O casino no que vivimos (VII)

Por Jose Vieira

Cambios necesarios no PIB como instrumento de medida económica

Comezaremos este texto por unha pregunta, que moitas veces nos teñen feito, á praza das nosas intervencións ao vivo.

Servirá aínda hoxe o PIB, como medida de grandeza económica?

Acostumamos referir que sempre queremos falar de crecemento económico, recorremos ao Produto Interior Bruto (PIB), como sendo a medida correcta para a súa medición.  Excluíndo dunha maneira case xeral, todo o que refírese ao crecemento do benestar das poboacións. Pretendemos con esta magnitude, caracterizar o desenvolvemento dun país, sen máis.  Estamos, por tanto, a centrar a nosa atención exclusivamente na cantidade de diñeiro que se move dentro del e non o que se gasta.

Non adiantaremos desde xa, unha resposta inmediata a esta pregunta pois, hai que partir doutras premisas, de orde económicas, para que poidamos fundamentar as posíbeis alternativas.

Como habitualmente se traducen as siglas, como o Produto interior bruto e, por tanto, se trata dunha magnitude macroeconómica. A súa popularidade debese a ser unha unidade de medida económica, que expresase en valor monetario, da produción de bens e servizos, na demanda dun país, dunha rexión, durante un tempo definido, e que os departamentos de estatística a teñen perfectamente controlada.

Como debemos ter presente existen varias maneiras definir está noción, tan vulgarmente utilizada nos escritos de economía, cando nos referimos ao desenvolvemento dun país.

Sen calquera preocupación, dunha  calquera  orde, comezaremos pola definición,  que en determinada altura,  nun documento,  que era un informe do Fondo Monetario Internacional (cuxas siglas son FMI), avanzaba que o “PIB mide o valor monetario dos bens e servizos finais, que son comprados polo usuario final, produtos nun país en período de tempo determinado”.

Pola súa parte, un outro organismo, coñecido por OCDE, cuxas siglas representan, Organización para la Cooperación e o Desenvolvemento Económico, fundada en 1960 e tornada operativa o ano seguinte,  e que reúne na data deste artigo, a 34 países, cuxa  sede se sitúa en París, presenta o seu particular concepto da seguinte forma: “PIB, como unha medida agregada de produción igual a suma dos valores brutos agregados de todas as unidades residentes e institucionais dedicadas a produción e aos servizos (más impostos e menos os subsidios, sobre os produtos incluídos no valor dos produtos)”.

Así, esta magnitude, se enmarca no cálculo da contabilidade nacional, con obxectivo de estudo da macroeconomía, tendo na súa estimación, terse o coidado de empregar varias observacións, así como comentarios complementarios, sen os cales, perde calidade e sentido. Tratase fundamentalmente de axustar os resultados que se van obtendo, paso a paso, e por exemplo, onde resulta a inclusión da economía somerxida.

Desde xa, se ten determinado moitas limitacións na súa utilización, e como tal, as comparacións entre os distintos PIBs, resultan ser moi difíciles e necesariamente deben ser cautelosas e, xa suxeitas a grandes axustes, pois tratase dunha medida agregada, demasiado simplificada, excluíndo por iso moitos aspectos que se debían ter en conta, pero que o non foron (entre outros ver David Pilling, en seu último libro, “O delirio do crecemento”).

Aparece, case en todos os estudos macroeconómicos, a indicación de fluxos, cando nos referimos ao PIB, e aí comeza un dos problemas, o que significa que eses fluxos, só  contabilizan os bens producidos ou servizos prestados durante un determinado período en que estamos a elaborar o estudo. E como non podemos deixar de recordar, un fluxo por definición se contrapoñen aos fondos ou aos stocks. Podemos dicir que as correntes de fluxos teñen unha dimensión, claramente temporal, mentres os fondos ou stocks, non son temporais, aínda que poida haber unha referencia a un determinado punto de partida o tempo.  É costume indicar o patrimonio como un exemplo típico dun fondo.

