Moncho Reboiras, semente de vencer

A sua policía segue detendo militantes independentistas, a súa xustiza segue fabricando respostas armadas ficticias e os seus cárceres e xulgados seguen sendo para nosotres reflexo dunha eterna noite de pedra que non parece rematar nunca

Por Dani Seixo

¡Casteláns de Castela,
tendes corazón de aceiro,
alma coma as penas dura,
e sen entrañas o peito!

En tros de palla sentados,
sen fundamentos, soberbios,
pensas que os nosos filliños
para servirvos naceron.

E nunca tan torpe idea,
tan criminal pensamento
coubo en máis fatuas cabezas
ni en máis fatuos sentimentos.

Que Castela e Casteláns,
todos nun montón, a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.

Rosalía de Castro

O a noite do 11 ao 12 agosto de 1975,  Xosé Ramón Reboiras Noia, político e sindicalista galego, foi asasinado en Ferrol pola polícia do estado espanhol. Oculto baixo unha perruca e bigote para non ser reconhecido polas forzas represivas do estado, o activo militante da UPG de 25 anos de idade, perdía a súa vida na Rúa dá Terra tras un inexplicábel tiroteo cos membros da Brigada Político Social e da Policía Armada que participaban nun operativo organizado para detelo. Aínda somos moites os que nos seguimos preguntando como é posíbel que un operativo no que segundo diferentes fontes chegaron participar máis dun centenar de axentes, tivese que recorrer á forza letal para lograr reducir a unha única pistola en mans dun militante nacionalista. Como tantos outros casos nos que o verdugo é o estado, a reparación do dano causado continúa a día de hoxe a parecer unha mera quimera.

Sexamos como Moncho Reboiras e como todas aquelas que souberon dedicar a súa vida a un ideal.

Moncho Reboiras non era un heroe, nin tampouco deixaba de selo. Membro dunha familia humilde como tantas outras naquela Galiza do franquismo, dende moi novo conheceu o que suponhía buscarse a vida nunha contorna precarizada, nun país colonizado. Crecendo intelectualmente ao fragor do conflito lingüístico, as reinvindicaciones dun campo afogado e explotado e as incipientes revoltas estudantís, o paso á militancia política non supuxo para Reboiras senón a evolución lóxica de quen ve agonizar o seu porvir na decadencia da súa terra, na castración da súa patria. No seu labor intelectual e co paso do tempo, formou parte do grupo fundacional da revista Deas…parafuso’, de propaganda galeguista e participou tamén activamente no grupo cultural O Castro, pero foi co seu ingreso na formación comunista e nacionalista Unión do Povo Galego, co que o seu activismo político deu un paso á fronte, chegando a participar moi activamente na «Huelga de Setptiembre» de 1972.

Astilleros Barreras, Astano, Intelsa… … A actividade política de Moncho atópase estreitamente vinculada ás condicións laborais e sociais do proletariado galego, é aí onde a rabia e frustración fronte a unhas condicións prácticamente esclavistas convencen a parte da militancia da UPG para dar un paso á fronte e comezar a preparar o terreo de cara a posíbel loita armada como resposta ao réxime franquista e á cruel explotación do territorio e a sociedade galega que este vinha levando a cabo. A pesar de contar con apenas unha decena de militantes dispostos a unha resposta armada e contar entre as súas accións con apenas un par de atracos de cara a lograr cimentar unha estrutura militar máis firme, a resposta das forzas e corpos de seguridade do estado espanhol non se fixo esperar. O desenlace por todes conhecido: o do asasinato de Moncho Reboiras acurralado nun portal polas balas do estado espanhol… Curioso destino para aquel militante que quixo romper as cadeas que ataban ao proletariado da súa terra natal.

