Foro Económico Mundial ou Foro de Davos

Esta organización non ten fins lucrativos, mais, no entanto, acumula varios centos de millóns en francos suízos, que por certo non pagan impostos nin na Suíza, nin as contribucións dos varios países.

Por Jose Vieira

Conforme o título deste texto, esta reunión anual, é coñecida por calquera destes nomes.

Aínda que non sexa unha organización non gobernamental, esta reunión que leva o nome da localidade Suíza onde se realiza, ten a súa sede en Cologny, xunta os días en que se realiza, os principais líderes empresariais mundiais, así como políticos da maioría dos países, intelectuais e, como non podía deixar de ser, os representantes das realezas mundiais e outros selectos “plays boys” (pois, non nos debemos escandalizar coa súa presenza, dado que se trata de dar visibilidade internacional).

Parece que as razoes desta reunión, para alén do seu principal obxectivo, o ser de se mostrar quen é quen no mundo do poder económico e pronto a presenza dos seus “empregados” os políticos do momento, dá a impresión, que queren analizar, segundo o seu secretariado, así como o seu presidente vitalício, e actualmente residente na Suíza, o profesor universitario Klaus Martin Schwab (este señor foi un dos fundadores do referido fórum), os problemas económicos, sociais e políticos que se espallan por este “vale de lágrimas”, que é o mundo, en que temos que vivir.

Esta sociedade, foi fundada en 1971, polo referido Schwab, que desde o seu inicio procurou desdobrar este fórum en varías asembleas especificamente máis restrinxidas e especializadas en temas máis concretas.

Está organización, desde o seu inicio, ten sido a campioa do chamado mundo globalizado, que non podemos deixar de referir, que se trata de que sexamos gobernados por unha coalición de empresas, chamadas corporacións multinacionais, que coas súas actuacións, sobre a sociedade civil, substituíron as estruturas democráticas.

Así non podemos deixar de referir, que implantaron un conxunto complexo e ben estruturado, de iniciativas a que se chamou “Great Reset”, que se pode traducir como “Redeseño global”.

Queremos recordar, que a política imposta por este fórum ten vindo a criticar, que non debemos gastar diñeiro coa saúde pública, con problemas de seguridade das persoas.

Tamén ten vindo a falar en problemas de pobreza, mais non nos esquezamos que a visión prevalecente é a de considerar que é necesario manter os pobres, máis ou menos conservados pois, é deste colectivo que sae o exército de traballadores en reserva cando os señores do mundo deles necesitan. Máis unha prepotencia insoportábel.

Tamén teñen falado do cambio climático, coa súas consecuencias, que desdramatizan e que resolven coas compras dos chamados dereitos de poluir.

Un certo ataque á realidade debidamente comprobada cientificamente. Unha hipocrisía desmedida en relación ao resto do mundo.

Practican e desenvolven as súas actuacións no máis completo secretismo, ou dito doutra maneira, sen calquera transparencia para o común dos mortais.

Estas elites, ten feito todo o que é necesario para que as desigualdades sociais, van cada vez en aumento, pois, son perfectamente celosos dos seus privilexios de pertenceron ao mundo dos moitos ricos.

Esta organización non ten fins lucrativos, mais, no entanto, acumula varios centos de millóns en francos suízos, que por certo non pagan impostos nin na Suíza, nin as contribucións dos varios países.

Podemos dar algúns nomes dos nomes dalgúns elementos que compoñen a lista dos habituais en tal fórum, mais, máis abaixo daremos a composición da xunta directiva actual completa.

Nestes encontros, que decorren durante 5 días, temos constancia da presenza de máis de 90 países presentes (dirixentes mandados polos seus patróns – o grande capital – “Os Amos do Mundo”), coa participación de case 2.500 participantes.

Destes cerca de 1200 son executivos do máis alto rango das principais empresas multinacionais mundiais. Cerca de 220 políticos de primeira orde (xa aí estiveron Zapateiro, Raíña Sofia, Aznar, e agora Pedro Sanchez).

Convén destacar que nesta última reunión deste ano, estiveron cerca de 50 xefes de estado e uns 70 ministros de diversos países.