Outra limitación, que queremos deixar expresada, é que o PIB mide unicamente a produción final e non a habitualmente chamada produción intermedia, como se tratase dunha forma de evitar duplicacións. Como exemplo non están contabilizadas as materias primas, que servirán para novo período, a pesar de elaborados no anterior.

Adiantamos, outras distinguidas formas de utilizar o PIB, destacando, entre outras, o PIB nominal e o PIB real:

PIB nominal: é o valor de todos os bens e servizos que se producen nun país ou economía, a prezos correntes en determinado tempo (en xeral o ano en que son producidos). Este valor, nun período de alta de prezos, inflación; mentres a produción cuantitativa permanece igual, o valor varía na mesma dirección das variacións dos prezos, isto é, acompaña o movemento da inflación.

PIB real: é o valor monetario de todos os bens e servizos producidos por un país ou unha economía valorados a prezos constantes, o que significa que o facemos cos prezos dun determinado ano como base de cálculo (igualándoo por exemplo a 100).  A esta corrección se chama deflator do PIB, pois se elimina a inflación.

Antes de avanzar para outras formas de avaliar a actividade económica, sempre queremos dicir, que dunha maneira xeral, case sempre partese do estudo do PIB, con máis ou menos atención ás súas discrepancias, para valorar o estado das magnitudes macroeconómicas.

No entanto, non podemos deixar de parte outras medidas macro, como o Produto Nacional Bruto PNB, que difire do PIB, pois este considera a cantidade do fluxo de bens e servizos producidos polos cidadáns dun país, mentres o PIB, non ten en consideración o país ou nacionalidade.

Outra macromagnitude, é o Encaixe Nacional RN, que se destina a medir canto se pagou polos factores produtivos dun país.

Limitacións na utilización dos PIBs

A pesar do PIB, dar algunhas ideas do estado de benestar dunha sociedade ou país, mesmo que nos dea a idea que hai políticas que ten éxito, as críticas á súa certa eficiencia non paran de crecer e como tal, se ten buscado outros indicadores.  As autoproducións así como o seu autoconsumo, no interior da casa de cada un, escapan a esa medida,como por exemplo, as actividades domésticas.  Outra grande crítica, son as horas de traballo non remunerado, que cada un dos axentes económicos presta.  E estas son só algúns das dificultades ou da fidelidade da medida.

Unha das grandes críticas, vén acerca da forma como ao PIB, se escapa a economía en B (a correctamente chamada economía somerxida), que só para falar en España se estima en cerca de 25%, da que entra na Contabilidade Nacional (en termos de PIB,  uns 3,5 a 4%)

Outro gran valor que pasa desapercibido neste índice son os valores de voluntariado en actividades benéficas.

Igualmente non ten en conta nin os activos nin os pasivos, públicos ou privados, o que significa que non contempla as externalidades, quere positivas quere negativas. Por exemplo os recursos mineiros ou naturais do país en cuestión.

Outra das imperfecións da contabilización dos números a través do PIB, é por exemplo cando existe un cataclismo ou catástrofe natural, pois só se contabiliza os bens destruídos activos, pero dunha forma indireta, mediante os impactos que irán ter na produción sen contar co aspecto da destrución propiamente dita.

No entanto, e a pesar de todas estas nosas críticas, é un dos índices máis utilizados para mostrar certas discrepancias, económicas ou sociais.

Queremos avanzar, que o PIB, non é un indicador, nin do benestar, nin da calidade de vida humana é, porén, unha forma de mostrar á poboación de que todo vai ben cando todo pode até ir bastante mal.

