![]()
En termos políticos todo indica que quen manda no mundo Occidental, por delegación dos señores presidentes dos Estados Unidos da América do Norte é o todopoderoso fascista e criminal primeiro ministro israelita Benjamin Netanyahu.
Por Jose Vieira | 8/06/2025
O día 20 de maio de 2025, ficará célebre que máis non sexa, pola reunión dos ministros de negocios estranxeiros dos países da Unión Europea (EU) en Bruxelas, nunha votación 17 países, de entre a totalidade, votaron a favor de ser revisado o acordo de Israel como socio da EU, en virtude, pois, eses 17 finalmente conseguiron albiscar que os israelitas estaban a violar o dereito internacional, así como, todas as regras humanitarias, co pobo palestino.
Como se di vulgarmente, “máis vale tarde que nunca”, só que, esta dilación o tempo de calquera toma de posición, polo menos humanitaria, é desde xa algo criminal para os medios dirixentes europeos.
Non pode haber un discurso perante as cámaras de televisión de cada país recriminar, e despois, de portas cerradas e xuntiños antes da comida comunitaria conxunta, se queden por unha falta de coraxe, para non dicir, sendo realmente cordeiriños ás ordes do patrón americano e dos seus financiadores que están na man de cidadáns israelitas.
En termos políticos todo indica que quen manda no mundo Occidental, por delegación dos señores presidentes dos Estados Unidos da América do Norte (USA), Joe Biden, do partido Democrático e agora Donald Trump do Republicano, é o todopoderoso fascista e criminal primeiro ministro israelita Benjamin Netanyahu.
Se pode preguntar, como é posíbel, non estar entre grandes, un criminal deste cariz, que é responsábel por cerca de 50.000 asasinatos de persoas indiscriminados e sendo civís, non implicados en ningún acto de guerra.
Como mínimo, o que se pode dicir é que son seus cómplices, sen a menor dúbida, o exceso de xuízo, todos os membros dos gobernos europeos que permiten este xenocidio e, así como certos colaboradores, neste crime de eliminación dun pobo, os DIRIXENTES DA UNIÓN EUROPEA.
Parece que desta vez, algo se move e, até é de desconfiar, pois, a iniciativa de alertar as consciencias, vén dun ministro moi pouco daDo a cuestións de solidariedade cos máis necesitados, no entanto Caspar Veldkamp, ministro dos negocios estranxeiros dos Países Baixos e, como tal, calou no espírito de Bruxelas, dado que quen tocaba a trompeta da necesidade de acción, era un holandés.
Este inicio de acción, ten como elemento externo un memorando á Comisión Europea, en que solicitaba o respecto aos “dereitos humanos e aos principios democráticos” en relación co artigo segundo.
O que realmente comezamos por referir neste pequeno texto, é que até entón, a xefA da diplomacia da Unión Europea, a señora Kaja Kallas, practicamente se colocou a marxe de calquera actitude en contra o xenocidio levado a efecto por Israel, nunca o condenando. Tras este levantar de problema, aínda que tardío, esta comisaria da diplomacia europea, até verificou que países que eran indefectíbeis apoiantes de Israel, como a Polonia ou a República Checa, cambiaran de opinión e xa comezaron a solicitar sancións contra Israel (ou polo menos a súa condena).
Queremos lembrar, que a Unión Europea, sempre tan impositivo canto a prazos de seus acordos, ten vindo a favorecer a Israel (dado que o prazo do acordo de asociación expirara en xaneiro deste ano de 2025), continuando como ese tratado estivese en pleno vigor.
Recordamos a posición do ministro dos negocios estranxeiros de Israel, que a determinado momento, perante os desacordos dalgúns dos países europeos da política de exterminio da poboación palestina afirma: “rexeitamos totalmente a orientación que reflexa unha completa incomprensión da complexa realidade que Israel se afronta permitindo que Hamas manteña as súas posicións.” Claro que se refería a nova toma de posición da Unión Europea, despois de ser despertada polo señor Caspar Veldkamp, ministro holandés.
Este estatuto que dispuña Israel, coa Unión Europea, dado o seu clausulado, permitía unha autentica auto estrada no comercio coa Unión, pois, as restricións practicamente non existían. Queremos mesmo resaltar, que era un autentico “maná”, para os movementos de capitais.
Habemos mesmo en determinado momento, chegado a ver que moitos dos funcionarios da administración israelita, consideraban mesmo, que xa pertencían de pleno dereito a Unión.
Esta situación é para Israel era un eixe tan considerado como unha situación consistente, que para este país, tomou a unión europea como seu principal socio comercial, sendo o destino de máis dun quarto das exportacións israelitas.
Non podemos deixar de referir que a empresa farmacéutica TEVA, que é unha das vinte e cinco máis importantes do mundo, se instalou no espazo europeo, absorbendo moitas empresas do sector e explotando os recursos, gozando dese tal acordo de asociación que neste momento como refiro está caducado.
No campo da electrónica e respectivos sistemas, Israel, domina o mercado europeo, non permitindo sempre que aparece algún concorrente do respectivo espazo, os israelitas tratan do eliminar ou entran na súa xestión.
No campo militar, igualmente o estado de Israel, vendeu a totalidade dos países da Unión o seu sistema de seguridade e de control electrónico de espionaxe. Un dos primeiros países europeos ao comprar, foi España (entre outros o sistema de espía Pegasus).
Israel, tense vindo a beneficiar dos investimentos financiados pola Unión Europea, no campo da investigación e innovación non sendo pertenza da Unión, obtén esas primicias grazas ao tal tratado de asociación xa caducado (un coñecido desenvolvemento, é o obtido por Israel pagado polos europeos, no campo dos drons).
Dunha forma irresponsábel, a actual dirección da Unión Europea, desexaba ir aínda máis lonxe nos financiamentos e apoios a Israel, mesmo xa no inicio dos ataques ao pobo palestino.
Aí tivo importancia a posición de España e o fenómeno de se tamén deixar de apoiar, de forma tan evidente o ex-membro da unión, o Reino Unido.
Termino recordando que a señora Ursula von der Leyen, que desde o final, do ano de 2023, negociou a compra de gas a Israel, que é só máis unha colaboración criminal, desa señora, pois, este gas está nas costas que pertencen ao territorio de Gaza.
No entanto hai moito máis…
Se el primero en comentar