Con este tipo de legalización do negocio de espía, se podía retirar do “gueto”, un número considerábel de cidadáns marxinados, e dar lugar a unhas cantas novas empresas, o que xeraría un notábel incremento de emprego.
Por Jose Vieira
Non queriamos entrar no caso das espías dos terminais telefónicos, dos políticos, pois, sempre o que nos ten é necesariamente a seguranza do individuo, mentres cidadán, de acordo con todos os dereitos e garantías constitucionais.
No entanto, algo de estraño se está continuadamente acontecendo, no reino dos Bourbon e, con isto, o que queremos dicir, como xa recentemente referiramos, cada vez que saímos á rúa somos espiados, por unha multitude de cámaras de vídeo, coa pseudoinformación, de que é para nos protexer e podermos chegar a onde queremos, a son e salvo.
Cremos que temos que estar moi agradecidos a todos os que nos vixían, pois, sen a súa protección seriamos por lo menos atracados a diario se non máis veces por día.
Aínda que esteamos superprotexidos por eses miles de cámaras que nos protexen día a día e até algunhas están dotadas de medios para a vixilancia nocturna, mesmo así ou mellor, a pesar de todo continuamos a ser roubados, atracados e de máis afrontas a nosa liberdade.
Así que, podemos ter a certeza, que de ser atracados e maltratados (indistintamente por quen sexa…), que probabelmente, aparecerá unha nosa imaxe desangrando-nos, por virtude dunha intervención, moi ben rexistrada por unhas cantas cámaras de vixilancia, onde aparecen uns cantos elementos, con excelentes pasa montañas, algúns até con deseños de moita calidade.
Despois desta constatación, nos quedamos moi máis tranquilos, pois, calquera día, podemos solicitar a quen nos expía, unha foto, que podemos gardar nun marco, colocando no recebedor de nosa casa, para que os próximos atracadores, teñan constancia de que xa chegan tarde, dado que se encontran coa figura dun suxeito ou suxeitos, que os anticiparon e, que laboriosamente, nos espancaran e nos roubaron.
Será para nós un supremo pracer, partillar de tan espléndido recordo, que nos é ofrecido por quen nos protexe.
Por outro lado, tamén nos chama a atención, que moitos dos cidadáns que son a diario espiados, e cremos sinceramente que son a enorme maioría, que é “silenciosa”, non son nin delincuentes, nin deron autorización expresada e consciente, para que un calquera individuo ou colectivo (incluíndo as “forzas denominadas de seguranza”), entre na súa intimidade.
Preguntamos moitas veces aos nosos botóns, como, isto é, posíbel?
Cabe agora expor unha outra dúbida, que nos persegue e, para a cal non encontramos, nada nin ninguén até ao momento que explique o porque realmente desta espionaxe, a non ser a de un certo comercio de seguranza e dos respectivos aparellos de seguranza e espionaxe.
Pensamos con toda a nosa inxenuidade, que estamos a alimentar, máis un sector de servizos e, necesariamente a industria que a soporta.
Temos mesmo a impresión, que se podía solucionar, con estas cousas que fan o negocio da espionaxe un apartado altamente lucrativo para uns cantos, podería ser unha saída para as empresas que facían as fotos para os DNI, pasaportes e outros, que agora son feitos polos servizos diversos da Seguranza Nacional e, os pobres que perderon ese mercado, pasarían a facer recordos por encomenda, aos cidadáns que lles gustaría ter un marco da súa pasaxe por determinado local, ou de determinada bravata.
Estes recordos poderían ser fotos, ou para os máis adiñeirados uns vídeos cos rrespectivos secuencias. Cremos ser un belíssimo negocio a explotar.
Máis, até podía ser explotado polos señores dos pasamontañas, pois, a petición, podían facer de actores, dando a sensación que usaban dunha violencia extraordinaria, sobre un determinado cidadán e que este, cunha coraxe digna dun heroe de película os tiña derrotado…
É evidente que os señores do “pasamontañas”, terían que ter un catálogo, debidamente informado dos servizos que prestan, cos respectivos prezos e prazos de execución.