A maioría dos gobernantes só se fixa no PIB, no entanto, iso é unha das maiores faltas de sensibilidade de quen nos dirixe, pois os nosos recursos son cada vez máis escasos e non imos realmente a unha economía expansiva pero iso si a unha economía estancada ou xa en decrescimento.  Reparemos na destrución do Amazonas, no uso descontrolado da auga e tantos outros exemplos que todos no fondo coñecemos. O crecemento non é infinito, como parece ser as propostas dos chamados neoliberais (que nin son novos nin tan pouco liberais).

Actualmente estamos verdadeiramente nunha fase se non decrecente ou por polo menos, non sustentábel da economía. Esta realidade, non pode deixar de nos estar permanentemente presente, e debiamos alertar para o que nos vén encima.

Por esa razón e algunhas outras máis, é que o PIB, tal como o utilizamos na actualidade, non serve na súa totalidade como forma eficaz de comparación dos distinguidos estadios de desenvolvemento, entre distintas comunidades, vasta para iso ter en conta, que os criterios de agregación dos elementos para o seu cálculo, non sexan realmente  homoxéneos.

Fundamentalmente o que está acontecer é que moitos gobernantes venden a idea dun brillante futuro, a través das súas comunicacións  ás masas por un lado, así como tamén  a  masiva manipulación dos medios de comunicación, escritos e audiovisuais, facendo a divulgación, do que lles mandan dicir, pois para iso lles pagan os subsidios e a publicidade, o que posteriormente lles dá tamén camiño ás portas  xiratorias e, esa é a razón por venden como unha boa medida do posíbel desenvolvemento o PIB.

Un exemplo  típico,  tratase do gráfico da curva do  elefante, que Thomas  Piketty,  retoma no seu último libro, “Capital e Ideoloxía” da forma gráfica de  Milanovic, para representar a desigualdade  mostrando, que nos primeiros  deciles, abarcan as persoas máis pobres do planeta,  e que presentan un crecemento porcentual notábel, sobre todo no seu poder adquisitivo, e que nos deciles intermedios, equivalente aos “sectores medios”, ten un crecemento, aínda que moderado, no entanto, no decil superior, especialmente no 1% máis rico, o crecemento foi  exponencial, tomando unha forma dunha trompa de  elefante, de aí o nome de gráfico da curva de  elefante.  Isto por si só, sería suficiente para se tomar como enganoso o PIB, pois se non se analizar en profundidade,  resulta que uns van aos bos restaurante e comen  opíparos e estrañas  comidas todo o que queren, mentres a maioría se caída sen entrar no festín, se  quedando ás portas dos restaurantes, só como cheiro.

O que realmente acontece é que cada vez máis a repartición, que se fai, meramente por división entre os valores obtidos do produto bruto,  entre ese valor e o da poboación, dándose así, un maior protagonismo á capitação e como tal, se conclúe, apresuradamente, que todo está a mellorar, e no entanto ,a realidade é outra, a maior parte dese produto se concentra cada vez en menos mans.

Como exemplo basta dicir que 1% da poboación, concentra máis do 50% da riqueza (sucesivos somatórios de reparto desas producións netas).

Así, o que temos é algo que mide soamente a cantidade de diñeiro que se move nun país, sen dicir en que se gasta e quen o gasta.

Mostremos algunhas situacións para se poder ver como o PIB, que é habitualmente referido, nos leva a ideas que son erróneas:

-Se teñamos mala saúde facemos subir o PIB, porque teremos que comprar medicamentos para nos recuperar.

-Temos un monte, cuberto dun bosque espectacular de boas  arbores, no entanto, non conta para o PIB, porque non son aínda madeira pois, non están cortadas.

-Se saímos para o traballo e nos esquecemos das luces acendidas, iso si aumenta o PIB, porque se trata dun gasto que fai xerar un pagamento posterior.

-Cando temos unha cidade chea de coches que poluen o ambiente, consumen moito combustíbel, aumenta a clientela dos hospitais, por doenzas respiratorias, todo isto fai aumentar o PIB.

-No entanto, se cambio mellorar as condicións do tráfico, para que non polua tanto, iso non é conveniente para o PIB, pois, ten sobre el un efecto negativo.

