Inflación, moderación. Nada vai ben

os políticos de quenda, basta que estean no poder, mandan a través da comunicación social, de que son os influenciadores, de acordo co grande capital, auténticas ondas de optimismo, que farían envexa aos consellos dos economistas clásicos.

Por Jose Vieira

A economía non vai ben, cremos que iso está na cabeza de cada uno de nós. Non son necesarios coñecementos profundos de economía, para termos a certeza de que as cousas non parecen ir como debían ir.

Se ollarmos para os datos que nos entregan a industria da comunicación social, patrocinada polo goberno e polos outros grandes intereses, vemos sen moito esforzo que estamos a ser enganados. Mais o peor, non é que esteamos a ser enganados, o que realmente está completamente errado, é que cremos que quen está errado, somos nós e as nosas sensacións, cando estas nos indican que as cousas van mal.

E o peor é que a culpa non é soa dos “alibis”, que vulgarmente acostumamos a ouvir dicir, que a responsabilidade de non iren as cousas totalmente ben, son soa causas exóxenas (no caso exteriores a responsabilidade de quen cabe ou compite de nos xestionar. Queremos crer, piamente, en que as culpas son sempre doutros e non nosas. E a responsabilidade deste comportamento, ten a ver co tradicional concepto, de que nós propios estamos exentos do “pecado orixinal”, mais o veciño non.

Por exemplo, basta ver cando nos indican que estamos a facer todo ben no noso país, e para que non dubidemos, nos doa un conxunto de número enviesados, ou sexa completamente sesgados, para que a unha lectura imediatista, sen os analizar convenientemente, nos suxiran que todo vai de “vento pola aforra”, no reino dos Borbóns.

O que lamentamos, ter que dicir é que non é nada disto o que se está a pasar.

En primeiro lugar, as causas da nosa ma situación macroeconómica, non se deben só a causas exóxenas (exteriores como enriba explicamos), mais tamén a causas endóxenas (ou sexa a problemas internos o da chamada “xestión caseira”) e, como tal os poderes políticos nos esconden para que non nos apercibamos, que cando se desencadea unha crise, aos que mandan, protexidos polos gobernos de quenda e os seus apoiantes, crean unha manta de fume para que non poidamos apuntar a dedo os responsábeis.

O título deste texto, reza así; INFLACIÓN, MODERACIÓN e ESTANFLACIÓN, o que son tres palabras que todos os macroeconomistas, teñen elixido como auténticos inimigos da súa profesión.

No entanto, os políticos de quenda, basta que estean no poder, mandan a través da comunicación social, de que son os influenciadores, de acordo co grande capital, auténticas ondas de optimismo, que farían envexa aos consellos dos economistas clásicos. E como manipulan, non teñen problema para ollar para o outro lado, mentres os seus representados (a poboación que lles votou), anestesiados pola disruptividade informativa, os manteñen completamente adormecidos e, como enriba dicimos, até convencidos de que todo vai ben é só unha cuestión de tempo… e o Sol sairá con toda a súa forza e esplendor.

Preguntamos, o que acontecerá cando se acabaren as reservas de poder de compra, que as poboacións conservaron por forza da pandemia?

Outra pregunta que se nos ocorre, é o que acontecerá cando as taxas de xuro subiren para as hipotecas, que unha gran parte dos españois soporta?

Que vai acontecer, co goberno do reino, cando a prima da débeda publica subir polo efecto da clasificación das empresas de rating?

Que vai acontecer coa chamada política de moderación salarial que os señores que mandan (as grandes empresas, por exemplo, as que nos apretan o pescozo coas subidas da enerxía, quere sexa as eléctricas quere as de combustíbeis) e que imporán a CEOE?

Que faremos cando os señores que mandan, imporán a baixada dos seus impostos e, naturalmente sexan as poboacións traballadoras a soportar os servizos cos seus impostos sobre as nóminas e os IVAs?

A par destas cinco preguntas, habería unha chea doutras, que servirían para facer que quen teña algunha paciencia para deitar contas á súa vida, deixar de poder durmir, con sonos reparadores, que serían substituídos por auténticos e tormentosos soños malévolos.

Imos nos reportar ao último informe da Comisión Europea e que se refire á análise dos datos referentes ao primeiro cuadrimestre do ano en curso. Este informe ten exactamente unha semana e media de vixencia.

Como sabemos os diñeiros, da Unión Europea os famosos PRR, foron desenvolvidos para superar os paróns das economías europeas, provenientes dos problemas da implantación da pandemia do covid 19. E que nalgúns casos, tamén serviu ou está a servir, para que algunhas economías da Europa, poidan saír aínda da crise de 2008. É o caso por exemplo, de Portugal.

