moda”, en termos estatísticos pois, que de certa maneira, neste aspecto, aquí séguese a tendencia, cada vez máis insistente, na Europa. Dunha forma menos evidente, tamén está confirmado que en España, gran parte da poboación votante, seguen tendencias perfectamente suicidas para os seus intereses, conforme afirmamos anteriormente.

Basta que recordemos o que pasou e se continúa a pasar actualmente para a formación do novo goberno en España, e tal como verificamos, cada vez máis, se mostra o certo contido dos elementos que cobren cada un dos partidos, na actualidade. Cuns dirixentes, que lonxe de se interesar polo seu múnus, se interesan por seus réditos persoais. Buscan os lugares polo seu “ caché”.

Así temos:

Primeiro, se verifica a creación de máis que partidos, agrupacións de oportunidade de captación de votos, sen aparente ideoloxía, pero reivindicando a diferenza, en relación a unha endemia caraterística do país, falamos da corrupción. En segundo lugar, procuran facer avanzar un marketing político, onde as palabras chaves sempre son, “ti máis que eu”, “tedes máis podre do que nós”. En terceiro, todos os que aparecen, para alén da falta de defender unha ideoloxía, que non posúen, e que debía ter unha práxis ben alicerzada nos intereses dos cidadáns, se presentan sen programas de actuación. E o que presentan, está especificamente desestruturado, non estudados como posíbeis, sen consistencia, aparecen como meros borradores irrefletidos, sen bases nin estudos, nin calquera aderência às necesidades do país.

Por esas e algunhas outras razóns, aparecen como apéndices, quere à esquerda quere á dereita dos partidos xa instalados, novas agrupacións, que buscan pescar os seus apoios, non a través de ideas, pero exactamente, a través de suscitar emocións de descontento da mole de votantes. Especialmente se pode ver o éxito dos herdeiros directos dos terroristas do 18 de xullo de 1936.

Recordemos, por exemplo, quen votaba nos principios da, “especial democracia española”, à esquerda, eran os votos conseguidos nas clases traballadoras, nos funcionarios e pequemos empresarios. Era esta en a altura a súa base ou “clientela”.

Polo outro lado, había un conxunto de votantes que por razóns moi especiais, se agrupaban nun partido que lles daba cobertura, sempre e cando, estes emerxían desde o pasado franquista, pero que non querían asumir o ônus da proba.  O panorama estaba perfectamente deseñado, segundo a directiva, que tanto lle gusta aos españois que é copiar, como de excelente o que pasa, nos Estados Unidos da América. Así se estabeleceu unha paisaxe, do tipo do bipartidismo anglo-saxón (había dous lotes onde cabía todo), tamén esta era outra das directivas visíbeis do estado “onde todo estaba atado e ben atado”. Esta repartición, foi acariñada pola igrexa (dun lado os bos e do outro lado os maos), e divulgada masivamente pór os medios periodísticos, quere falados, escritos ou televisivos. Pois estas razóns é que até agora non se clarificaba, debidamente, a certa paisaxe política de España. Pois agora as cousas están bastante máis claras, verificándose, como non podía deixar de ser, os certos intereses dos autores políticos, do momento.

O país, estaba era avergoñado pois, non tiñan a coraxe, de realmente se asumir, tomar como súas as posicións que cada un tiña e que desexaba, polo tal espírito de medo que os terroristas de 1936 tiñan imposto. É que a pesar da morte do ditador, continuaban a ser a perseguidos polas pantasmas, que cuestionaban as súas consciencias, formulando preguntas, tendo a poboación, o receo que se descubrisen en quen irían votar, isto por un dos lados, mentres polo outro lado era o medo atroz de – e se non conseguimos controlar “esta xentuza” e se todo vira máis á esquerda?  Esta era o dilema dos señoritos.

A España de hoxe, tal como a de onte, continúa a sufrir a síndrome dos asasinatos en serie e indiscriminados, conforme as ideas do xeneral Mola e executadas polo ditador. As mordomías dos ricos e importantes, que rexen este país, continúan a impor as súas ideas e intereses á gran maioría das masas silenciosas, que dunha forma “relixiosa” segue a procesión, elevando os himnos do conformismo até ao absurdo. Os gobernos só teñen coñecido un señor, o capital globalizado neoliberalista. E isto desde 1978 até hoxe.

Entón, que debía ser realmente feito, era un traballo de formación desde os bancos da escola, unha formación de cidadáns, unha certa sinatura para a cidadanía. No entanto, os gobernos o que ten feito, son tímidas xubilacións, cando o que debía ser feito era unha certa revolución na educación, que dunha vez, eliminase os residuos do fascismo, que non son outra cousa que, a posta en práctica polos sucesivos gobernos, da o desgobernar o ensino, o orientar para que se formen cada vez máis e mellores, operadores dóciles e obedientes ás ordes dos seus donos. Máis, apoiados por unha masiva intoxicación dos “Mass medía”, para que o proceso siga o seu tránsito sen problemas. Hoxe só se pode ler e confiar, nos periódicos independentes, que non están controlados polas corporacións neoliberais globalizantes.  Por fin toda esta forma de proceder é bendicida co hisopo da igrexa (véxase a cantidade de colexios e escolas concertadas da igrexa e os apoios monetarios dos gobernos, sexan de que cuadrante sexan).

Esta viraxe educativa, ten sido unha constante sistemática, pois só cunha falsa educación é posíbel manipular con enorme éxito como até agora. As xuventudes, están a ser domesticadas para un consumismo neoliberal de forma subliminarmente.

Falemos un pouco agora con números, e para tal, consideremos un exemplo, a que chegou xa “gasto” a España, pois transcorreu en toda a Europa nas décadas de entre 1950 a 1980. Así os votos de esquerda, antes o mellor nesa etapa, se concentraban maioritariamente, 90%, na man dos traballadores, e os restantes 10%, eran o campo de voto dos chamados titulados (enténdase que por titulados, se quere dicir persoas que tiñan formación).

Deixemos o período de perfecta deriva, en busca dun  posicionamento das forzas en cuestión, o que ocorreu entre 1980 e 2000 (que no caso español, é  caraterizado, por un estado de corrupción sen límites, pois parece que todo o que é de todos, ou público, só ten un destino é ser apropiado por quen pode meterlle a man, parecendo a poboación, que ser o heroe é o que mellor e máis rouba).

Vexamos o que parece ser o panorama (perspectivado) que, vai desde 2000 a 2020, e se inverten as tendencias de tal maneira radicalmente, que agora quen ten consciencia de esquerda e como tal vota neses sectores, son os titulados, os tales 10%. Mentres os outros 90%, se distribuíu por partidos de varios  cuadrantes, e sobre todo, por presións dunha tradición relixiosa, dunha deriva e  ambigüidade dos propios dirixentes políticos, que hoxe din unha cousa e pronto o mesmo día se desdin, ou ten unha  práxis completamente oposta, buscando  “unha viraxe a todo o  pano”, a partidos extremistas de dereita.

Podemos facer unha síntese da seguinte teoría, antes as votacións eran á esquerda, de acordo co nivel educacional e de estudos, que era decrecente, no entanto, hoxe é ao revés, canto máis estudos máis à esquerda.

Por aquí nos quedamos, esperando volver ao tema, conforme o prometido.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.