No entanto, tamén é anecdótico a forma como moitas veces os políticos resolven aumentar o PIB, por exemplo, en 2014, resolveron incluír no cálculo do PIB, o narcotráfico e a prostitución.

Outra das consideracións que se deben ter en cuestión no PIB, é que para o seu aumento, se crea emprego,  sen ter en consideración a súa  sostibilidade, levando a que eses empregos, creados de forma a conquistar votos, e como tal a subir o PIB, non  sexa, a  política máis acertada e como tal, serán  “pan para hoxe e fame para mañá”.

Posto estas limitacións e despois de indicar o que significa este medidor de magnitudes macroeconómicas PIB, imos suxerir un conxunto doutras formas de medir esas grandezas, pero cada unha coas súas dificultades e características especiais, obténdose distintos resultados, que se axustarán naturalmente mellor ás finalidades pretendidas.

Pasamos agora a mostrar algúns índices máis representativos:

IPG – Indicador de progreso xenuíno (no seu interior entran consideracións económicas e indicadores ambientais), sendo esta combinación moi máis rigorosa e precisa.

Un exemplo, dos enganos a que nos leva a utilización do PIB. Nos Estados Unidos, nos estados de Maryland e Vermont, se aplica as dúas medidas, e cos seguintes resultados dispares, o PIB, non ten deixado de crecer, no entanto o IPG, está practicamente estacionario desde 1968.  Na realidade a poboación no rexistra mellorías sensíbeis na súa calidade global de vida, se notando unha correcta regresión.

Isto nos leva a unha conclusión inmediata, que non se pode deixar de medir, o estado ecolóxico do espazo que se pretende facer medicións económicas.

De aí, que necesitemos tamén, de sistemas de contabilidade Ambiental, que nos permitan dunha forma integrada facer medicións máis fiábeis.  Así temos os chamados Sistemas de Contabilidade Ambiental Integrados, cuxas siglas son SCAEI.  Este índice foi elaborado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1993.

Tamén é necesario saber cal é o valor dos danos causados polo home no seu entorno, ou sexa, canto estamos destruíndo o planeta que habitamos, se trata, neste caso, dun PIB, especial que se chama PIB Verde.

Igualmente pronto tras o PIB Verde, se valora o nivel de sostibilidade dos recursos dunha determinada rexión, produto ou actividade para iso, se creou o Indicador Tipo de Impresión Ecolóxica, hídrica.

Esta, é a medida ou instrumento de medición, necesariamente máis habitual, para os estatísticos máis preocupadas, coas implicacións na economía do medio ambiente, ou sexa, os que valoran o ecolóxico, e o seu respectivo peso económico. Algúns exemplos:

– 1 Kg de carne de vaca cerca de 13.000 litros de auga

– 1 Kg de papel 2.000 litros de auga

– 1 camisa 2.700 litros de auga

– 1 polo medio 3.920 litros de auga

– 1 Kg. de ouro gasta 230.00 litros de auga

A ONU, tamén se preocupou por nos propor un outro índice, que se compón de tres apartados na medición da calidade de vida, sendo: a esperanza de vida +o nivel de vida digna (unha variante que se avalía co PIB per capita +  o nivel de educación académica obrigatoria e  respectivas taxas de alfabetización (se trata dunha medida agregada moi máis próxima dunha realidade  situacional actual).

Por último, todos nós temos necesidade de nos sentirmos felices pois, hai que ponderar tamén ese aspecto, de aí que se creou o índice de Felicidade Interior Bruta (FIB).

Así que a consideración dun único tipo de índice, é actualmente posíbel, coas posibilidades de agregación proporcionada pola  estatística e, seus  desenvolvementos dixitais, se pode utilizar un índice resultante desta  combinación de todos estes índices, e coa súa utilización, se poderá dar unha mellor visión de como vivimos neste “ casino terrestre”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.