Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Guinea Bissau ( I )

José Vieira

Localicemos a antiga colonia portuguesa da Guinea Bissau, no mapa político de África actual.

Guinea Bissau, denominase desta forma, para evitar a confusión que pode xurdir pois, o nome de só Guinea, se acostuma dar a antiga colonia francesa de Guinea, cuxa capital é Conacri. Este territorio, hoxe denominado como República da Guinea-Bissau, está limitado a norte polo Senegal, ao sur pola Guinea Conacri e a occidente polo océano Atlántico.

Convén desde xa avanzar, que este territorio, non foi sempre o mesmo, desde que os portugueses se apoderaron del. Pois, durante varios séculos antes da súa actual forma e superficie, formou parte do reino de Gabu, así como do imperio do Mali. Tendo por iso resistido até que na súa forma actual se quedou só en pleno século XVIII, tendo os portugueses, ocupado distinguidas partes desde o século XVI.

Cabe indicar, que o complemento na súa identificación de Bissau, se debe a que a súa capital actual e cidade mais populosa, teña ese nome.

No entanto nin sempre hai sido así, pois a primeira capital, a sido a cidade de Bolama. Esta cidade, que leva o nome da illa de que forma parte, pertencente ao arquipélago de Bijagós, es realmente a única das cidades da Guinea- Bissau, que aínda mostra o antigo apoxeo que chegou a ter a referida cidade. Esta illa, tivo varías tentativas de colonización, por parte doutros países, como da Inglaterra (1792/1794) e de novo en 1814, tamén polos ingleses.

A razón deste interese, foi debido ao tráfico de escravos, que había entón. Había mesmo tratados acordados, co reino do Mali (probabelmente cos seus reis), en que estes, se comprometían a entregar, en determinadas épocas do ano, que coincidían cos ventos máis favorábeis a navegación de regreso, determinada cantidade de escravos.

A primeira reclamación de Portugal da posesión da referida illa, data de 1830, no entanto, dato o excelente negocio, desenvolvido polos negreiros ingleses, estes a declaran como parte da Serra Leoa, en 1860, para que estivese en súas mans. Así, en 1870, unha comisión presidida polo presidente americano Ulysses S.  Grant, concedeu en definitivo a respectiva cidade e illa a Portugal.

É por iso polo que Bolama se converte na primeira do referido territorio o ano de 1879, se mantendo como capital, até ao ano de 1941. Cabe dicir, que dadas as condicións naturais, xa os portugueses desenvolveran o porto de  Bissau, polas súas mellores condicións de acoste marítimo, falamos de 1687, así como por que  Bolama, sempre sufriu dun problema espantoso, que era as  secas constantes e como tal a falta de  auga  potábel.

Imos agora, contar algúns chistes, sobre cuestións que quen visita a illa de  Bolama, se caída sorprendido, encontrar un monumento a  aviadores italianos, que fixeron o percorrido aéreo desde Roma ao Brasil, tendo como punto de abastecemento e de ponte a cidade de  Bolama, até aquí todo parecer normal, o que xa non o é tanto, é a existencia na base do monumento, unha roseta ou coroa de  louros, enviada por  Mussolini (coa inscrición “ Mussolini  al  caduti  di  Bolama”).

Tamén se deparan con autenticas mansións coloniais, actualmente case completamente derrubadas, especialmente despois da guerra civil entre bandos guineenses, que destruíron todo o que  puideron (esa guerra civil especialmente  cruenta ocorreu entre 1978/1979).

Igualmente intriga a quen chega para visitar a cidade, hoxe con só cerca duns 11/12 mil habitantes, é encontrar un monumento ao Presidente dos Estados Unidos Ulysses S.  Grant. Hoxe, esa estatua é bastante máis pequena do que era a primitiva, e non é de bronce como antes pois, durante a guerra civil, a desfixeron para vender o bronce a peso. No entanto, a súa existencia, é a homenaxe prestada ao presidente da comisión internacional, que entregou a posesión da referida illa e cidade, ao dominio portugués, como xa indicamos en 1870.

Tamén e a pesar das destrucións, hoxe comezan a xurdir infraestruturas hoteleiras, con calidade suficiente para animar un turismo, sobre estas illas onde as praias son espectaculares, cun mar, nos mares cheos dunha transparencia de cristal.

Un exemplo de entre múltiples posíbeis, é esta unha das praias cerca ao establecemento hoteleiro enriba indicado

Por hoxe nos quedamos, pois, sobre esta terra, que en determinadas alturas, despois da independencia, foi tan castigada, pola ansia do poder, dalgúns dirixentes políticos. Hoxe se encontra estabilizada, e na senda do desenvolvemento turístico e de transformación dos seus produtos orixinais.

Son famosos en todo o mundo, as súas castañas de caju (coñecidas en España como anacardos).

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.