Jácome: o bufón que tocou poder

Por Daniel Seixo

"Si yo en cuatro años no consigo hacer lo que prometí, lo tendré que volver a poner en la lista de fracasos de mi vida."

Gonzalo Pérez Jácome
A corrupción da alma é máis vergonhenta que a do corpo.

José María Vargas Vila

Resultado de imagen de jacome

Que chegase a alcaldía prometendo un sistema de control horario para evitar o «escaqueo» dos trabalhadores municipais, chamando mafia a propia policía local e prometendo métodos expeditivos durante o seu mandato, xa nos preparaba para o que estaba por vir durante o mandato de Gonzalo Pérez Jácome. E que non é precisamente o novo alcalde de Ourense dos que se fan agardar para chamar a atención, aínda que para isto habitualmente tenha que facer uso do máis absoluto dos ridículos.

Logo de ter utilizado o canal de televisión Auria TV como ariete político pra transmitir en bucle os seus discursos políticos e tras numerosos ataques verbais a oposición, nos que chegaba a tildar de “psicópata de corbata” o líder dos populares cos que hoxe chega a curiosos entendementos, Jácome accede o poder simbolizando todo aquelo que a política nunca debería chegar a ser.

 O galego e un idioma vivo, unha expresión cultural de todo un pobo e un eixe básico da nosa cultura nacional e o noso proxecto como sociedade

Democracia Ourensana nace politicamente en 2001, como un partido que ven a dar unha resposta urxente a crecente indignación froito da corrupción e a impunidade galopante da que en Ourense fai gala un Partido Popular totalmente controlado polo baltarismo.  Nin de esquerda, nin de dereita, contrario a política profesional e gobernado con man firme polo propio Jácome,  sería só a raíz do 15M que a nova formación política do freak “azote” do baltarismo comezaría a xurdir como un competidor serio ante outras formacións máis consolidadas na cidade.

Dende a súa chegada por primeira vez o Concello de Ourense no 2011 en companha doutro membro do seu mesmo partido, Democracia Ourensana e o propio Jácome, non tenhen feito outra cousa que medrar parasitando o absoluto  descontendo de gran parte da poboación fronte o caciquismo e a corrupción imperante nos velhos partidos, especialmente nun Partido Popular secuestrado e amordazado durante moito tempo na cidade por unha auténtica rede de poder familiar. Democracia Ourensana non era outra cousa que a marca persoal dun freak que pouco a pouco chegaría a ganhar “reputación” entre os seus potenciais votantes coa promesa de “poner fin a la saga tóxica de los Baltar”.  Ou iso é o que os seus votantes pensaban…

Pero os tempos mudan, hoxe quedan lonxe os tempos nos que para o novo alcalde os programas políticos dos populares na cidade de Ourense eran claramente obra dun tolo, as acusacións de corrupción, os insultos… E incluso se non fose pola eterna memoria de Internet, até os seus numerosos vídeos virais miraría de esquecer Jácome con tal de aferrarse o mando. ¿Pero quen podería culpalo?

Un político sen ideoloxía fixa e feito a base de titulares de prensa, non tinha motivo real algún pra dubidar nin por un segundo a hora de facerse coa alcaldía da cidade, aceptando así un claro troco co Partido Popular para que os conservadores galegos puidesen manter unha Deputación que para eles se debuxaba como un último reduto de poder en Ourense. Xa o dicía o robot falador de Democracia Ourensana: Hai moito cacique na Galiza!

E entre multas auto conmutadas, ridículas entrevistas televisivas e unha rutina política que ameaza con sumir no máis profundo escurantismo a cidade de Ourense, non tivo outra ocorrencia o estrambótico alcalde que durante o pregón das festas de san Francisco, denigrar a lingua de todos e todas as galegas. «Vamos a hablar en español, que se entiende mejor que el gallego», esa foi a frase coa que Gonzalo Pérez Jácome decidiu unha vez máis facer gala dun autoodio inusitado, pra usando como refén o patrimonio de todes, atacar indiscriminadamente o nacionalismo galego.

Apenas días despois de que  os datos da enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o uso do galego alarmasen a propios e estranhos, Pérez Jácome fai gala de novo dunha ignorancia moi perigosa na política, coa que demostra non só non ser quen de manter un mínimo decoro de cara a ostentar unha alcaldía, se non tamén desconhecer a súa propia historia e a do seu pobo.

Non é precíasmente o novo alcalde de Ourense dos que se fan agardar para chamar a atención

Non é o galego unha cousa só de nacionalistas, nin unha lingua menor tal e como quere facer ver o alcalde. O galego e un idioma vivo, unha expresión cultural de todo un pobo e o eixe básico da nosa cultura nacional e o noso proxecto como sociedade. Lonxe quedan afortunadamente os tempos nos que a nosa natural expresión na lingua oral e escrita era perseguida e vilipendiada, xa non son as armas, nin o peso da represión os que ameazan o noso idioma, pero tal e como demostra o líder de Democracia Ourensana, segue a precisarse moito caminho pra chegar de novo a normalizar socialmente o uso do galego.

Seguen a ser demasiado habituais as trabas nas administracións, o fomento do uso do castelán na cultura e as mans políticas que por acción ou omisión aproveitan calquera oportunidade pra dar un novo golpe de graza a nosa lingua común. Debería o propio pobo de Ourense lembrar-lhe o seu alcalde o necesario cumprimento das responsabilidades de promoción e defensa da lingua galega á que están obrigados todos os poderes públicos. Debería lembrar-lhe tamén o pobo de Ourense o seu alcalde que o seu posto é soamente o dun trabalhador público, non o dun cacique moderno todopoderoso por obra e graza dos Baltar, por moito que hoxe lhe poida amolar o esquecedizo Jácome non ter herdado os poderes da familia que tanto atacou no pasado.

Por sorte para nós, grazas o apoio social incansábel e a unha cultura viva e resilente, e pese a incongruencia dun cargo público inmolando o propio patrimonio, parece que de novo o galego poderá resistir sen apenas inmutarse un novo ataque do mesmo bufón de sempre… Esta vez feito alcalde por obra e graza da antipolítica e os actuais tempos do extremo centro.

Que a longa noite de pedra non nos leve a todos por diante.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico.

Nueva Revolución no tiene ánimo de lucro, pero sí tiene gastos. No queremos depender de nadie ni tener publicidad. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos.
Ayúdanos a seguir ofreciendo Nueva Revolución.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Nueva Revolución utiliza cookies, no podemos evitarlo. Al seguir navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies