Infelizmente, ollando no entorno da Unión Europea, o que vemos é un conxunto de dirixentes desa Unión, acovardados e, que esperan de xeonllos todas prepotencias, ordenadas polos dos americanos, de forma resignada.
Por Jose Vieira | 9/02/2025
É imposíbel non reaccionar, perante o que se está a pasar nos Estados Unidos da América do Norte (USA), onde un presidente do país, é ou se comporta como un ditador, imperialista, que considera que dentro do seu país, existe unha elite que para alén de ser multimilionária é xenófoba, racista e está mentalizada para estender os seus tentáculos neocolonialistas a todo o mundo, en que poida “ferrar o dente”, para servir que lles sirvan de escravos incondicionais.
Non podemos deixar de nos impresionar, como o home máis rico dos USA, que por certo tamén é un emigrante, pois, é oriúndo da África do Sur.
Este señor Elon Musk, acompañado de máis 5 ou 6 outros multimillonarios, mancomunados con el, dan o soporte necesario ao presidente Donald Trump, financeiro, nacional e internacional, ao seren os seus valedores, permitindo que este se sinta suficientemente forte para poder facer todas as fecharías que lle der na súa louca cabeza, de prepotente fascista.
Así que quen posibilita os despropósitos e os incentiva, ditos doutra maneira, os delirios de Trump, pois, van necesariamente no sentido de favorecer os desexos de imperialismo financeiro, económico, social e internacionalista de Elon Musk, é o seu patrocinado presidente.
Así Elon Musk, cuberto polo poderío militar americano, xa se está instalando como orientador, e educador, de líderes europeos, que este hai previamente escollido, para desenvolver os seus proxectos imperialistas de teor fascista.
Elon Musk, non está só, o acompañan como socios de camiño, un grupo de máis 5 ou 6 multimillonarios, que buscan á praza e longo de todo o mundo, tamén se aproveitar dos proxectos imperialistas deste conselleiro todo-poderoso do presidente dos USA.
Estes seus conselleiros en especial o máis rico do Mundo, pura e simplemente, aconsellaron e están a pór en práctica, unha eliminación de todas as axudas aos pobos máis necesitados, cousa que que non estaba, cremos nós, no horizonte de calquera persoa minimamente saudábel e, en seu xuízo perfecto.
Recordemos, por exemplo, que Musk, mandou encerrar a Axencia dos Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional (cuxas siglas son USAD e, prontamente o seu presidente a mandou encerrar, pasando por cima de toda a legalidade, dado que ten que ser, un acto da exclusiva competencia do Congreso americano.
No entanto o presidente dos USA, considera que esta Axencia está dirixido por un grupo de lunáticos e radicais, mentres, o home máis rico do Mundo, vai máis lonxe, afirmando que está dirixida por un bando de criminais.
Esta axencia foi creada polo presidente na altura, dos USA, John Fitzgerald Kennedy, o ano de 1961, con vista a centralizar as axudas.
Esta Axencia, prestaba apoio internacional, desde ese tempo de máis de 100 países en vías de desenvolvemento. Más tiña un staff, esencialmente disperso polo Mundo, de cerca de 10.000 funcionarios.
Esta Axencia USAD, cos fondos atribuídos polo Congreso americano, entrega esa cláusula a Organizacións non gobernamentais, que as aplican, segundo criterios moi ben definidos e debidamente aprobados.
Para termos unha idea, da súa importancia, basta dicir que o ano de que posuímos números, ou sexa 2023, foron distribuídos pola USAD, un pouco máis de 40.000 millóns de dólares, de máis de 100 países, de entre os cales, pola importancia das cláusulas recibidas, destacamos: a Ucraína, a Etiopía, a Xordania, a República Democrática do Congo, Sudán e a Somália.
É de tal maneira o impacto da falta deste apoio, que o presidente da Marcha Internacional, dos USA, ve perigar con este recorte, perigar de forma moi violenta os dereitos de millóns de persoas en todo o Mundo.
Volvamos agora, a nosa atención ao xenocidio do pobo da palestina.
Durante a visita destes últimos días do primeiro-ministro israelita, aos USA, falouse que os israelitas, facilitarían a saída de todos os habitantes que aínda restan na faixa de Gaza, para os países que recoñeceron a existencia do país Palestino, entre eles a España, a Irlanda e a Grecia, e estes os deberán acoller e, así ficar a respectiva faixa libre e limpa, para ser entregada ao señor presidente dos USA, para o disfrute da América do Norte.
Isto non parece unhas declaracións de alguén que está en seu xuízo perfecto, ou senón, o que se pode considerar, se quen o afirma está en seu perfecto xuízo, tratase dun “nazi” criminal e fascista, da peor especie, que de modo algún o resto da humanidade non pode tolerar.
Infelizmente, ollando no entorno da Unión Europea, o que vemos é un conxunto de dirixentes desa Unión, acovardados e, que esperan de xeonllos todas prepotencias, ordenadas polos dos americanos, de forma resignada.
Más, continuando a trasladar os recursos dos seus países, que debían ser para a promoción de políticas sociais e mellorías do seu benestar, para os petos, sen fondo das indústrias de guerra dos USA.
Este presidente dos USA, logo nos seus primeiros 20 días a fronte do seu goberno, deu á estampa un memorandum, suspendendo todo o gasto público exterior até se completar os primeiros 90 días de súa gobernación.
O que más nos trae en coidado non é só o que está a verse desde xa, é realmente saber até onde vai chegar esta auténtica parella de delincuentes, cuxa ambición non ten límites.
Este duo está ao parecer por cima do ben e o mal moralmente e eticamente aceptado, pois, para eles só o seu criterio é que conta.
O que pretendemos é que dunha vez para sempre, as persoas abran os ollos e non teñan medo das ameazas e das actitudes destes delincuentes.
E que o pobo da Alemaña que vai proximamente as urnas, non vote aos Demócrata cristiáns de Friedrich Merz nin a señora Alice Weidel do A.fD., así como deixen de apoiar a señora Meloni, socia da alemá Ursula Van-Leyde, pois, esta segue subliminarmente as ordes de Elon Musk.
Sexamos europeos dunha vez para sempre e, teñamos orgullo de pegar no noso destino e, manteñamos a columna vertebral dereita.
Se el primero en comentar