Do seu directorio, pertenceron ou pertencen, entre outros, o ex-vice presidente dos Estados Unidos da América do Norte e premio Nobel da Paz Al Gore, a raíña Rania da Jordania, variadísimos reis e membros doutras distinguidas monarquías (non esquecer a presenza doutros elementos da casa real española, así como da Inglesa).

Non debemos esquecer os presidentes dos bancos existentes en España, así como a fortísima presenza de elementos do Club de Bilderberg.

Queremos recordar que o club de Bilderberg, tamén designado como foro, conferencia, é unha reunión de máis ou menos, de centenar e media das persoas máis influentes e como tal máis importantes do mundo, ou sexa, as que ditan cales as pautas que deben ser seguidas no mundo.

Estas persoas, se sobrepoñen completamente sobre os gobernos de todo o mundo capitalista, que practican a relixión dos mercados. É este grupo de poderosos, que habitualmente son designados por “Os Amos do Mundo”.

O actual presidente do grupo ou club, desde 2011 é Henri de Castries e o nome do grupo, vén da designación do hotel (de Bilderberg) onde se reuniron pola primeira vez nos Países Baixos, en 29 de maio de 1954, por proposta do refuxiado polaco Józef Retinger.

Tampouco deixamos de non repetir, que o hospede da reunión foi o príncipe holandés Bernardo, que máis tarde foi incriminado nas comisións de corrupción na compra de armamento.

Desde entón, pois, foron entre outros seus fundadores e, sempre estiveron presentes, como principais influentes e dominadores da política e economía mundial, Henry Kissinger e o xa falecido recentemente David Rockfeller.

Este grupo, no fondo é quen de verdade impón as condicións e o “modus faciendi”, que se ten que rexer o Fórum de Davos.

Así o fórum de Davos, é unha extensión máis daquel, en que as participacións, dunha forma ou doutra, serven para dar un aspecto exterior, máis popular, das imposicións do grupo de Bilderberg.

Estamos nun mundo de letreiros de marketing e, moi pouco máis.

Para dar unha pálida idea, as contribucións para pertencer a este fórum, que están depositadas na Suíza, atinxindo gran número de millóns de Francos Suízos son as que seguen:

– Cada empresa paga uns 42.500 Francos Suízos ano de cota

+ Máis un imposto de máis 18.000 francos Suízos

– Os asociados industriais e ou estratéxicos pagan 250.000, de cota ano máis 500.000 de imposto anual, ambos en Francos Suízos, para seren escoitados, de forma privilexiada en Davos. Vese nitidamente que o diñeiro determina a capacidade de intervención.

Abaixo imos dar o nome dos membros do executivo actual, incluíndo o seu presidente vitalício que como xa referimos, é Klaus Schawb, o comité é composto polas seguintes personalidades:

Mukesh Ambani, Marc Benioff, Peter Brabeck-Letmathe, Thomas Buberl, Laurence D, Fink, Chrystia Freeland, Orit Gadiesh, Kristalina Georgieva, Fabiola Giannotti, Al Gore, André Hoffmann, Paula Ingabire, JoeKaeser, Christine Lagarde, Yo-Yo Ma, Patrice Motsepe, Ngozi Okongo-Iweala. Lubna S. Olayaan, Reina Rania da Jordania, L. Rafael Reif, David Rubenstein, Mark Schneider, Klaus Schwab, Tharman Shanmugaratnamm, Jim Hageman Snabe, Julie Sweet, Feike Siibesma, Heizõ Tabenaka e Zhu Min.

Estes señores e señoras, son os que mandan máis, aparentemente na estrutura da globalización que tanto mal, ten sementado no mundo actual.

Non podemos deixar de referir que por exemplo, o presidente do goberno español, Pedro Sanchez, fixo unha intervención de fondo na asemblea xeral do respectivo fórum, como xa vén sendo habitual, á praza das várias reunións da respetiva Asemblea do Fórum Económico Mundial (Fórum de Davos).

Terminamos este deixando a mensaxe de que como non pode deixar de ser, que as actitudes e conclusións do respectivo Fórum de Davos, como sempre, nada deixou ningunha mensaxe clara, ao mundo, que non sexa, a defensa intransixente da Globalización e, da continuación da explotación dos máis desfavorecidos e como tal, a aceleración da creación de cada vez maior e máis fonda desigualdade social. E dar voz popular ás determinacións recibidas dos seus xefes os señores do Club de Bilderber.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.