Non parece que o presidente de Francia, Emmanuel Macron, respecte a democracia

Para a maioría dos demócratas, e como non para os franceses que votaron á esquerda para afastar o perigo da extrema dereita, esta actitude do señor presidente da república francesa, Emmanuel Macron, non é máis do que unha insoportábel negación da democracia

Por Jose Vieira

Comezamos este texto, cun conxunto de dúbidas, que como mínimo, cremos que a dereita ou os que se titulan de centristas, non queren resolver, pois, son perfectamente autistas dunha cousa que se chama consenso e moi menos, da necesidade de negociar, dentro dun espírito democrático, optando por posicións máis próximas a ditaduras, escudándose en actitudes de menosprezo dos desexos das súas poboacións, declaradas nas urnas.

Non podemos deixar de transmitir o que está a acontecer en Francia, onde o Presidente da República, Emmanuel Macron, tras a segunda volta das eleccións, unha vez que viu que que polo momento o seu deshaucio do Eliseu estaba afastado temporalmente, borra os referidos resultados, considerando que ninguén gañou as eleccións e, así poder rexeitar calquera proposta de primeiro ministro, proposta pola Nova Fronte Popular (NFP), e así só nomear quen este señor poida dominar perfectamente, continuando o seu camiño de autista do pobo do país a que pertence, para para se firmar como un déspota (só que nin sequera é esclarecido).

Para a maioría dos demócratas, e como non para os franceses que votaron á esquerda para afastar o perigo da extrema dereita, esta actitude do señor presidente da república francesa, Emmanuel Macron, non é máis do que unha insoportábel negación da democracia.

Esta actitude, infelizmente ten paralelo, na actitude despótica do Partido Popular español, dirixido, por un conxunto de suxeitos, que non respectan aos principios da máis elemental democracia e aínda por riba non son capaces de respectar as regras elementais da alternancia democrática.

Non tiñamos intensión de entrar no caso español, mais este é o exemplo máis típico dunha falta de coherencia democrática e espírito de convivencia, nun país que respecta o debía respectar os concertos políticos, que se xeran dentro das regras democráticas para xestionar o poder.

Así, en Francia, despois dunha interregno, para se poren de acordo as varias forzas que integran a Nova Fronte Popular e, encontrar unha figura que puidese ser de consenso entre todas as formacións, foi proposta e aceptada entre todos a figura de LUCIE CASTETS.

Quen é Lucie Castets?

Tratase dunha economista de 37 anos de idade, nacida en Caen en 1987. É unha alta funcionaria, profesora universitaria, activista que defende os servizos públicos, a xustiza social, loita contra a evasión fiscal, sendo na actualidade a Directora de Finanzas e de Compras do Municipio de París.

Frecuentou a Escola Nacional de Administración entre 2012 e 2013 así como o Instituto de Estudos Políticos de París.

Diremos que a súa formación e implicación social, fai de Lucie Castets, a persoa ideal para ocupar o lugar de primeira ministra para Matignon (é como se cognomina o local de funcionamento do goberno francés).

É unha persoa ben formada, con experiencia de administración e até ministerial e, como tal, ten un perfil que incomoda ao señor todo poderoso Emmanuel Macron, que non quere perder ningunha fatia de poder, pois está interesado en liquidar todos os servizos públicos para os entregar aos conglomerados privados.

Por iso, esta señora, non serve aos intereses dereitistas, de Macron. Pois, este señor Macron, aínda que non sexa militante do Partido Fronte Nacional, está en moitos aspectos, moi próximo dos principios e até en certos puntos, converxente cos intereses da extrema dereita, de Marine Le-Pen.

O actual presidente francés, só non está con esta política, pois, é que ela non o quere, pois, o que esta pretende é ser a presidente da República de Francia.

Esta é a pequena diverxencia entre ambos: “SON DOUS GRANDES GALOS PARA UN ÚNICO POLEIRO”.

