Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Guinea Bissau ( II )

José Vieira

Amílcar Cabral

Falamos agora da capital da República de Guinea-Bissau, cidade non só máis populosa, como o mellor porto de mar, e onde desde 1941/42, se estalou a administración territorial portuguesa.

Dado ser unha cidade cuxa seu pasado é relativamente curto, non se pode dicir que se encontran monumentos, dignos de ser considerados marcos referenciais do seu pasado.

No entanto, outro si é nesta cidade de cerca de 400.000 habitantes, que se poden encontrar, os marcos dun país novo que dalgunha maneira quere desde xa superar, as dificultades encontradas, despois da independencia do colonizador, ou sexa de Portugal.

Chegados a este punto, imos falar da independencia do referido territorio e como se deu tal éxito.

Como foi en case todos os territorios que formaron parte das colonias administradas por Portugal, as súas chegadas a independencia, sempre pasaron por unha loita armada, entre as poboacións locais e as tropas, recrutadas a forca, por o réxime do ditador Antônio de Oliveira Salazar e do o seu sucesor, Marcelo Caetano.

No caso concreto da Guinea-Bissau, o proceso de independencia comezou por ser algo pacífico, en que o fundador, da Asociación de Desportes e Recreación, fundada por un guineense de nome Amílcar Cabral, e que, despois de constatar, que non podía ser discutida en paz a súa independencia, transforma tal asociación en 1956, sobre o nome de Partido Africano para a Independencia da Guinea e Cabo Verde en 1956 (cuxas siglas son PAIGC).

Os Estatutos deste movemento de liberación, son da autoría do propio Amílcar Cabral, e foron redactados en Bissau na casa onde habitaba outro dos fundadores da asociación, os futuros presidentes de Cabo Verde, Aristide Fernandes, Pedro Pires. Esta asemblea durou unicamente unha hora estrita e tivo a presenza total de seis persoas.

Todo isto se debe aos coidados necesarios, a ter contra as prisións que a policía política, en siglas PIDE (Vixía Internacional e de defensa do Estado).

Inicialmente este movemento, se trataba de unir nun único país, o arquipélago de Cabo Verde y o territorio da Guinea-Bissau.

O inicio da consciencialización pola independencia, se ficou a deber a unha represión efectuada pola policía, durante unha folga dos traballadores do porto de Bissau en 1959. A policía a reprimiu cun auténtico masacre.

Estou chamou dunha forma definitiva, a que o PAIGC, se levantase en armas, contra as autoridades administrativas portuguesas. Así comezou o movemento pola liberación de Guinea-Bissau e Cabo Verde. Estamos en 1963.

O ano anterior ao seu asasinato en Conacri, ano de 1972, fundara a Asemblea Nacional do Pobo Guineense.

Quen dirixía o movemento, unha xunta con funcións moi ben determinadas, pero debaixo da autoridade e dirección incontestable de Amílcar Cabral.

Cando falamos da independencia de Cabo Verde falamos do grande dirixente e home de gran cultura, que era Amílcar Cabral. O seu nome completo era Amílcar Lopes da Costa Cabral, nacendo, na cidade de Bafatá en 12 de outubro de 1924.  Bafatá é unha cidade do centro da Guinea que sempre a sido esencialmente agrícola e de explotación de madeira do bosque.

Este se licenciou no Instituto Superior de Agronomía entre 1945 e 1952, na Universidade Técnica de Lisboa.

Se tornou como afirmamos nun xefe consensual, montando o seu cuartel xeneral na Guinea-Conacri, para estar ao abrigo das persecucións da policía política portuguesa.

Foi un xefe militar, un técnico agrícola de gran competencia e un excelente escritor. No entanto, foi morto nunha acción desenvolvida pola PIDE (executada polo PIDE, Inocêncio Koni), o día de 20 de xaneiro de 1973, tendo sido baleado na súa oficina de Conacri.

Estivo ligado aos outros grandes xefes, que loitaron polas independencias dos seus territorios, na altura administrados pola ditadura portuguesa, como por exemplo o médico e poeta angolano Agostinho Neto, fundando, ambos o Centro de Estudos Africanos.

Actualmente, parece que coa elección de Umaro Sissoco  Embaló, como Presidente da República, en exercicio, parece que o país estará  vocacionado a ir finalmente na senda do progreso.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.