Hai que pagar impostos, ese é o soporte material da Democracia

En especial cando se pode levar a bandeira das contestacións contra os impostos, se impuña o Partido Popular, que só realmente llee importa, polo clasismo de súas elites financiadoras, enganando toa a súa base de apoio popular.

Por Jose Vieira | 6/02/2025

Estamos de acordo cun gran grupo de analistas, que descartan a anticipación de eleccións en España, como anticipación das habituais.

Tamén nos parece que en calquera dos casos, veriamos unha pasaxe do electorado para a dereita senón para unha extrema-dereita, como efecto imitación, do que se está a pasar un pouco ou demasiado, por todo o mundo.

Non imos entrar en consideracións de orde sociolóxicas, sobre as razóns profundas, desta viraxe contranatura, de poboacións que viven coa “auga ao pescozo”, pois ou chegan moi xustos ao fin do mes ou mesmo non chegan e, no entanto, votan a favor dos que os explotan.

Chegamos a pensar que non é porque sexan desamparados, o que nos parece é que son masoquistas e, desexan a volta do “pai tirano”, ou sexa dunha ditadura, que os “meta na orde e que non lles permita outro sentido de vida do que sexa estaren subxugados”.

Isto non ten outra explicación do que este cadro de posíbeis electores. Se queren dimitir, da súa responsabilidade, de cargar o fardo de elixir quen debe mandar no goberno, de forma democrática, para entregar o poder a quen lles retire esa responsabilidade.

O que parece é que as poboacións se están a tornar cada vez máis abúlicas e que todo lles da igual. Máis só lles importa os éxitos, dos protagonistas das figuras de entretemento, creadas polas distinguidas cadeas de televisión.

Con isto, o que se está a ver é que un sopro cada vez máis forte, barre dunha forma bastante eficaz o espírito de independencia individual, a dignidade de cada un e a súa capacidade de desexar ser alguén por esforzo de si propio.

O que parece ser unha tendencia moi forte, é que cada un procura imitar os modelos creados polas TVs, sen ter a mínimo coñecemento de que estamos perante ídolos con pés de unto.

Pero creo que a gran maioría, non lles interesa, o máis mínimo, que se desfagan e que por iso sexan do máis efémeros posíbeis.

Queremos alertar, que a poboación do reino de España se está a practicar unha carreira contra reloxo e de sprint, para sacar un goberno “filofranquista e ultraespañolista”, que os amarre, que lles reduza as súas liberdades sociais, que lles retire, a educación libre e gratuíta, que lles retire a saúde publica e os demais servizos sociais.

Cando todo isto estiver aplicado, e xa non haxa posibilidade de retroceso, entón se darán conta, os máis novos, de que foron vítimas dunha xeración de vagos, de seres que de todo pasaron solo se tendo importado coas festas do pobo, na mellor das hipóteses.

Hai moitos puntos da vista ao diario, que demostran estas nosas observacións, por exemplo, o permitir que estean agarrados de forma maioritariamente a partidos, que impoñen que as súas comunidades se queden amarradas a maiores dificultades de se financiar, ao non aceptaren por razoes absurdas a condución de súas dividas, pasando estas dividas, na Contabilidade Pública, en cláusulas que non afectan a capacidade de crédito de cada comunidade.

Recordemos que por exemplo a Comunidade Autónoma da Galiza, acaba de rexeitar, poder utilizar, máis de 4.000 millóns de euros para beneficio dos seus cidadáns. Isto é un crime do máis grave que pode haber.

No entanto a poboación reza para que o presidente da comunidade o señor Rueda, e o seu partido sexa eterno e, os continúe a prexudicar, pois, canto máis prexudicados mellor se senten os galegos.

Non entendemos, sinceramente. É do máis criminal posíbel.

Outra situación completamente surrealista é o problema do aumento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), que aumento de 50 euros mensuais. Por último acordo do goberno.

Debemos desde xa que están estafados os argumentos de que “baixar os impostos é unha política de esquerdas”, até unha posición perfectamente “republicana socialistas” pois, segundo estes, os impostos son unha condición necesaria da liberdade e, até mesmo para os señores da escola austríaca, como Carl Menger, Eugen Böhm von Bawerk ou Friedrich von Wieser, Hayek entre outros como neoliberais da escola de Chicago.

Queremos deixar ben vincado que “sen impostos non pode haber cooperación. Nin tampouco prosperidade, nin destino común, non hai sequera unha nación que necesite un presidente” conforme refiren os economistas franceses Emmanuel Saez (este agora se encontra vivindo e traballando nos Estados Unidos da América do Norte) e Gabriel Zucman, en seus escritos de hai xa catro anos.

Tampouco podemos deixar de recordar que a ninguén lles gustan de pagar impostos, especialmente a los ricos. E reforzando esta nosa afirmación e, segundo afirmaba o periodista, Sam Pizzigati, americano, “aos ricos non lles gusta de pagar impostos, cando as taxas impositivas son elevadas, mais tao pouco, cando as taxas son baixo”.

Naturalmente os impostos son o que permite que os Estados, poidan repartir servizos públicos, que beneficien todos os cidadáns, que permitan a educación e a saúde publica e todos os servizos necesarios á comunidade.

No entanto, aos ricos, o interese xeral da cidadanía, segundo estes vai en seu contra.

En especial cando se pode levar a bandeira das contestacións contra os impostos, se impuña o Partido Popular, que só realmente llee importa, polo clasismo de súas elites financiadoras, enganando toa a súa base de apoio popular.

Este timo, ficou máis que patente, na contestación que levou a efecto, durante a aplicación do IRPF, sobre esta subida de plafond fiscal en la subida do IRPF.

No caso concreto da subida do SMI, temos a convicción de que realmente unha subida real de 30 euros, é realmente pequena, mais non nos parece igualmente acertada, que se exima de imposto de IRPF, o que realmente debía ser feito é unha subida, que despois do IRPF, resultase nun aumento real de 50 euros.

Este é un erro efectivo do executivo que pensamos que debía ser compensado previamente.

Finalmente queremos deixar patente, que en España, habitualmente nos queixamos de que pagamos demasiados impostos en relación a outros países, da Unión Europea, mais realmente non é esa a realidade, pois, estamos a medio da táboa, dado que nos situamos no posto número 12, canto a carga fiscal.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.