O nome de Lucie Castets foi proposta oficialmente polo secretario do Partido Socialista de Francia, Olivier Faure, tecendo as súas inmensas calidades como animadora de loitas asociativas, pola defensa e promoción dos servizos públicos, e que así con esta primeira ministra se verían fortalecidos os dereitos e servizos á disposición da poboación francesa e o espectro proposto por Macron sobre a xubilación a baixo das pensións deixaría de ser unha nube negra sobre os franceses.

Esta posición anti democrática de Emmanuel Macron, é o tipo de política destrutiva, que seguen certos partidos, mormente en España, como por exemplo, o Partido Popular, so a dirección do señor Feijóo, utilizando cada vez máis intensamente, os principios que din abxurar, mais que para eles, son “pan comido”, o facendo cada vez máis, de forma terrorista e desconexa dos máis elementais conceptos de educación cívica e moral. Están no reino das falsas noticias e das mentiras repetidas até ata o esgotamento.

As persoas escoitan os políticos, como auténticos animadores dun calquera circo, que peregrina pola provincia máis profunda, que tamén se aproxima a metodoloxía do discurso, da que é utilizada nos programas de cotilleo das cadeas de televisión.

Non resta dúbida de que en España non hai unha oposición ao goberno en funcións, o que hai, é un grupo que tomou a xestión do Partido Popular, encabezado polo señor Feijóo, que non practica a oposición politica nunha democracia, mais que a través de insultos, de mentiras e de todas as clunias posíbeis, practica un terrorismo criminal, conforme enriba referimos.

Cremos sinceramente, que é este o tipo de poder, que tamén pretende utilizar o señor Emmanuel Macrom, cando até se serve do argumento da existencia dos xogos olímpicos en París, para dicir que agora non é oportuno, nomear a referida señora, para primeira ministra, proposta para tal, pola agrupación política que foi realmente a gañadora da segunda volta das últimas eleccións en Francia.

A propia Lucie Castets, considerou preocupante a reacción do señor Macron, ao negarse a nomear a demandante de consenso do partido realmente gañador das ultimas eleccións. Isto en termos de democracia é polo menos grave.

Infelizmente, o que nos parece ver no horizonte bastante preto, é todo o contrarío do que nos deron os homes da Revolución Francesa, e, como tal o que nos parece é que, en nome da democracia, se está a facer o seu enterramento.

Vemos o propio presidente da República Francesa, apoiar, ou pretender apoiar, o lanzamento dunha grande guerra mundial, contra un país como a Rusia que só pretendeu defender os acordos previamente asinados polos países que agora a discriminan). É o caso de non ter permitido que os atletas rusos e da Bielorusia, participen debaixo das súas bandeiras, nos xogos Olimpicos de París 2024, e, permitiren con toda a pompa e circunstancia a participación de Israel, país que si, está a practicar un xenocidio sobre o pobo palestino, con xa máis de 40.000 cidadáns asasinados. Isto si é realmente unha traizón de forma violenta e visible, aos principios da Carta das Olimpíadas, dos xogos modernos.

Pecháronse estes xogos (JJ.OO. de 2024), con máis un espectáculo de grande impacto visual, mais xamais apareceu nada que rectificase a inxustiza nin o atropelo aos principios da “sagrada tregua”.

Parece que o Comité Olímpico Mundial, deixou de ser unha entidade completamente independente da política, mais comprometida cos seus principios norteadores, para ser: “un mero servidor dos intereses globais fascizantes dese monstro, que é o mao vixía do mundo en que vivimos e que repara no nome de Estados Unidos da América do Norte.

Finalmente convén engadir, que esas actitudes criminais dos americanos, serán continuadas, quere gañe as próximas eleccións para a Presidencia da Republica Americana, quere o Partido Demócrata, quere o Partido Republicano, pois, a Unión Europea, é soamente un mero escravo ao servizo dos intereses americanos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.