Liberdade para Öcalan. Unha solución política para a cuestión curda

Foto Avantar / CIG

A capacidade de Turquía para levar a cabo a guerra contra a poboación kurda en todo o Oriente Medio é o resultado de décadas de apoio incondicional dos Estados Unidos e outros membros da OTAN, e é a nova estratexia do goberno turco de enfrontar estas potencias contra outros estados, como Rusia e Irán, para extraer concesións de todos os lados, contra o pobo kurdo.

Pola Plataforma Galega pola Liberdade de Abdullah Öcalan

Abdullah Öcalan é un líder político kurdo, considerado por millóns de persoas kurdas o seu representante político. En febreiro de 1999, Öcalan foi secuestrado nunha operación orquestrada por varios servizos de seguridade e intelixencia e enviado a Turquía. Desde entón está na cadea, illado de todo contacto co mundo exterior, e leva xa varios anos. Foi sometido a torturas e a outros tratos crueis e degradantes. A pesar diso, a xente que forma parte do seu movemento, e a meirande parte do pobo kurdo, están á fronte da loita pola autodeterminación, xunto cos movementos multiétnicos e multirrelixiosos para a democracia en Oriente Medio.

As súas teorías inspiraron a quen loita pola autodeterminación, a liberación da muller e a fin de situacións de desigualdade e explotación en todo o mundo.

A «cuestión kurda» segue a ser un problema sen resolver en Turquía: conflitos e inestabilidade política derivada da negación violenta de dereitos por parte de Turquía, tanto civís como políticos, de 20 millóns de cidadáns e cidadás kurdos/as, custaron miles de vidas, desprazaron millóns de persoas e empoderaron a grupos ultras, fundamentalistas relixiosos e autócratas de todo o mundo. Isto garda relación con moitos dos máis graves conflitos rexionais e globais que afectan á vida e benestar de millóns de persoas: ocupación, racismo, opresión de mulleres, intolerancia relixiosa, explotación económica e destrución do ambiente.

O Kurdistán está dividido en catro estados: Turquía, Irán, Iraq e Siria. Foron as potencias europeas, nomeadamente Gran Bretaña e Francia, as que crearon estas divisións hai un século. A capacidade de Turquía para levar a cabo a guerra contra a poboación kurda en todo o Oriente Medio é o resultado de décadas de apoio incondicional dos Estados Unidos e outros membros da OTAN, e é a nova estratexia do goberno turco de enfrontar estas potencias contra outros estados, como Rusia e Irán, para extraer concesións de todos os lados, contra o pobo kurdo.

As solucións proposta por Öcalan son de carácter internacional. O seu marco para unha solución política á cuestión kurda podería acabar cun século de guerra e opresión en Turquía e os países veciños. As teorías universais que serven como marco para as súas propostas de solucións son un modelo para outros pobos e conflitos no mundo, que buscan alternativas ás grandes crises do noso tempo: desde a crecente desigualdade ata o cambio climático, pasando polo ascenso de autócratas de extrema dereita que se aproveitan da crecente desilusión co sistema.

Coa liberdade de Öcalan, e a posibilidade de participar nun proceso político para resolver a cuestión kurda, de seguro que se posibilitaría a liberdade e a paz para todos nós. Mais, desafortunadamente, as autoridades de Turquía sábeno e temen este escenario enormemente. E así, co apoio da comunidade internacionalmente, veñen mantendo a Öcalan illado durante case tres anos, para manter o poder e prolongar as súas interminábeis guerras.

Estamos moi preocupados/as pola seguridade e o benestar de Öcalan. O illamento é recoñecido internacionalmente como unha forma de tortura. Que esta forma de tortura se veña mantendo durante tres anos é extremadamente perigoso. Non sabemos nada sobre o destino de Öcalan, máis aló de que recentemente recibiu «medidas disciplinarias» para impedir reunións baixo pretextos falsos, e que supostamente recibiu ameazas de morte.

O Comité Europeo para a Prevención da Tortura do Consello de Europa é responsábel de vixiar as condicións penitenciarias en Turquía e outros estados europeos. O Comité e outras institucións europeas (a Unión Unión Europea e o Consello de Europa) non veñen esixindo regularmente responsabilidades a Turquía polas súas violacións sistemáticas da súa propia lexislación, e o dereito internacional, en relación co caso de Öcalan. O Consello de Europa, a Unión Europea e o Comité de Prevención de Tortura poden e deben facer máis para cumprir a súa misión. Esta situación é insostíbel.

Por este motivo, as organizacións aquí presentes, esiximos que o líder kurdo Abdullah Öcalan se poida reunir cos seus avogados e cos seus familiares e, en definitiva, sexa liberado en condicións que lle permita desempeñar o papel que lle corresponde, como o principal representante do pobo kurdo, na procura dunha solución política xusta e democrática para o conflito kurdo que vén durando décadas en Turquía.

LIBERDADE PARA ÖCALAN!

SOLUCIÓN POLÍTICA PARA A CUESTIÓN KURDA!

Liberdade para Ocalan

Asinan:

  • Isabel Risco (Portavoz)

  • ADEGA. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

  • A Gentalha do Pichel.

  • AVANTE, LGTBI+

  • BNG. Bloque Nacionalista Galego

  • CEIVAR.

  • CIG. Confederación Intersindical Galega.

  • COORDENADORA GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.

  • ERGUER. Estudantes da Galiza.

  • ESCULCA. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades.

  • FRUGA. Federación Rural Galega.

  • GALIZA NOVA

  • GALIZA SEMPRE, Fundación.

  • MOVEMENTO ARREDISTA.

  • PLATAFORMA BARAN GALIZA.

  • SLG. SINDICATO LABREGO GALEGO.

  • UPG.UNIÓN DO POBO GALEGO.

  • VÍA GALEGA.

Foto Avantar / CIG

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.