Donald Trump, que representa o Partido Republicano, é para alén do máis unha autentica incógnita, de como vai desenvolver as súas ideas, para facer entrar a súa América, no leito do seu río revolto.
Por Jose Vieira | 12/11/2024
Tamén existiu unha DANA, nos Estados Unidos da América do Norte (USA), que debe ter, como consecuencias, repercusións difíciles de prever, polo menos de forma ex ante.
Por un lado, non sabemos a ciencia seguta o que vai realmente na cabeza do futuro presidente dos USA, a pesar de que este xa ocupase durante 4 anos, o mesmo cargo político, antes do actual presidente demócrata, Joe Biden.
Saltanos unha primeira opinión, é que este presidente, Donald Trump, que representa o Partido Republicano, é para alén do máis unha autentica incógnita, de como vai desenvolver as súas ideas, para facer entrar a súa América, no leito do seu río revolto.
Como temos verificado, o presidente Joe Biden, que para os “seus súbditos europeos”, coa señora Ursula von Leyen, como xefe de fila, era un “demócrata” e un respeitador dos dereitos humanos, ao final de contas, saíu, como popularmente se di rá.
Basta recordar, que impos aos gobernos europeos, a compra de armas, para satisfacer as necesidades das grandes empresas de armamento americanas e as súas filiais, espalladas polo mundo.
Non podemos por iso deixar de recordar, que impos a través da súa organización de guerra terrorista, en que os diversos presidentes dos USA, en especial desde o Donald Reagan (anos 80), impondo que os seus socios Europeos, mantivesen unha organización, cuxa única razón fora a resposta ao Pacto de Varsovia (que era unha agrupación colectiva de defensa dos estados pertencentes ao bloque da extinguida Unión das Repúblicas Socialista Soviéticas- URSS) e, para o cal, os americanos, de entón, impuxeron a través do medo, a chamada OTAN, metendo nese “club os países europeos. Segundo os americanos, era para facer un equilibrio disuasorio.
Acabou a URSS, e con ela acabou tamén o Pacto de Varsovia e, no entanto, a OTAN, non só se mantén con se desenvolveu, de tal forma, que hoxe o estado capitalista ruso, está completamente cercado por bases militares e equipadas con armas nucleares.
Antes había a desculpa de que a URSS, quería comunizar o mundo occidental, para o comunismo, mais esta Rusia da actualidade, é un país capitalista.
Entón cal será a razón, para a existencia da OTAN, que é con todo o rigor unha organización de guerra, existir e estar a preparar un conflito mundial, con gran risco dunha guerra global e de carácter nuclear?
Con o presidente democrático Joe Biden, vimos claramente a tentativa dos USA, intentar facer a exportación das súas crises internas, para tentar recuperar, ou polo menos minimizar as consecuencias de perderen o liderado económica mundial.
Este, desenvolveu actos do máis flagrante terrorismo, como por exemplo, o teren dinamitado o gasoduto Nord Stream II (en 26 de setembro de 2022).
Dar como grito no ceo, a invasión da Ucraína, pola Rusia, cando quen patrocinara o golpe de estado na Ucraína, depondo o presidente lexitimamente electo (golpe sanguento levado a efecto pola secretaría de estado americana en 2014 – golpe de Kiev), para colocar un monicreque dos americanos no poder, e antecesor de Zelenski.
Logo creando un conxunto de sancións económicas, para facer o estrangulamento económico da Rusia e, como tal, ocupar a calidade de substituto dos fornecementos que esta facía á Europa.
Como iso non fose suficiente, impos aos europeos, a compra masiva de armas, creando informas falsas para xustificar o perigo dunha guerra. No entanto, todos sabemos, que a razón era a de facer escoar os stocks de armamento das empresas de guerra americanas e das súas filiais.
Tamén estes señores americanos, non son posuidores de calquera tipo de ética, pois, están unha vez máis a dicir unha cousa por diante e a facer outra polo escuro – apoio incondicional de verdade ao xenocidio do pobo palestino e, por outro lado, coa boca pequena pedindo un alto de fogo.
No caso dun alto de fogo por exemplo no conflito entre a Rusia e a Ucraína, e o incesante envío de material de guerra polas colónias americanas da Europa (enténdase a Unión Europea), os señores dirixidos polo monicreque Joe Biden, xamais se presentaron en calquera reunión para negociar a paz.
Este é o escenario, no teatro mundial actual, tendo como coreografo e simultaneamente guionista, USA.
O xefe da función teatral, aparentemente o asume o señor Joe Biden. Mais cada vez se torna máis notorio que o certo dono da función é Benjamin Netanyahu, o primeiro-ministro de Israel.
Que vai pasar tras a posesión do señor Trump en xaneiro?
Non temos a certeza de nada e moi menos dos golpes de rins que o futuro presidente irá dar. O correcto de que podemos dicir e o documentaremos coa respectiva foto dun aperto de man, entre Donald Trump e o primeiro-ministro de Israel e, como non, a afirmación da estreita boa relación entre ambos, tendo o propio afirmado, que era un protector sen dúbida do estado de Israel, frase explícita no seu anterior mandato como presidente dos USA.
Con Trump, non parece haber calquera dúbida que este señor, fará cambiar as cousas no Oriente Medio.
Así como, tamén haberá fortes alteracións, case correctas nas relacións entre Israel e os restantes países árabes.
Tamen haberá alteracións esenciais no conflito entre a Rusia e a Ucraína.
Para alén destas conclusións de enriba, tamén vai haber, con toda a certeza, mudanzas profundas nas relacións entre os USA e o seu patio de recreo, ou sexa, a #América Latina.
Trump, vai querer, resolver a súa maneira, o fenómeno de deixar de ser a primeira potência comercial e industrial mundial, e poderá procurar resolver esta situación, recorrendo ás intimidacións as sancións económicas e imposicións fiscais aos seus propios socios (léase colonias europeas e restantes membros do seu club).
Cabe aquí, unha interrogante, pois, foi no seu anterior mandato que Trump, procurou normalizar as relacións entre Israel e os países árabes, a través dos acordos de ABRAHAM.
Mais, a pesar desa actitude, trasladou a súa embaixada de Tel Aviv para a cidade de Xerusalén, o que dá realmente a proba definitiva do seu apoio á política de xenocidio dos israelitas.
Este señor, promete y con certeza irá desenvolver unha política de tentativa de reposición do perdido imperio americano.
Di Trump nesta campaña, que “iría curar a América”.
Palabras do “Profeta”….
Se el primero en comentar