Naturalmente a comunicación social, que está ao servizo do capital, ou sexa, ao lado dun goberno que non fai outra cousa do que servir os mercados exploradores. Xamais está ao servizo dos máis necesitados
Por Jose Vieira
Normalmente, somos persoas moi crentes, digamos até que o que lemos,nas columnas dos xornais e o que escoitabamos nos órganos de comunicación audiovisuais, son para nós a verdade sagrada do que ocorre á praza e estendido do mundo en que vivimos.
O mal é que aos poucos, coa idade, ou talvez non, acabamos por deixar de ser tan crédulos e, o que non sabemos, é se foi por desilusión, pois, as noticias dos éxitos, transmitidos pola comunicación social (felizmente non toda) e a realidade, era normalmente mera coincidencia (case sempre por deterioro e manipulación do sucedido). Así que, case sempre, tiñamos que comprobar o que realmente sucedía, senón encalamos en perxuros, ao vehicular algo que leramos.
E non existe cousa máis difícil de dixerir, por moi bo estómago que posuamos, do que unha desilusión, sobre todo ao verificarmos que entre o transmitido e a realidade nada ou case nada coincidía e, máis, o que nos lanzou nos brazos de chamada dúbida metódica, cousa que moi nos contrariou.
Esta dúbida persistente e metódica, veu a instalarse dentro do noso espírito de persoas crentes, coas noticias e, pasando a lles dar case a mesmo grao de veracidade, que as indiscricións transmitidas pola veciña do quarto andar, que ten como obxectivo ser contadora das historias (ou antes, estórias), repetindo por exemplo, do que se contan “sobre os famosos” (ou que se xulga como tal), en determinadas cadeas de televisión, tendo como base especulacións, de difícil ou nula credibilidade.
Non temos nada en contra os profesionais do xornalismo en cuestión, pois, estes son artesáns que non sendo normalmente autónomos, teñen que satisfacer os guións que lles impón os seus “patróns”.
Máis aínda, co andar dos tempos, o progreso constante e continuo dos procesos de divulgación do que vai acontecendo no mundo en que vivimos, acabamos por admitir, a contramán, que as únicas noticias que debemos crer e, que non merecen contestación, polo momento, son as notas necrolóxicas.
Non nos gusta ser escépticos e, moi menos, estritamente escépticos, pois, na nosa terra, se dicía “que home desconfiado non era de confiar” e, como tal, nos sentimos incómodos a ter que asumir, agora o espírito de desconfianza sistemática (recorrendo a vellas expresións como “estar de pé atrás”).
Esta situación de desconfianza en xeral, marca naturalmente un estilo de vida nada confortábel, pois, nos obriga a tomar unha actitude perante o que lemos, vemos e ouvimos, o que no fan recordar, os tempos pasados e, que pensaramos que estaban completamente xa esquecidos, pois, durante a ditadura, liamos e pronto descodificábamos o que liamos para saber o que se quería transmitir.
Claro que eses tempos os certos xornalistas, escribían dunha forma en que transmitían o que pasaba, mais non como pasaba, mais si como tiñan que informar, segundo as regras dos “sensores do réxime”, no entanto, sempre que posíbel non transmitían as chamadas “fake news” e, como tal sempre ou case sempre, había unha mensaxe subliminar, para quen estaba atento, puidese se informar, aproximándose á realidade.
Esa eran unha das artes que, durante os tempos das ditaduras foron desenvolvendo, con grande mestría, xeracións de certos profesionais da información.
A propósito, contamos un caso que pasou connosco, eses tempos, un día tiñamos que facer unha declaración de intencións dun programa dunha asociación de estudantes e, entre outra cousas tiña que ser pechada esa comunicación, coa lectura dun poema que tiña como título “As pombas”. Tivemos que convencer o “sensor do réxime” de entón, un oficial xubilado do exército, para que nos deixase emitir a noticia, así como a lectura da poesía. Este accedeu de moi más ganas. E fomos para a radio facer a gravación respectivo sensor. Cabe entón esclarecer que este oficial do exército reformado, era bastante xordo. Todo correu ben até ao momento en que se tiña que ler o anunciado poema. Entón o comunicador, anuncia que vai pechar o acto coa lectura dun poema e, que este, se titulaba “As pombas”. Entón referido sensor, dá un salto na cadeira, en que estaba sentado e, manda cortar a transmisión. Ficamos estupefactos e preguntamos a razón de mandar parar a gravación. O referido señor tremendamente gastado declara, que as noticias anunciadas moi ben, pero “As bombas” é que non. O fenómeno é que “As pombas” lle tiñan soado no seu mao oído “As bombas”.