Estes trofeos serían excelentes para mostrar as súas posíbeis prometidas ou envías do ser, que o demandante alén de guapo tamén ten madeira de heroe.
Con este tipo de legalización do negocio de espía, se podía retirar do “gueto”, un número considerábel de cidadáns marxinados, e dar lugar a unhas cantas novas empresas, o que xeraría un notábel incremento de emprego. Aí o goberno pola man da súa ministra do traballo, como debe de ser, imporía a condición de fixos indefinidos.
Claro que isto tamén tiña un efecto saudábel, sobre os chamados locais de expiatorio de penas, vulgarmente coñecidos, por prisións de rehabilitación, e inclusive, poder proporcionar, fotos e até vídeos dunha tarde con… a unha entrevista con…, e que pronto serían vendidos ás cadeas de televisión rosa, o que faría a alegría de miles de adictos (as). Sería máis unha fonte de receita para os cidadáns e, como somos legalistas, estes nosas ideas sobre o negocio da espionaxe, irían xerar, uns avultados valores de IVA, para os cofres do Estado.
Por outro lado, o lexislador, podía pasar a ir até ao seu despacho, moi máis tranquilo pois, o delincuente agora pasaría a ser un autónomo máis, como calquera outro cidadán ou mesmo grandes empresas, por accións (de bolsa, non máis más accións pois esas pasarían a ser excepcións), neste novo C.A.E. (Código de Actividade Económica).
Mais aínda hai máis, pois, o país pasaría a dispor de números estadísticos moi mellores, no que toca a estadística sobre a delincuencia pois, só restarían neste item, aqueles delincuentes, que por forza da idade e a inaptitude manifesta, para as novas tecnoloxías, non se adaptasen aos novos rectos dixitais do mundo. Se vería unha baixada desta clase, probabelmente notábel, situando o país entre os máis seguros do mundo. Outra das vantaxes indiscutíbeis.
Claro que se crearía tamén unha nova profesión, altamente cualificada, que sería a de os sintetizadores e coordinadores dos contidos, buscadores de oportunidades comerciais específicas (expertos en comunicación, comerciais especializados, observadores de éxitos, etc.). Como tal, se ampliaría o mercado de traballo, para gaudio do respectivo ministerio do traballo (máis unha medalla para o titular da respectiva).
Tamén podería axudar a resolver o problema de falta de demandantes á maxistratura, pois, non serían tan inxentes as necesidades de maxistrados e, así aliviar as sobrecargas do poder xudicial. Por todo isto, só vemos vantaxes.
Con todas estas actividades, se podía dar unha máis razoábel utilización dos miles de cámaras de vixilancia existentes á praza do país, dado que o que elas se propuñan, en principio, se para algunha cousa serviron, que non sexa vender os equipamentos, deixa de ter a eficacia pretendida, pois, os delincuentes en servizo, xa non actúan de cara destapada.
É que tamén eles aprenderon que o baile das máscaras soa era efectivo os tempos da República de Venecia (e o Renascimento xa pasou a uns centenares de anos).
Sempre resta de fóra e, para a serventia dunha elite, que ten acceso a esas famosas expías, son unicamente os señores políticos e os seus respectivos gobernos e, como non, só estes se poden divertir coas chamadas espías “Pégaso”, entre pares. E canto a seguridade do Estado, estamos conversados e elucidados. Do que se trata, é de como poder golpear o adversario, onde máis lle doi.
Por iso, o que se nos ocorre dicir sobre o caso Pégaso, é que non é de interese xeral, pois, é un negocio moi restrinxido, ao servizo dun particular elitismo político, que roda como a roda dos ventos, co poder. E este non é asunto noso.
Se el primero en comentar