Luis Bará: ‘Hai unha oportunidade para demostrar que hai unha maioría en Galiza que quere un goberno alternativo ao PP’

Entrevistamos a Luís Bará, deputado do BNG no parlamento galego.

Por Redacción NR | 29/01/2024

En Nueva Revolución dialogamos con Luís Bará, membro do Bloque Nacionalista Galego (BNG), para abordar temas cruciais que definen o panorama político e social de Galiza ás portas dunhas eleccións vitais. Con anos de experiencia na escena política, Bará comparte a súa perspectiva sobre os desafíos actuais, as metas do nacionalismo galego e a visión do BNG para o porvir nacional.

Preguntado pola crise dos pellets, Bará asegura que se desvela a realidade do goberno do PP, un goberno incompetente que manipula, que se exime de responsabilidade e que é incapaz de afrontar unha crise coma esta tendo en conta a súa inacción despois dun mes.

‘O PP tiña unha estratexia de campaña moi planificada e moi elaborada que quedou totalmente rota pola crise do pellet’, advirte Bará.

En relación á campaña electoral, o deputado do BNG considera que ‘hai unha alteración das normas democráticas’ e cualifica de ‘un asunto verdadeiramente escandaloso’ ver como o Partido Popular vai ás eleccións ‘dopado’ co uso da televisión pública e o goberno da Xunta dun xeito desvergonzado ao servizo dos seus intereses.

Nese sentido, Bará afirma que hai que promover un debate e impulsar os cambios necesarios para que haxa unha televisión pública independente, con pluralismo e obxectividade.

Durante o transcurso da entrevista, Luís Bará explica que houbo un proceso de acumulación de forzas e de ampliación da base social do nacionalismo, con novas direccións que proxectaron o BNG como unha auténtica alternativa de futuro á dereita. ‘Neste momento estamos en condicións de disputar a vitoria electoral do PP e tamén a hexemonía en moitos ámbitos da sociedade’, apunta, para engadir que ‘agora mesmo estamos nun contexto no que hai oportunidade de demostrar que hai é unha maioría en Galicia que quere un goberno alternativo ao Partido Popular’.

A continuación ofrecémosche a entrevista completa.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.