A apenas unhas horas do 25 de Xulio, Día da Patria Galega, traio o recordo de Moncho Reboiras ás nosas mentes non por simple casualidade. É no reflexo dese mozo militante nacionalista no que hoxe debemos mirarnos todos e todas os mozos desta nosa terra. Non se preocupen senhores da Audiencia Nacional, non fago con isto un chamado para que nuestres mozos respondan á súa violencia coas armas, tal e como si fixo Moncho, senón que hoxe lanzolhes pola contra un berro desesperado para que abran dunha vez os seus olhos ante a nosa preocupante situación. Non podemos seguir ocupando as rúas únicamente coa nosa troula e os nosos individualismo alheos a situación do noso país.

A nosa industria, unha das máis débiles e prexudiciais do estado espanhol, segue pechando as súas portas deixando de este modo paro e miseria ao seu paso, os nosos soldos seguen sendo os máis baixos do estado xunto aos de Estremadura, o noso campo agoniza ante a pasividade dese goberno monicreque chamado Xunta de Galicia, o noso mar xa non respira, noso sol, o noso vento, a nosa enerxía… É roubada por Espanha sen que nos repercuta positivamente de forma algunha. Seguimos a día de hoxe migrando antes de levantar a nosa voz, antes de levantar o noso punho en alto.

Non mudou nada desde que aqueles mozos da UPG decidiron levantar as súas armas en sinal de desesperación e se o fixo, non foi precisamente a melhor. A sua policía segue detendo militantes independentistas, a súa xustiza segue fabricando respostas armadas ficticias e os seus cárceres e xulgados seguen sendo para nosotres reflexo dunha eterna noite de pedra que non parece rematar nunca. Non é estranho atopar no estado espanhol novas sobre represión o noso idioma, a nosa bandeira, o noso pensamento, pero do mesmo xeito que pasa con cataláns e vascos, non é estranho tampouco escoitar a palabra terrorista sinalando ao que de xeito evidente e en numerosas ocasións non son máis que patriotas.

É no reflexo dese mozo militante nacionalista no que hoxe debemos mirarnos todas e todos os mozos desta nosa terra

Insisto, non busquen nestas linhas un chamado ás armas, nin unha xustificación para aqueles que confunden a política co derramamiento de sangue. Pero si é tarefa deste xornalista, hoxe na pel dun militante político máis, facer un chamamento a toda a mocidade galega para que dunha vez por todas deixamos o noso pasotismo, o noso medo, a nosa apatía, a nosa desgana e embarquemos xuntos nun proceso nacional reivindicativo e revolucionario. Non existe futuro sen independencia nacional e non existe nación galega sen socialismo.

Dicía o comandante cubano Fidel Castro Ruz, no seu solemne discurso do 18 de outubro de 1967 ante unha a Praza da Revolución ateigada, que o pobo cubano debía ser como o Che para poder ser digno do seu destino, para poder ficar finalmente ceibbe. Hoxe, nun ton máis político que xornalístico, desde esta a minha columna e imitando o sentido das palabras dese xigante cubano con orixe galega que foi Fidel Castro, eu dígovos que sexamos tamén nós como o Che, sexamos como Moncho Reboiras e como todes aqueles que souberon dedicar a súa vida a un ideal.

No noso lecer, na nosa arte, na nosa vida política, pero tamén no noso día a día, nas fábricas, nas universidades, nos nosos fogares…Demostremos que este é un pobo sensible, que este é un pobo agradecido, que este pobo sabe honrar a memoria dos valentes que caen no combate, demostremos como este pobo sabe reconhecer aos que lhe serven, como este pobo solidarízase coa loita revolucionaria, como este pobo levanta e manterá sempre no alto e cada vez máis no alto as bandeiras revolucionarias e os principios revolucionarios; hoxe, nestes instantes de recordo, elevemos o noso pensamento e, con optimismo no futuro, con optimismo absoluto na vitoria definitiva dos pobos, digámoslhe a Moncho Reboiras, e con el aos heroes que combateron e caeron xunto a el:

Ata a vitoria sempre! 

Patria ou Morte! 

Venceremos!

Viva Galiza Ceibe!

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.