Julian Assange finalmente libre e en Australia

Na súa saída da prisión, estivo e desempeñou un papel fundamental, o dirixente laborista Keir Starmer, precisamente o próximo primeiro ministro inglés, pois, foi quen gañou as eleccións inglesas, deste pasado día 4 do corrente mes

Por Jose Vieira

Celebramos estes días, a liberación de Julian Assange, éxito que aconteceu o pasado día 24 de xuño.

En primeiro lugar, imos dar unha imaxe de quen é Julian Assange, pois, moitos dos nosos lectores xa non se recordarán da contribución que este xornalista investigador deu, destapando os inmensos segredos, con que as grandes potencias, como os Estados Unidos da América do Norte (USA) e non só, ocultaban os seus crimes contra a humanidade.

Nacido o día 3 de xullo de 1971, en Townsville na Australia cuxo nome de nacemento é Julian Paul Hawkins, adoptando o como último nome Assange en vez de Hawkins.

Foi o fundador de Wikileaks, sendo o seu director e redactor xefe desde 2006.

Wikileaks, é un medio de comunicación, que dunha forma controlada ou contida, se realiza todo un proceso de divulgación. Moitas veces se emprega esta designación, resaltando a outras medidas ou medios de comunicación de masas.

«O traballo de Wikileaks, que estivo no centro deste caso, espuxo os crimes de guerra e outras irregularidades dos USA no Iraq, no Afganistán, foi o exercicio dun honesto e forte periodismo do máximo interese público”.

Julian Assange, estivo prendido no Reino Unido, sendo condenado a 175 anos de cadea.

Estivo ultimamente prendido na cadea de alta seguridade de Belmarsh no Reino Unido. Estaba pendente dunha petición de extradición, para os USA, que o acusaban de divulgar documentos secretos e informaban o público en xeral dos crimes de guerra cometidos polos americanos.

Mas o que Julian fixo realmente é o que fan os periodistas de investigación e como tal xamais debía ser obxecto de castigo.

Antes e perante a ameaza de extradición e, varias tentativas de secuestro por elementos da CIA/USA e antes de estar arrestado no Reino Unido, estivo refuxiado 7 anos na embaixada do Ecuador.

Este seu asilo, foi dramático, pois, día e noite estivo impedido de saír das instalacións diplomáticas, pois, esta estaba gardada pola policía de Londres, pois, os ingleses sempre son a voz do xefe que son os USA. Foi expulsado de forma forzada da embaixada do Ecuador en 2019.

Como era australiano, non pode se socorrer da sentenza de Supremo Tribunal inglés de 20 de marzo de 2024, e como tal, se socorrer da primeira emenda da constitución americana.

Mesmo se iso ten sido posíbel, sería aínda alongar máis uns anos este triste éxito de responsabilidade da saña criminal escondida, que os americanos non querían que fose coñecida do mundo.

Assange, sempre estivo disposto a declarar, ás veces que fosen necesarias para esclarecer o que fose debido, pero as autoridades, inglesas coa presión dos USA, sempre bloquearon calquera posibilidade de amaño.

Na súa saída da prisión, estivo e desempeñou un papel fundamental, o dirixente laborista Keir Starmer, precisamente o próximo primeiro ministro inglés, pois, foi quen gañou as eleccións inglesas, deste pasado día 4 do corrente mes.

Starmer, non o tivo fácil, pois, a saña criminal americana era tal, que o dirixente laborista inglés tivo que se desprazar aos USA, catro veces para se reunir co fiscal xeral americano Eric Holder.

Non poderemos deixar, ficar ben referido, que unha vez máis, se mostra a má fe das autoridades, no caso agora inglesas, que aínda so o goberno conservador, destruíron todos os rexistros dos encontros entre Starmer e o referido fiscal Eric Holder

Julian Assange, tivo que saír do Reino Unido, este luns, nun voo para se presentar nun tribunal dos USA, nas longínquo illas Marianas do Norte e, tivo que se declarar culpábel dun cargo (se trataba de que os USA, xamais quería dar o seu brazo a torcer), este era o de divulgar de revelar segredos de defensa.

Tivo que se declarar culpábel dun único cargo, ficando completamente excluídos os restantes 17 casos.

Más unha vergoña para que é amante da libre información e da investigación clara e concreta dos traxes que ocorren no mundo.

Para a maioría dos periodistas da nosa xeración e, igualmente para todos os amantes da información libre correcta e sen manipulación por parte dos poderosos e seus empregados políticos, Julian Assange foi un certo heroe, como se chamaba, o “home coa máscara de ferro”.

Estar libre é unha vitoria esencialmente de Assange, mais todos os que escribimos algo, tamén a sentimos como nosa.

Os USA, sempre quixeron cuestionar, este periodista investigador, sempre o consideraron como a “diana” a abater polo mao exemplo que daba aos periodistas por contar e revelar a verdade.

Para darmos uña idea, da importancia da súa Wikileaks, medio que revolucionou de forma decisiva a información, potente medio, que designamos a miúdo, como o “cuarto poder” ou “cuarto estado” traendo a innovación das infiltracións electrónicas e a información clasificada ou filtrada, para todas as redaccións de comunicación mundiais.

Non podemos deixar pasar, que todos os que están no núcleo de redacción e investigación de Wikileaks, teñen demostrado uña coraxe e uña determinación non soa na continuación da divulgación de información, máis paralelamente na acción esencial desenvolvida por todo o mundo culto, para a liberación agora conseguida de seu fundador e principal director.

Más non hai vela sen senón, así algúns dos medios que se serviron de forma máis que evidente, das informacións das filtracións de Assange, nin sempre actuaron dunha forma solidaria, nos referimos por exemplo; ao The New Yorker e ao Equipos ou The Guardian.

Terminamos este, dicindo que a inxustizas moitas veces vén de donde non se esperaban, e así en 2010 a primeira ministra do partido laborista australiano, se pronunciou de forma miserábel, tendo afirmado que Julian Assange, era “culpábel de producir ilegalidades”.

Cremos que o actual goberno australiano, nesta liberación do periodista, á tido unha actuación positiva, como que a lavar a cara da anterior ministra de de o partido laborista, Julia Gillard, que o tiña condenado.

Sexa benvido Julian Assange, e a liberdade que defendeu para o periodismo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.