É realmente un dos fundadores da chamada literatura de fusión, pois, a realizaba mesturando elementos realistas con fantásticos
Por Jose Vieira
Houben enfermidades, que segaron dunha forma brutal, moitos dos referentes culturais e científicos, que fixeron as nosas bases actuais.
Cando, aínda era de esperar moito, da súa brillante contribución a sociedade, estes referenciais, ao nos abandonaren nos deixan orfos.
Entre moitos outros, hoxe imos lembrar un dos escritores que nos impresionar, dunha maneira importante os nosos anos de xuventude.
Falamos de Franz Kafka.
Naceu a 3 de xullo de 1883 en Praga, tendo como pais Hermann Kafca e Juliw Kafková. Faleceu prematuramente a 3 de xuño de 1924, en Kierling, Klosterneuburg, Austria, vítima dunha tuberculose.
Foi un escritor de lingua alemá, sendo a súa obra unha das máis influentes da literatura universal, na entrada do século XX.
É realmente un dos fundadores da chamada literatura de fusión, pois, a realizaba mesturando elementos realistas con fantásticos.
Estivo influenciado pola literatura de Fiódor Dostoyevski e, na filosofía por Friedrich Nietzche.
Practicamente influenciou unha infinidade de escritores posteriores, mais, entre estes resaltamos, pola súa importancia, Albert Camus, Haruki Murakami, Robert Musil, etc., sempre levan o lector a buscar de cada vez que se lean unha nova interpretación.
Non poucos críticos o consideran como un dos primeiros autores, dun xénero que ficou a ser coñecido como literatura do absurdo.
É fascinante a súa capacidade de pronto logo no inicio dos seus textos, dunha forma brillantes prender o lector, a través das súas primeiras frases.
Este escritor, non foi un autor eximo de lexións de críticas depreciativas, uns o consideraron como un autor terribelmente xudeu, así como os seus temas moi talmúdicos e, como tal de inspiración da xustiza divina xudaica.
Outros o tiñan como un explorador, dunha demencia das autoridades kafkianas, como unha proximidade totalitaria.
Non se liberaron dunha outra persecución crítica, dos que a través dunha análise psicanalista, próximos a Freud, o consideraban cun síndrome de represión contra a figura paterna.
Mais recentemente, tamén se teñen levantado outros que a interpretan como unha crítica ao capitalismo, representado, por exemplo, na súa analítica ás persoas alienadas polo sistema, a que o escritor máis tarde chamaría “o mundo da administración”.
O fantástico da lectura da obra de Kafka, é que en cada lectura, que se fai, cabe de cada vez unha opinión non necesariamente concorde coa da anterior lectura.
Vale a pena, visitar o seu pequeno, mais excepcional Museo Franz Kafka, atravesando o río Moldavia, a través da ponte Carlos e, paseando pola zona da “Malá Strana” e, ir despois até ao castelo que se ergue no outeiro que conforma a zona.
Terminamos este texto de recordo dun dos máis influentes escritores do século XX, dicindo que Franz Kafka, a pesar de morrer a idade de 40 anos, foi un sobrevivente, pois os seus irmáns masculinos, aínda morreron cando aínda eran bebés, a el só sobreviviron as tres irmás máis pequenas.
Recomendamos, sinceramente, a lectura atenta dos libros que abaixo indicamos.
BIBLIOGRAFÍA
MEDITACIÓNS, se trata da súa primeira obra de relatos, publicada en 1913.
O PROCESO de 1925. Que non concluíu téndoa escrito entre 1914 e 1915.
A METAMORFOSE, é probabelmente a súa obra máis coñecida e, talvez a que máis dificultades presenta de interpretación. Tamén é a que máis veces é referenciada. Foi escrita en 1915.
O CASTELO de 1926. Igualmente non concluída e, escrita en 1922.
AMÉRICA cuxo título en definitivo, publicado pola editora alemá Fischer foi O DESAPARECIDO tampouco concluída, foi escrita en 1912.
Este escritor publicou moitos artigos nos medios de comunicación regular.
Se el primero en comentar