Non podemos deixar de indicar que as economías europeas, a pesar de todo (nos referimos ás avalanchas dos diñeiros da New Generation – os PRR), teñen vindo a crecer, mais, como se relete no referido informe, están moitísimo lonxe das primitivas perspectivas. O que non entendemos, é porque o goberno actual, e os respectivos partidos, non deixan de intoxicar ás poboacións indicando datos que xamais non teñen nada a ver coa realidade. Mais infelizmente é o que está a acontecer, pois o importante para os señores que mandan manter as poboacións debidamente adormecidas.

Non podemos estar tranquilos con anuncios de que van ser creados 45.000 postos de traballo, da administración, e por outro lado, se baixan impostos aos ricos empresarios e súas respectivas empresas, como impoñen os Amos do Ibex 35. É naturalmente co aumento dos IVAs, e cuxa recadación aumenta, mercé da inflación, o que significa o empobrecemento das clases traballadoras.

Mentres as clases traballadoras perden poder adquisitivo, os empresarios, a cuberto do goberno, se permiten aumentar os seus beneficios especulando os prezos dos seus produtos, retirando “o pan da boca das clases traballadoras”. Por iso non entendemos, que este goberno se diga que é un goberno que privilexia a clase traballadora e, até se titule un goberno de esquerdas.

Como que é un goberno que permite que a desigualdade estea a crecer dunha forma verdadeiramente acelerada e non executa unha Xubilación fiscal en que exista unha certa equidade fiscal?

Isto só acontece, como se está a ver, por que as medidas sociais que toma, son as que manda a CEOE, e naturalmente a señora Ministra do Traballo, aparece na TV, e outros medios de comunicación a vender unha imaxe, que finalmente soa la beneficia a ela e estende unha nube de fume sobre a actuación do goberno que pertence. Claro que o Primeiro Ministro o permite, pois ten que vivir debaixo dese timo.

Xa agora, vexamos uns números, que non entendemos.

Como é posíbel que a pobreza en España estea a aumentar a marchas forzadas e que o goberno continúe amarrado a unha ferramenta económica completamente inoperante como o Ingreso Mínimo Vital (IMV), algo que ao ser condicional, até os mais necesitados hones teñen os medios posíbeis para recorrer a esa esmola (necesitan de contratar un asesor para lles cubrir a documentación).

Como é posíbel que un goberno que se di de esquerda, aposta por unha receita (léase ferramenta IMV), que é equivalente a conceder unha esmola aos pobres. Reparemos que están a repetir o sentido esmolar da Idade Medía, ou sexa, cando os pobres se acercaban das igrexas, despois de terminar a santa misa e, que os señoritos lanzaban displicentemente uns céntimos para o chan e, que os estes tiñan que recoller humildemente desde o chan, agradecendo aos seus benfeitores.

Están a institucionalizar a pobreza.

Como é posíbel que un país como a España, que é realmente un conxunto de autonomías ricas, no seu conxunto, se permite ter unha das máis altas taxas de desemprego, cerca de 15% reais, cando un país veciño como Portugal, que é pobre, polo último informe económico da Comisión Europea, esta con unha taxa de 5,6 % xa coa invasión da Ucraína pola Rusia.

Realmente non comprendemos.

A par desta situación, non comprendemos que a divida publica española estea en constante alza, e fose chamada a atención por Bruxelas mentres que o pobre país veciño, a despeito da ter moitísimo alta, conseguise baixala de tal maneira que os economistas da Fitch (unha das empresas de rating que atribúe as puntuacións das dividas soberanas) baixasen o risco de pagamentos, notabelmente do país veciño en 1,6%. E máis, que a divida do país veciño encala para baixo dos niveis anteriores a pandemia.

Para terminar, non comprendemos como a España unha potencia, a cuarta da Europa, non se expande como o goberno actual di, mentindo aos españois. E para finalizar transcribiremos a frase do relator Bassetti que reza así:

efectivamente, a economía portuguesa crecerá máis que a española e máis presentará unhas mellores contas públicas. O forte rebote que a Comisión espera que se materialice en Portugal é o resultado dun conxunto dun efecto base máis favorábel, dun maior gasto interno, antes aforrado e dunha industria turística que remonta de novo a cabeza con moita forza. Todo o que fará que o crecemento de Portugal, segundo as previsións da Comisión Europea, estea bastante por cima do crecemento de España, cos resultados que isto ten en termos de recadación e un nivel máis rápido da limpeza das arcas públicas”.

Que é que irá mal no reino do goberno que se di de esquerdas en España.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.