![]()
Como mínimo esta situación parece ser patética e, inconcibíbel, pois, continúa a desexar retirar a soberanía no último caso de Dinamarca, sobre o seu territorio autónomo da Groenlandia, para seu belo pracer.
Por Jose Vieira | 9/01/2026
As nosas primeiras palabras deste texto, son para repudiar, a dirección da Unión Europea, que máis parece un coro a unha soa voz, en que o mestre, é o señor Donald Trump, que é un rexente dun orfeón, máis sen coñecementos de música, iso si, un perigoso, prepotente e soberbo Nazi, soportado por un exército onde pontifican os elementos, que parecen saír das filas das SS nazis alemás.
Se tivésemos, aínda que fose unha tenue esperanza de que estivésemos a ser inxustos, por erro de perspectiva, esas dúbidas, que sempre considerariamos metódicas, estarían desfeitas, co ocorrido esta semana pasada, entre unhas ameazas que se arrastran desde mediados do ano pasado, polo menos insistentes contra a Venezuela.
Tratase, e sempre se tratou, dos desexos das compañías petrolíferas americanas, que son entre outras, o soporte político/financeiro, do referido Trump e, a captura sen límites das súas riquezas naturais.
Por esa razón, deixamos de ter calquera dúbida sobre a ideoloxía de Trump e, moi menos da súa saúde mental, ao vermos consumada a invasión do seu territorio e, drogando o presidente Nicolau Maduro, como se pode ver, no documental divulgado, tras a súa saída do avión, que o levou até Nova York, secuestrado con súa muller, para ser presente no máis que “fantástico proceso xurídico”.
Así se nos foron todas as dúbidas de que non estabamos perante un perigoso psicópata, a necesitar dun tratamento e illamento psiquiátrico.
Que o pobo americano, o soporte, é un problema que debía se quedar dentro das súas fronteiras, o que xa non se consegue entender, é como os seus aliados, na “agremiación terrorista”, designada por OTAN/OTAN, que xa debía ser reducida a cero, desde que foi eliminado o Pacto de Varsóvia.
Que as enormes fabricas de armamento, que sustentan a economía americana, impuxesen esta diatriba fantasmagórica, do enfermo señor Trump, que mentres non é internado nun psiquiátrico, fai burla de todo o mundo ensaiando uns pasos de danza ridículos, rindose dos seus escravos, como por exemplo, de Ursula Van Leyen, Antônio Costa, e sobre todo, do cachorro alemá, que dá polo nome de Friedrich Merz.
Como mínimo esta situación parece ser patética e, inconcibíbel, pois, continúa a desexar retirar a soberanía no último caso de Dinamarca, sobre o seu territorio autónomo da Groenlandia, para seu belo pracer.
Máis este psicópata, xa indicou que irá por Cuba, seguindo despois, pola Colombia.
Máis o que realmente non se consegue entender, a non ser por pura corrupción intelectual, o iso pensamos, pois, cremos que os dirixentes da Unión Europea, son persoas honorábeis e, até os xefes políticos dos países que a compoñen, é como se encontran de xeonllos, a seus pés, suplicando …o seu cariño e, pagando o regate das súas empresas de armamento, aos prezos da especulación desenfreada que lles apetece.
Chegado a esta altura deste texto, cabe a pregunta de saber, se estamos, sobre o dominio dun irmán xemelgo de Hitler, ou se por acaso a ciencia xenética exclusiva da Casa Branca, conseguiu clonar os xenes de Hitler e seus comparsas, na casa Branca e súas aforas.
Está cuestión, realmente nos deixa sen unha contestación, que nos esclareza este gran enigma.
O que se mostra, de forma cada vez máis evidente é a semellanza case sen diferenzas importantes entre os perfiles político sociais, entre Trump e seus colaboradores, sexa Marco Rubio, o seu vice presidente Vance e, naturalmente outros, con Hitler e os seus máis estritos colaboradores, como Hermann Göring, Joseph Goebbels e, un largo etc.
Tamén o latino Marco Rubio, fai recordar o teórico do arianismo alemá Hans Friedrich Günter, un dos grandes brazos dereitos de Hitler, coa súa autentica saña de malo contra os seus patricios latinos, que realmente son o soporte de mantemento e crecemento da economía dos Estados Unidos da América do Norte.
Vemos con toda a clareza o argumento de Donaldo Trump e súa camarilla, da chamada necesidade de “espazo vital”, ou sexa, de territorio, para que se sinta confortabelmente tranquilo, cando vai xogar golf ao seu club privado.
Como enriba referimos, non entendemos como a dirección da Unión Europea, que até é socia do señor Trump, naOTAN, practicamente está calada, ou se fala é moi suave e desculpando, como sendo unha unha traxedia consumada o ataque á soberanía da Dinamarca, país naturalmente, socio da Uniao Europea e dos Estados Unidos da América do Norte (USA).
Por outro lado, a cantidade de 50 millóns de barrís de petróleo que os USA, xa impuxeron aos venezolanos para “pagar”, a operación de arresto de Nicolás Maduro, non é correcto.
Podemos recordar, que xa desde xullo do ano pasado, os USA, xa tiña arrestado, catro enormes barcos petroleiros, nun acto de pirataría, pois, nin os pagou nin os pagará.
Esta é realmente a lei da selva, en que o Dereito Internacional, é papel mollado, pois, aquí a lei é o despotismo ditatorial, que se traduce en linguaxe corrente, en NAZISMO PURO E DURO.
Trump, non está a facer a historia de súa prepotencia, o que está é a impor a reinvención da historia, copiando de forma case “ipsis verbis”, o nazismo político e territorial, perante unha Europa, amorfa, acovardada e como todos podemos ver un espazo dun conxunto de países que fan cuestión, de seren, unicamente a voz do seu dono, o señor Donald Trump.
Non obstante, o que vemos, son países vendo a película montada polo estado nazi americano (USA) (a maioría do pobo americano do norte), preparandose para retirar todo o partido posíbel, de esta convulsión montada polo “Sheriff” americano, nos referimos á China e á propia Rusia.
Por outro lado, existe unha luz no medio deste escurantismo provocado polo goberno actual dos USA, tratase da evolución do Brasil e como non de México.
Non podemos esquecer que estes dous países dentro de 5 0 6 anos estarán crecendo moito máis do que os propios USA, mesmo con estes roubos e prepotencias.
Non podemos terminar, sen referir este pequeno texto, sen referir, que o señor Trump, xa conseguín facer baixar o prezo do barril de petróleo até aos $59 dólares.
Se el primero en comentar