A Lei non di nada da anulación dos xuízos sumarios, nin dos campos de concentración, cárceres, traballos forzados, incautación de bens, e multas asfixiantes para as familias, nin das persoas mortas nos campos de concentración alemán, nin dos nenos roubados, nin do exilio
Por Telmo Comesaña Pampillón.
A experiencia da Lei 52/2007, incumprida ata polos mesmos que a impulsaran, -exemplos temos en Vigo e en toda España-, esta vai polo mesmo camiño: intento de “punto final”.
A pista déunola D. Fernando Martínez López, secretario de Estado de Memoria Democrática. nunha entrevista feita en Madrid.Este señor que ostenta tan alto posto na Administración do Estado, ven á dicirnos o que hai anos que sabemos.
Os Relatores Especiais da ONU para os Dereitos Humanos denuncian a cotío o que definen como “El caso de España”. O informe, demoledor para España, foi lido na Asemblea de Nacións unidas no mes de setembro do 2014. Pablo de Greiff estivo en España nos anos 2013 e 2014, falando con ministros, directores xerais, Asociacións Memorialistas, e con vítimas daquela barbarie (sobre todo onde non houbo frontes de guerra; alí cumpríronse as xenocidas consignas de Mola para o golpe: hay que sembrar el terror, tenemos que dar una impresión de dominación, eliminando sin escrúpulo ni vacilación a todos los que no piensen como nosotros). E fixérono.
As preguntas feitas “ad hoc”teñen un contido case único: as foxas comúns. Aporta datos, cando menos, cuestionables e di que nunha lexislatura e media quedará resolto o problema, e engade que con Zapatero no goberno xa se abriron 177. Hai que lembrarlle que todas elas foron extraxudiciais e iso é un ilegal, porque só pode ser a xustiza a que ordene, siga e entregue os restos ás familias; no caso que non existan ou non queiran recibilas, darlle un enterramento digno.
-Van facer o mesmo que daquela señor Martínez?
Todo o seu esforzo é que a lei se aprobe e ata parece convencido, pero non di nada da anulación dos xuízos sumarios, nin dos campos de concentración, cárceres, traballos forzados, incautación de bens, e multas asfixiantes para as familias, nin das persoas mortas nos campos de concentración alemán, nin dos nenos roubados, nin do exilio, etc.
Cando se descubre é na contestación á pregunta: En Madrid lo tiene complicado. Es la ciudad donde se devuelve una calle a Millán Astray. A contestación é patética. Laiase da desfeita que o PPCsVOX están á facer na cidade, e remata: La ciudadanía de Madrid no se merece este comportamiento de su alcalde.
O alcalde faino porque llelo permite a lei. Nos países democráticos que sufriron ditaduras, condenáronas e recoñeceron ás vítimas; corrixiron os desmáns e non se permiten facer apoloxía dos crimes cometidos. Neste caso España tamén é diferente.
Porén non intenten outro engano.
Sabemos como acabar con este longo aldraxe. A ONU lémbrao con frecuencia, Verdade, Xustiza e Reparación. A verdade xa coñecemos, pero a Xustiza aínda non chegou. Cómpre derruba-lo “muro”, a LEI DE AMNISTÍA de outubro do 1977.
Tomen nota do que ó respecto di o Papa Francisco na Encíclica “Fratelli Tutis”.
A lei 52/2007 tivo o voto en contra do PP, por pura coherencia, e tamén de Esquerra Republicana de Cataluña defendido por Tardá no Parlamento tamén por coherencia. Esa lei non podería ter un percorrido xurídico.
Espero que Esquerra teña o mesmo comportamento e que o BNG, e non caia na trampa dun troco por algunha regalía.
Unha lei sen xustiza convertese nunha cortina de fume.Velaí a simboloxía franquista.O monumento en forma de cruz no Castro e a de Cuelgamuros aí están como espadas cravadas en NOS.
PD: Hai poucos días que me enterei que se van a abrir fosas extraxudiciais. Outra puñalada á MEMORIA.
Con este escrito quero deixar claro meu rexeitamento.
Se el primero en comentar