Esta anécdota, serve para ilustrar, que moitas veces as cousas non eran o que parecían e, pensabamos que eses tempos xa pasara, cando ultimamente verificamos, que estamos cada vez máis perante noticias retorcidas, manipuladas co fin de daren xustificación a actitudes incualificábeis, ben de partidos únicos, ben dos órganos de gobernación.
Imos dar algúns exemplos, que todos coñecemos:
– Comezamos co chamado asunto desenvolvido, sobre o que pasou ou pasa coas relacións co reino de Marrocos e o goberno de España (se trata do caso xurdido sobre o chamado Sahara español).
Non nos parece haber unha perfecta información, transparente que poda esclarece o que pasou. Máis até ao momento continúa a nebulosa por esclarecer.
– Seguimos coa embrullada dos prezos da enerxía. Que é que se está a pasar cos prezos da enerxía, co beneficio exclusivo concedido aos dous pobos da Península Ibérica. Todo opaco, nada está debidamente esclarecido e o respectivo beneficio, prometido, parece que se evaporou, ou talvez non. No entanto, parece non aparecer, o seu resultado na bolsa dos contribuíntes.
Pois, como podemos ver, asistimos a informas sobre informas, xustificacións que non encaixan e actitudes das autoridades non só contraditorias, revelando desconcerto e como non, falta de transparencia.
O peor é que a xestión é tan incomprensíbel, por parte de quen está na gobernación, que até parecen, que son funcionarios das eléctricas.
Esta é a mensaxe que mesmo manipulada polos órganos de comunicación, sobrenada do aceite da verdade.
– Os prezos dos combustíbeis, que pasa? Vén aí outra folga dos Transporte?
Unha vez máis, os medios de comunicación, troncan a certa situación, dando unha idea de que o actual goberno, está ocupado por auténticas pombas brancas.
De novo nos xorde a dúbida e, neste caso, quen está ao servizo de quen.
– A cesta da compra, e nesta a situación é explosiva pois afecta a toda a poboación sen excepción en especial aos que menos recursos posúen. Aínda non vimos outras explicacións nos periódicos, que non se fixasen, esencialmente na invasión da Ucraína pola Rusia. Se trata dun chivo expiatorio perfecto.
Revela que os periódicos, abandonan totalmente a poboación, estando naturalmente ao servizo dos intereses mercantilistas.
Escondendo que o goberno en cuestión, non ten interese en se meter no asunto, pois, está unicamente ao servizo dos mercados capitalistas, con total desprezo de quen ten que comer todos os días e non ten outra fonte de ingresos que non sexa un minguado salario.
Naturalmente a comunicación social, que está ao servizo do capital, ou sexa, ao lado dun goberno que non fai outra cousa do que servir os mercados exploradores. Xamais está ao servizo dos máis necesitados.
Supoñamos que existía un Ministerio no goberno en curso, que tiña o pelouro de orientar e estabelecer os parámetros do respectivo consumo. Claro que é unha mera suposición, pois, realmente cremos con honestidade, que me equívoco, pois prima por unha ausencia total de actuación.
E, estrañamente o que vemos, son noticias e comparecencias, dos respectivos responsábeis de forma irresponsábel, deitando poeira nos ollos dos seus concidadáns, co resgardo da comunicación social.
A situación, se agudiza aínda máis, coa ausencia dunha implicación dos principais órganos de comunicación social, tanto escrita, como audiovisual, no sentido de representar as certas inquietudes das xentes máis debilitadas.
Como non é posíbel, que os órganos de comunicación non levanten os certos problemas da poboación, que está a empobrecer a marchas forzadas e, o que se le, é que a selección deste ou daquel deporte vai ben…
Ilustres señores da comunicación social, temos a certeza de que esta situación, non é do voso agrado, pois, sabemos da vosa excelente calidade e profesionalismo, no entanto, estades bloqueados polos guións de onde non podedes saír, dos intereses dos grandes grupos que vos amarran. É tempo de dar o grito do Ipiranga (dato nas marxes do río do mesmo nome no Brasil, tornando este país independente de Portugal).
Imos cuestionar o goberno, propor unha auténtica campaña a favor da intervención do goberno no sentido da protección dos máis desfavorecidos, pois, a misión real da información é esclarecer e tomar as candeais para que a luz poida iluminar sobre todo os máis desfavorecidos.
Non vale, con esmolas de 20 céntimos por litro, nos combustíbeis, pois, para os transportistas, foi un mero paliativo, mais quen se beneficiou esencialmente foron os que teñen os coches máis potentes, ou sexan os ricos.
Paren de dar axudas nos impostos indirectos, pois, benefician sobre todo os ricos. O apoio ten que ser selectivo e, que beneficien, realmente os de menores ingresos.
Imos por favor, por en cuestión, as chamadas informacións oficiais (de todos os partidos sen exclusión) pois, a poboación ten necesidade de saber para onde está a ser conducida.
Se el primero en comentar