Por Telmo Comesaña
Este é o titulo das xornadas que se desenvolveron na Deputación de Pontevedra o sábado 12 de xuño do 2021.
Despois de escoitar aos representantes dos partidos políticos ábrese un tempo para os oíntes.
Sobre a marcha, avisáronme que eu ía falar dos símbolos franquistas. Erroneamente pensei que a xente que participaba xa estaba na orde de traballo e entón eu esperaba a que me chegara o turno. Mágoa! Non foi así e quedei sen expoñer o pequeno discurso que ía tecendo sobre a marcha, centrándome na proposta da persoa do PSOE sobor da pretendida lei de “MEMORIA DEMOCRATICA”.
Logo de identificarme faría algunhas preguntas:
-É vostede conscente do que significa intentar outra lei de Memoria sen rematar a 52/2007?. Oínlle, repetidamente a vicepresidenta primeira a –segundo ela- dos beneficios que tivo para as vítimas do franquismo.
-Vostedes abandonaron a devandita lei porque nin sequera a cumpriron (vexase a simboloxía franquista). Deixo iso para o final. Traballei intensamente naquela etapa tendo como referencias a NIZKOR, Affar, AGE, Foros pola Memoria, etc.
De la Vega e Jauregui encargáronse de demostrarnos que o que se pretendía era unha lei de “punto final” (nin se anulaba a lei do 15 de outubro do 77 –Amnistía-, nin os xuízos sumarios, nin se facía cargo de abrir as fosas –baixo mandato xurídico e entrega dos restos as familias-, nin se recoñecían as vítimas etc. Resultaba insultante que para “limpar” o nome dun asasinado despois dun xuízo sumario, tiña que a familia demostrar documentalmente a súa inocencia, entón dábanlle un papel de “boa conduta”asinado polo ministro de Xustiza co carimbo do Ministerio…
De la Vega recibiu unha soa vez as Asociacións (4) que lles presentaron os requirimentos e xa non volveu a recibilas, pero, AH! Si recibiu a Falanxe a Igrexa Católica). A partir de aí, coido que fomos 79 Asociacións que estivemos en contra da aprobación da devandita lei. Aprobouse no Parlamento cos votos comprados doutros partidos que tiveron beneficios por semellante tracción ás vítimas do franquismo. Só votou en contra o PP, coherente co seu orixe feixista.
Señora, o PSOE non é fiable. Sostense sobre miles de socialistas asinados por defender a REPÚBLICA. Si, non dubidaron a achegarse aos cuarteis da Garda Civil, -entre eles meu pai- en demanda de armas para defender Á REPÚBLICA. (O soño que estaba a mudar a vida de millóns de españois). E con qué nos atopamos dende o 78 pola parte dos socialistas acariñados pola CIA? (Ollar la CIA en España, de Alfredo Grimaldos). Negacionismo, revisionismo, desprezo insultante,etc
Na sala houbo quen acariñou o proceso iniciado no Parlamento coa aprobación da lei de Amnistía. Daquela eu xa tiña 43 anos e xa tiña capacidade de pensar e aínda me arrepían as palabras –que non son inocentes- e o ton empregado no acto (…Queda aprobada la ley de Amnistía para todos los españoles, el perdón para todos los españoles, para que nos podamos abrazar sin rencor… sin rencor…)
Tremendo perdoar a tódolos españois, como si todos fosemos asasinos e/ou ladróns; inculpándonos a todos (volvo dicir: as palabras non son inocentes; son calculadas e deixan un ronsel de preocupación e medo)
Remato cos símbolos franquistas. Señora, non podo crer no que nos está a dicir: fala vostede de dialogo, consenso e… para qué? Para convencernos que a lei de Amnistía non se anula; nin os xuízos sumarios (tamén desta lle queren chamar “ilexítimos”) nin se condena o franquismo e se recoñecen as vítimas, nenos roubados, traballos forzados, multas, etc..
Vostedes só queren que sexa de “punto final”
- É vostede conscente do dano que nos fai as vítimas o ter que soportar a simboloxía -sobre todo as cruces cravadas no corazón da península Ibérica e na cidade de Vigo chantada en homenaxe aos caídos por Dios y por España y en la División Azul). E ese aldraxe está provocado por un goberno local do PSOE.
- Quero que as miñas últimas palabras sexan para denunciar ao alcalde de Vigo, ao goberno que o sostén e a Agrupación do PSOE por seren tocos coniventes.
- Os símbolos non son reconvertibles, aínda que se lles tire ou lles muden elementos.
- Recoméndolle –se mo permite- a lectura do discurso do daquela Relator das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Pablo de Greiff, na Asemblea das Nacións Unidas en Nova Iork en setembro do 2014 no que denomina “El Caso de España”
VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN
Se el primero en comentar