O cambio climático, unha cuestión de billóns

o quecemento global do planeta Terra, en que estamos envoltos, non deixará de continuar a aumentar pois, non se está a deter a explotación, nin mineira, nin de combustíbeis fósiles

Por Jose Vieira

Comezamos por unha reflexión que a partida nos coloca nunha situación de perplexidade negativa: “non podemos depender do financiamento das corporacións privadas, para saírmos da crise climática a que estes nos abocaran” e continuando, “temos que desapoderar, os financeiros do carbono, e o faremos que o Estado democrático e, non os investidores, lideren o camiño a seguir”.

Este é unha constatación dunha economista que repara no nome de Daniela Gabor (a tradución é de nosa responsabilidade).

Así preguntamos se se pode parar ou incluso reverter a crise desastrosa ambiental en curso, se temos que depender do financiamento privado, a resposta é un rotondo non. Os ricos xamais faran algo pola humanidade a non ser que de aí retiren proveitos máis do que proporcionades ao que investiron. Nin sequera para retrasar o adianto da crise ambiental. Estes, o que están interesados é en promover viaxes estratosféricas para encontrar unha saída cando xa non podan vivir no planeta que destruíron.

Como podemos ver e, sentir na propia pel, aquando dos puntos máis altos e complexos da pandemia de Covid 19, neses momentos de confusión e desespero, só podemos contar co apoio e da intervención pública, ben ao nivel de calquera escala, para acudir ao estado de desamparo en que se encontraba a poboación. E mesmo así, para a produción de vacinas, tiveron que os gobernos dos diversos países, avanzaren co diñeiro, para que as farmacéuticas, investigase e as producisen.

Non podemos esquecer que as corporacións privadas, estiveron aí, iso si, por detrás das columnas do edificio social, esperando as súas oportunidades de poderen sacar o maior proveito posíbel, da desgraza das poboacións.

Nunca as farmacéuticas, poderen realizar tantos e tan cuantiosos beneficios, como nas alturas máis agudas da pandemia e, como non, continúan a manter o mesmo “status operandum”, pois, o negocio das vacinas continúa.

O mesmo caso, se está a pasar co Cambio Climático, pois, a degradación do mesmo, está a continuar dunha forma practicamente igual, como antes dos convenios, sobre o mesmo.

Recordemos que o prezo do carbono (un auténtico vehículo de invención macroeconómico, dos países ricos), non traerá o financiamento que debía ter, así, como non resultará, na redución esperada da contaminación do espazo en que vivimos de forma nin suficiente nin definitiva.

Estes prezos pola contaminación acordados, non ten feito outra cousa que non sexa o beneficio dos países máis ricos en detrimento dos máis pobres.

Non podemos esquecer, que quen organiza os financiamentos privados son os mesmos e, para uso dos privados, son os bancos e os fondos de investimento e, estes xamais irán contra os seus propios intereses que son marcados polo mercado e non polas poboacións e, moi menos as dos países máis desfavorecidos.

Basta que nos recordemos que as empresas e como tal os bancos, os fondos de investimento, son empresas privadas, ou se reaccionan como tal (fondo Soberano da Noruega que é público), pois, as súas decisións en ningún caso se afastan de decisións en que se norteiam pór os resultados esperados (estritamente por criterios de rendibilidade).

Por estas razóns, o quecemento global do planeta Terra, en que estamos envoltos, non deixará de continuar a aumentar (esperemos que polo menos, non aumente o acelerador do referido aumento), pois, non se está a deter a explotación, nin mineira, nin de combustíbeis fósiles.

Mentres isto non se parar dunha forma real e eficaz, non nos parece ser posíbel un cambio realmente eficaz de ciclo de destrución do planeta e, como tal, non teremos outro camiño que non sexa de nos ter que adaptar, por exemplo, a un novo sistema respiratorio, e demais hábitos esenciais, distinguidos dos actuais ou en alternativa, deixar de pura e simplemente existir a face da Terra.

Como case sempre acontece no planeta que habitamos, quen máis sofre son os países máis pobres, pois, inexorabelmente os países ricos continúan a investir en industrias intensivas en carbono. Respigamos un informe da ong OXFAM, que nos indica que os súper ricos, cos seus investimentos, desenvolven uns efectos invernadoiro, cun volume que é superior, ao que en pleno, se produce en toda a Francia, a partir dos seus investimentos intensivos en carbono.

Mais, canto sabemos, as eliminacións necesarias non están contempladas nas Axendas COP 26 nin na COP 27. E infelizmente, é esta a realidade, en que nos encontramos somerxidos.

A nosa opinión e de moitos dos que se preocupan con esta situación, que podemos considerar como unha carreira rumbo ao cadafalso, só pode ser revertida, dunha forma realmente global e como dicimos ao principio, con financiamento público (financiamento estatal), pois, os financiamentos organizados polos privados, sexan bancos empresas ou fondos de investimentos, xamais serán capaces de abandonar os criterios de maximización dos beneficios, para os seus partícipes.

Queremos recordar, que nun estudo recente, se intenta ofrecer unha perspectiva, para nós optimista, aínda que os autores a chamen realista, de que será posíbel crear un sistema de enerxía practicamente exime de combustíbeis fósiles, no entorno da década de 2050. Este novo estudo, apela a un sistema que segundo os autores do mesmo, perspectiva que máis do 55% de servizos de enerxía, a nivel mundial, se poderán producir, con enerxía eólica, solar, baterías, vehículos eléctricos, así como combustíbeis verdes como o hidróxeno (producido por enerxía eléctrica renovábel).

Esta situación, nos parece realmente non só interesante, como importantíssima, máis nos parece ser un az de luz que se vislumbra no fondo do túnel en que estamos acurralados.

Mais isto, que é unha esperanza, tecnicamente e aparentemente atinxíbel, como non podía deixar de ser, ten un custo verdadeiramente estratosférico, estamos falando de algo que terá que ser global (ou sexa, para todo o mundo en simultáneo) e, estamos a falar segundo o estudo referido, que apunta para cerca de 12 billóns de dólares, o que é menos do que continuar, neste sistema incontrolábel de contaminación a través dos combustíbeis fósiles.

Queremos explicar, que un billón é distinguido, consoante sexa escrito, en que parte do mundo, sexa, así como o estudo é americano, será o número seguido de 9 ceros, mais se estamos na Europa, será o número seguido de 12 ceros.

Este estudo, está calculado en dólares, mais mesmo así, é unha cláusula como enriba dicimos astronómica, mais absolutamente indispensábel, para que a nosa esperanza de vida e sobre todo das xeracións que nos procederán, non se viren fatalmente ameazadas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.