![]()
Falamos de novo de Ursula von der Leyen, de Kallas e como non, doutro servil empregado e incondicional escravo de Trump, o secretario xeral da OTAN, organización que xa debía ser desmantelada en 1991
Por Jose Vieira | 4/04/2026
Non temos MENOR DÚBIDA da SUBMISIÓN incondicional de Ursula von der Leyen, Mark Rutte e Kaja Kallas a Donald Trump, tal como tamén o afirma Marc Lopez Plana, director da “Axenda Pública”.
Na verdade, desde a súa formación a Unión Europea (EU), se definiu como unha potencia normativa.
A súa influencia (EU), no ámbito internacional, se dirixiu a través da defensa do Dereito Internacional, da orde global, do multilateralismo, en suma das regras.
Debe ficar ben na cabeza de todos nós, que nunca nos baseamos, nunha real capacidade económica/financeira/militar e, que tivese a posibilidade de coacción, de gobernar o mundo en que vivimos, impondo o trío dos poderes referidos, pola forza das armas, se non houbese a colaboración sen límites nin condicións por parte dese, trío igualmente, de sicarios ao servizo das estratexias, cambiantes de Donald Trump.
Esta señora, Ursula von der Leyen, pretendeu no seu discurso, perante os embaixadores da EU, transmitir que “o mundo por estar nesta fase de rivalidades con formas xeopolíticas, entón isto fai que o sistema baseado en regras, se encontre sobre presión” .
Con este discurso, esta política, ao dobre servizo de Trump e seu propio, non fixo outra cousa senón lexitimar que o presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA), poida exercer o seu poder ditatorial, sen se ter que atender ao dereito internacional estabelecido.
Tamén, igualmente non recorreu, ao Consello de Seguridade da Organización das Nacións Unidas (ONU).
Así, o ataque terrorista, dos Estados Unidos da América do Norte (USA) baseada na súa preponderancia militar, ordenado por un presidente, que se considera por cima de calquera lei ou regra, como é Donald Trump, deita por terra todo o dereito internacional.
Mais o más grave, é que non está defendendo algo lexítimo, o que está a facer é a executar, toda unha nova versión de colonización do mundo, segundo os seus propios e persoais intereses e, até, na maioría dos casos e, non os do seu país.
Este señor, desde os inicios das súas pretensións políticas estivo sempre apoiado pola comunidade xudía dos USA e, como non, é o financiador e a quen fornece os adiantos tecnolóxicos de control, para as actividades delitivas do seu socio Benjamin Netanyahu, primeiro ministro de Israel, nas explotacións do próximo e medio oriente por Israel.
O desnorte, para non chamar por outro nome máis agresivo, de Bruxelas, como centro do poder desa fallada EU, dos 27 países, mais da agrupación de 27 países da Europa, en torno, da submisión do trío referido, que serve de facho, que ilumina un camiño, que desde á moito tempo debía, ser corrixido o camiño que todos desexamos para o Espazo da EU, e que fora o “leit motive”do tratado de Roma.
Falamos de novo de Ursula von der Leyen, de Kallas e como non, doutro servil empregado e incondicional escravo de Trump, o secretario xeral da OTAN, organización que xa debía ser desmantelada en 1991, por ocasión da eliminación do Pacto de Varsovia.
Claro que non se fala de eliminar a OTAN, pois, as empresas socias do señor Trump, teñen que vender armas e con esas exportacións impostas, salvar a cara a unha economía americana estancada.
Facendo, Netanyahu, as limpezas máis sucias e sobre o terreo, o que Trump está a intentar conseguir, estrañamente co apoio da señora Ursula von der Leyen, e seus compañeiros enriba referidos, é o dominio total, das fontes de enerxía petrolífera en todo o mundo, con vista a frear, especialmente o desenvolvemento da China, da India e dos restantes países que pertencen aos BRICs, ou pretenden pertencer.
O día 19 deste mes de marzo, reuniuse un Consello Europeo extraordinario e, o que alí se pasou, só pode ter unha lectura, que como se pode ler nos títulos máis independentes da comunicación social, un total desnorte da Cúpula da EU, que revela unha irresponsabilidade total, e unha abdicación dos lexítimos intereses europeos, por unha falta de orientación independente, dunha ausencia de proxecto estratéxico, para a construción do espazo europeo.
O que se viu, foi unha total abdicación dos principais responsábeis de Bruxelas, ao non saber ter outra posición que dicir coa cabeza baixa, “yes” ao patrón Trump.
Por razóns de estratexia en relación a xeopolítica, actualmente permite que a Rusia venda petróleo, mais non informou que sería a contrapartida desta concesión, un favor ao presidente da Federación Rusa, Vladimir Putin, como oligarca “amigo” do señor Trump.
Queremos lembrar, que se tiña construído un gasoduto de enorme capacidade, que fora financiado, por dous países, un o produtor que era e é a Rusia e o principal beneficiado, a Alemaña que despois, faría o negocio da distribución (un negocio redondo).
No entanto, como este faría competencia aos intereses das empresas petrolíferas e gasistas americanas, estas contrataron un equipo de destrución submarina e, dinamitaron o referido gasoduto.
Claro que como quen manda, pode, os alemáns, nin sequera protestaron de traxe, cos millóns perdidos dese investimento.
Mais, toda a Europa e gran parte do mundo, pasou a entregar bastante máis diñeiro, ao “benfeitor americano”, que se substituíu aos Rusos, que fornecían moitos outros produtos, a bos e competitivos prezos, trasladando enormes beneficios para os USA.
Este efecto de substitución de produtor e fornecedor de materias primas esenciais, lanzou toda a Europa nun proceso de inflación.
Quen se enriqueceu a custa do empobrecemento da Europa? Como non podía ser doutra maneira, os Estados Unidos da América do Norte, co xefe dos asaltantes de dilixencias do Oeste, DONALD TRUMP.
Como se foramos unha certa empresa que tentabamos xestionei con boa non, desenvolveriamos un proceso disciplinario de despedimento inmediato de: Ursula von der Leyen, Mark Rutte e Kaja Kallas.
Se el primero en comentar