Angelo Nero

De homes, cans e porcos (reseña de «Dhogs»)

En Doghs hai unha violencia primitiva e hipnótica, como a dun mal viaxe lixérsico ou como a dun pesadelo febril, onde as persoaxes se cruzan no fio do abismo e lle ven ós ollos ó demo, mestres o público, dende as súas cadeiras do teatro ou do cine, mesmo da súa casa, seleccionando as opcións de sufrimento, como nun videoxogo, asiste sen inmutarse a este puzzle diabólico, no que eu sinalaba algúns referentes, aínda que o propio director ten algúns máis:

Galiza

Este 8 de marzo mobilizámonos contra a desigualdade sexista

Porque o feminismo evidencia que sen a explotación que sufrimos as mulleres non sería posible manter o sistema de produción capitalista. Oficialmente as mulleres incorporámonos ao mercado laboral nos anos 60, traspasando o noso traballo gratuíto doméstico ao mercado laboral. Pero non nos incorporamos de pleno dereito, como iguais aos nosos compañeiros obreiros, senón que arrastramos a visión como seres de segunda. Dende os anos 60 ata hoxe a loita das nosas devanceiras abriron camiños que non están asentados.

Economía

O mundo do traballo a curto e medio prazo. Solucións para a perda de salarios.

Recordemos que coa suspensión de empregos e, independente do réxime conseguido polos traballadores en suspenso, ou mesmo despedidos, o tempo de ocio pasou a ser total e, como non podía deixar de ser, había que o ocupar. Entran nesta altura as grandes compañías de ocio, a seren gañadoras pois, viran os seus produtos máis procurados, debido a unha maior dependencia dos desocupados, afectos e dependentes de súas formas de entretemento, o que levou inclusive a obtención de ganancias extraordinarias en bolsa.

Economía

Pandemia e máis líos

A primeira consecuencia desta, é un desemprego enorme e imparábel, unha caída dos salarios reais dos traballadores, unha perda de traballos fixos como antes, logo unha incerteza canto ao futuro das novas xeracións e, finalmente, un futuro negro para os que por razoes de atinxiren o límite de idade, das actividades profesionais se van retirando.

Galiza

Que violencia?

Por Telmo Varela / Vigo Antifascista Nós, os explotados e oprimidos, non temos os medios que teñen as crases poderosas, entre outras cousas porque eles detentan o poder. Pero temos o dereito e o deber

Economía

Misións imposibles ou non?

Mazzucato pretende restaurar, ou mesmo implantar de novo, a teoría de que o goberno pode ser unha fonte de creación de valor. Aquí non estamos de acordo, pois o goberno non crea valor, no sentido de beneficio de capital, o que si fai é usar eses valores, para a sociedade.

Galiza

A memoria pide a retirada do símbolo falanxista de Celanova antes do 8 de agosto

Era necesario contar esta historia, a historia completa dese memorial fascista que pendurou sobre as cabezas das veciñas e veciños da vila e da contorna durante máis de oitenta anos como unha ameaza perenne que derivou no silencio e no medo. As nosas xeracións vivimos máis da metade das nosas vidas en democracia. É hora de perder o medo, de reparar ás vítimas e de facer xustiza contando a verdade. Non cabe outra cousa, alén do que é obriga legal, que retirar ese símbolo e converter o lugar nun espazo de memoria