![]()
Coincindo coa saída no número 1000, Nós Diario, único xornal escrito en galego, cumpre tres anos tecendo comunicación popular, alternativa aos grandes medios que dominan o panorama informativo do país. María Obelleiro é a súa directora. Conduce a entrevista o xornalista Daniel Seixo.
Por Redacción NR | 18/04/2024
Non é doado ser xornalista en Galiza, onde a Xunta gobernada polo Partido Popular, reparte dous millóns de euros a medios afíns -La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Región e el Progreso-, so unha semán despois de convocar eleccións.
Non é doado para as e os xornalistas que veñen de celebrar o seu 300 “venres negro” da TVG, denunciando a burda manipulación informativa, e reivindicando unha televisión pública ó servizo do pobo, e non do goberno do PP.
Non é doado para as e os xornalistas que practicamente sen outro apoio que os seus propios recursos, sacan adiante medios en galego, como Luzes, Tempos Novos, ou Nós Diario.
Non é doado ser xornalista en Galiza, pero os que o son de verdade, como María Obelleiro, merecen todo o noso recoñecemento, porque son parte da resistencia cultural e social que sigue vinculada a nosa terra, a nosa fala, ós intereses da nosa nación.
Esta xornalista, que comezou a súa traxectoria profesional no desaparecido A Nosa Terra, dirixiu, dende 2017 o semanario Sermos Galiza, e despois da desaparición deste en papel, en 2019, continuo á fronte da edición dixital. A finais dese ano nace Nós Diario, “Un xornal galego coa mirada posta na Galiza”, graza a un grupo promotor de 175 persoas e colectivos, con María Obelleiro ó fronte, quen sigue comandando o único diario en galego que chega ós nosos quioscos.
O noso compañeiro Daniel Seixo, no programa de radio de Roxín Roxal, da Asociación Cultural Libre de Paderne, entrevistou á xornalista María Obelleiro, directora de Nós Diario
Se el primero en comentar