Mélenchon se tornou dunha asentada o líder dunha “posíbel esquerda” da Francia. E as votacións non enganan, mesmo considerando a abstención.
Por Jose Vieira
Volvemos ás eleccións para Presidente da República francesa, pois, na realidade, nos encontramos coa posibilidade de chegar a un conxunto de reflexións, que non conducen ao que vulgarmente, se designa por “avisos á navegación”.
Cabe, naturalmente esclarecer o que pretendemos dicir con esa expresión de “avisos á navegación”.
Desde moi mozos acostumabamos ouvir esta expresión aos máis vellos, cando estes non vían moi claro calquera tipo de movementos, sexan políticos, de moda, ou de calquera tipo de cambios e, antes polo contrario vían no horizonte aparecer as chamadas nubes negras. Entón, como calquera mariñeiro probado, as buscaban no horizonte, para que dalgunha maneira e, por mero empirismo, tentar descubrir o que esas nubes significaban, hai medida que as vían aproximar.
Entón, consoante ían descodificando eses sinais, tomaban de acordo as decisións, se era de ir para adiante ou se debería trabar a tempo, antes de caer nalgunha trampa irreversíbel.
Se trataba como podemos ver, da sabedoría popular, feita de sedimentacións sucesivas e dun censo común fortemente conservador.
Non temos moi que reprochar a eses “adiviños” populares, dado que as súas estimacións, moitas veces suplantaban os experimentos de orde matemática. En fin cousas, dos tempos que corren, mais que nos serven para avanzar no tema que nos levou a esta introdución.
Recordemo-nos de os resultados das eleccións francesas para a Presidencial da República e, como non podía deixar de ser, a súa primeira volta.
Como sabemos o actual Presidente Emmanuel Mácron, obtivo 27,84% dos votos, a demandante Marine Le Pen, 23,15% e Jean- Luc Mélenchon, 21,95%.
Até aquí, nada de estrañar, a non ser a votación obtida polo líder da Francia Insubmisa (en siglas LFI), ficar en terceiro lugar a unha distancia de Marine Le Pen de tan só do 1,2%. É aquí que nos parece que nos debemos fixar. Este é o “chamado aviso a navegación”.
Vexamos as razóns que nos levan a pensar que algo está a acontecer no continente político.
Mélenchon se tornou dunha asentada o líder dunha “posíbel esquerda” da Francia. E as votacións non enganan, mesmo considerando a abstención.
Imos comezar polo Partido Socialista, que xa gobernou o país, aínda que sen gloria nin proveito para os seus electores. Digamos que o socialismo en Francia, despois de François Mitterrand, só ten retrocedido e perdido folego, para non dicir que hoxe e cada vez máis, non encontran lugar na paisaxe política actual. Pois, como podemos ver, de social democracia nada de nada e claro moi menos de socialismo.
Vasta ver que a representante do Partido Socialista, nestas eleccións foi a Presidente da Camara de París, Anne Hidalgo e que non conseguiu máis do que un expresivo (pola negativa) 1,75% dos votos.
Como vemos a poboación de esquerda francesa, non se revisa na viraxe a dereita, do Partido Socialista Francés. Pois, desde o segundo mandato de Mitterrand, se ve máis o PS francés como un partido de dereita e de obediencia cega ao poder dos grupos empresariais.
O mesmo pasa, en España, co PSOE que ten institucionalizado un comportamento, máis de acordo cun partido ao servizo dos empresarios, do que un partido do pobo e para o pobo.
Aquí nos aparece ver unhas nubes no horizonte, que se veñen acumulando, aínda que con algunhas aberturas de ceo, máis polos erros dos outros partidos (léase PP), do que por mérito propio. Este erro, vén xa do tempo do “Barón” Felipe Gonzalez, do PSOE. A semellanza de traxectoria, é por de máis evidente.
Claro, ou talvez non tan claro, o desplumo doutras agrupacións de esquerda, como é o caso do ambientalista Yannick Jadot, con 4,63%, do ruralista Jan Lassalle con 3,13%, do comunista Fabien Russel, con 2,28%, do movemento República de Pé de Nicolas Dupont- Aignan, con 2,06% de votos.
Tamén queremos deixar constancia, de dous resultados máis moi chamativos, o do sindicalista Philippe Poutou, con unicamente 0,77% dos votos e o descalabro, do partido Loita Obreira, liderado por Nathalie Arthaud, con 0,56% dos votos.
Tomemos en atención que todos estes partidos de esquerda, de recente formación e, sen pasado de gobernación, obtiveron votacións superiores ao Partido Socialista de Francia.
Debemos atentar que o que fixo que Mélenchon, obtivese o resultado que tivo, se debe a que o seu programa, se adapta ao novo contexto que presupoñe, reaberto xogo político.
Non podemos deixar de referir, que en todas as democracias occidentais, se están a pasar auténticas mexidas, que se vén producindo desde a gran crise de 2008, cando as lealdades tradicionais políticas se desestabilizaran, sendo a esquerda arrastrada a protestas, contra a globalización, a situación social e o estado do medio ambiente, en vez dun estreitamento soberanista. É neste contexto e, respondendo, mesmo con todas as debilidades, que se mostrou como unha alternativa real o partido de Mélenchon.
Este escenario, parece aparecer no horizonte próximo a España, en que se beneficia o Partido Popular de Feijó, non tanto por si propio, mais si pola deriva do PSOE e seus socios.
Nos parecen ser moi significativos, estes resultados, e que naturalmente os ventos que da Europa sopran, non deixarán de pasar os Pireneos e como non, influenciar as futuras eleccións no reino dos Borbons.
Esta tendencia, se debe ao descredito, que as actuacións proseguidas polos partidos de esquerda, que na súa praxes diaria, son inoperantes, aburguesados, que non se identifican cos seus votantes, que están baleiros de contidos e como non, as poboacións que os tiñan como referencia, non se revisan nas súas siglas, pois, estes só buscan carreiras político administrativas (léase vivir da política), abandonando os seus representados.
Así o que vemos nas nubes do horizonte é un descalabro total dos partidos que se encontran a esquerda do Partido Popular en España e un nítido ascenso dos partidos aínda máis á súa dereita.
E todo isto, non por que as poboacións virasen á dereita, o drama é que non se senten representados e, o peor, é que non veñen ningún partido de esquerda credível, honesto e próximo e, finalmente, empeñado en facer as mudanzas que urgen na sociedade.
Así o que veñen, é os chamados pseudopartidos de esquerda co PSOE a fronte, de xeonllos no chan, abanando a cabeza, dicindo a todo que si, sendo unicamente a voz dos seus “Amos” o grande capital neoliberalista de mercado.
Así non imos a ningún lugar…
Se el primero en comentar