Non é non

Por Daniel Seixo

Non é non,

dame igual o teu puto calentón

que sexa a túa moza

ou que o seu vestido sexa realmente curto esta noite.

Impórtame un caralho se levas demasiado tempo sen foder

as túas ganas

ou a fama da rapariga que agora tes nos teus brazos.

Deixa de pensar cá tua polha e comeza a usar dunha santa vez a cabeza.

Non pode ser sexo consentido se os seus beizos son incapaces de xestionar a súa conciencia,

non podes escudarte na súa disposición previa

en todas esas copas aquela noite

ou en calquera desas merdas de violador en potencia.

No sexo,

todo o que non sexa si

en resumidas contas quere dicir non.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.