Loucura colectiva = guerra mundial

Os arautos dos intereses americanos están a impor que as industrias de guerra americanas, saquen para adiante a economía americana, que se encontraba en crise, eliminando os stocks de material existente e, dando plena ocupación á industria.

Por Jose Vieira | 30/03/2025

Non hai calquera dúbida de que estamos a entrar nunha espiral de autentica falta de sentido común e, peor que esa falta de senso, estamos a propagandear un autentico estado colectivo de pánico.

Temos que nalgún momento, podamos por un freo a esta situación que está ir para un proceso sen posibilidades de ser revertido.

A Unión Europea (EU), sempre se pautou desde a súa institución, nos referimos que mesmo desde os seus momentos iniciais, cando a fundación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro – CECA, que congregaba, a Bélxica, a Alemaña, a Francia, o Luxemburgo e os Países Baixos, sendo creada en 1951-, neste tratado sempre estiveron presentes a austeridade, abrigos as posibilidades de conseguir as vantaxes de non soa economías de escala, mais igualmente as mellores vantaxes, posíbeis dunha coordinación económica o financeira do sector.

Posteriormente, se expandiu a idea e a través do Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, se deu o arranque do que sería a futura Comunidade Económica Europea.

Este tratado realizado entre os mesmos asinantes da CECA, enriba referida, crearon un espazo de mercado común e que sería o arranque para a Comunidade.

Por curiosidade, pasaron o día 25 de marzo, 68 anos que se firmou o referido Tratado de Roma.

Como todos temos a perfecta consciencia de que se desenvolveu a respectiva Comunidade Europea en primeira análise, para coas sucesivas transformacións e, as diversas transformacións e de perfeccionamento en perfeccionamento, chegamos ao actual estado da U E.

Como dicimos, este estabeleceu o mercado común baseado na libre circulación de bens persoas, servizos e capitais, no tratado de 25 de marzo de 2021

Sempre estivo presente en parsimonia, nas formas de como gastar os diñeiros comúns, mesmo para fins máis do que considerados indispensábeis.

Recordemos agora un evento que está presente na memoria da maioría da poboación mundial e, en especial da europea, por un conxunto de circunstancias que dificilmente sairán da memoria das xentes. Nos referimos ao estado de carencia que se estabeleceu coa proliferación da pandemia de Covid 19.

Esta situación pura e simplemente parou toda ou case toda a actividade, sexa de que tipo sexa, pois, a pandemia, se estendía como se tratase dun fogo acendido a unha liña de pólvora, parecía imparábel.

Como non podía deixar de ser, toda a economía se parou e, o mundo entrou non só nun estancamento, mais tamén nunha quebra total.

Pois, até entón, xamais dos fondos comunitarios, se abrira man para calquera préstamo para reactivar a economía, sexa de que calquera país que sexa, sen que ese país, non prestase as garantías suficientes e propias, para caucionar o respectivo préstamo.

Claro que esas circunstancias drásticas, para alén de teren que fornece as respectivas garantías, estas aínda estaban condicionadas as ránking, crediticio, ditada polas empresas de fiscalización de créditos.

É nesa altura, que a situación se torna tao catastrófica que se levantan moitos problemas de equidade social, en que se facían patentes que as capacidades de resistencia dos varios países, para superar as necesidades emerxentes da situación levantada pola pandemia, eran tan desiguais, que condenaban naturalmente poboacións a situacións deshumans.

Para dar unha pequena idea, do que pasou e, do cal se conmemorou estes últimos días, os 5 anos da súa declaración, temos que lamentar, que segundo os números da universidade de Harvard, a súa estimación é, o máis aproximada posíbel, de 6.881.955 mortos directamente consignados á pandemia de Covid 19.

Outra cláusula, igualmente moi significativa, pois, nos dá a idea do esforzo desenvolvido para contra restar os efectos da pandemia e, desde a súa declaración e, tras a sintetización das vacinas, foron a foron administradas 13.338.833.188 vacinas até 32 de decembro de 2023.

Como podemos recordar sen grandes esforzos mentais, foi unha autentica guerra dentro dos despachos comunitarios e, co propio Banco Central Europeo, conseguir que para a altura, fose autorizado a emisión de bonos de débeda comunitaria e, que esta fose garantida pola propia EU.

Se tratou dunha quebra case da fe, que presidiu na fundación da EU e, que se denominou na austeridade, lema fundacional con que a Comunidade fora fundada.

Esta regra de ouro que acabou por ser interrompida nesta altura, vén da fobia, pánico ou pavor, que os alemáns teñen ao período de entre grandes guerras e que está brillantemente espellado nunha novela de Erick Marie Remark, que se chama “O Obelisco Negro”. Nesta novela, se relata que os alemáns vendían as estelas mortuorias dos seus familiares para pagar a comida, tal era a velocidade da inflación de entón.

Esta situación foi superada, con moito custo, para se conseguir os fondos para a NEW GENERETION, finalmente foi conseguido, mais sempre como sendo algo que non se podería repetir.

Mas o que se está a pasar neste momento?

Os arautos dos intereses americanos, situación que xa vén dos tempos do anterior presidente democrático Joe Biden, están a impor que as industrias de guerra americanas, saquen para adiante a economía americana, que se encontraba en crise, eliminando os stocks de material existente e, dando plena ocupación á industria.

Entón, os americanos co novo presidente Trump e seus conselleiros, fixeron publicitar, que se parasen e, era necesario, facer a Paz na guerra da Ucraína coa Rusia, mais que a Europa se tiña que armar “até aos dentes”, pois, segundo andou a espallar por toda a Europa o señor Zelensky (presidente co tempo expirado da Ucraína), que mal haxa paz en Ucraína a Rusia invadirá a EU, e a anexará.

Como a América non se poderá comprometer a defender a EU, entón esta, se terá que armar de máis non poder, cos armamentos vendidos polos americanos.

É aquí que entran os xuízos dementes ou polo menos pouco saudábeis, dos dirixentes políticos europeos, no activo e, outros a desempeñar cargos como é o caso do ex- primeiro ministro dos Países-Baixos o señor Mark Rutte, gran xefe da OTAN/OTAN, probabelmente un funcionario aos servizos dos intereses da industria de armamento americana.

E finalmente, a austeridade da EU, foi ao ar. Así a señora Ursula van-Leyen, o seu impedido Antônio Costa e o seu apoio de todos os gobernos, de inclinación de dereita, para non ter que lles chamar gobernos fascizantes, van impor e dispor dunha cláusula duns 800.000 millóns de euros, para comprar armas para desencadear unha guerra que só interesa aos americanos e, meus caros lectores, sementará a destrución e a pobreza, por toda EU, se non prevalecer a responsabilidade e se non se rexeitar eses arautos da guerra como o señor Macron, ou a señora primeira ministra da Dinamarca, o primeiro ministro laborista do Reino Unido, entre outros.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.