na Galiza nom houvo guerra civil, houvo um genocídio bem planificado e executado que provocou milhares de vítimas. Nove décadas após ter começado ainda nom sabemos o volume aproximado do genocídio galego.
Manuel Fraga era moi claro: «Aquí hubo una amnistía, y amnistía quiere decir no solamente mutuo perdón, sino mutuo olvido. Amnistía quiere decir amnesia, y eso, insisto, quiere decir olvidar, olvidar».
Moito lle debe o pobo de Cerdedo ao seu vello mestre. O colectivo Capitán Gosende, que detesta a mansedume comenenciuda, arrepúxose á ignominia institucional e ao silencio pecuario e dedicou a novena lauda do Campo das Laudas.
Sería un desprestixio para Vigo converterse na única cidade do estado español que pague diñeiro público dun concello socialista unha estatua coa imaxe relixiosa que representado con maior intensidade o cruzadismo belicista de nacional catolicismo.
O manifesto FÓRA FRANQUISMO DE FERROL! lembra que a moción, presentada a iniciativa do colectivo de presas e presos políticos de Ferrol na ditadura, foi aprobada sen votos en contra: a favor do PSOE, Ferrol en Común e BNG, e abstención do PP.
Asistimos a un revisionismo histórico e a un branqueo das biografías. Aí está, como mostra, a escultura de Camilo Alonso Vega, sinónimo de represión para as demócratas e presas políticas, pero que aínda luce nunha estatua en Ferrol as credenciais de “Hijo Ilustre de la ciudad.