Alberto Gonçalves

Por unha saída galega xusta fronte á crise!

O Día Internacional da Clase Obreira non é unha data ritual. Non é apenas unha conmemoración simbólica. É unha oportunidade para afirmarmos con orgullo de clase a nosa determinación por avanzar cara a unha nova sociedade. Unha sociedade xusta, igualitaria, radicalmente democrática e libre de toda forma de explotación, que nesta terra e neste tempo só pode tomar forma dunha Galiza ceibe e socialista. […]

Alberto Gonçalves

A loita da clase obreira galega non se confina

Non imos confinar a loita sindical mentres a clase traballadora continúa a padecer todos os días agresións en forma de recorte de dereitos, de precariedade, de empobrecemento salarial ou de brutal explotación. Non imos deixar de saír as rúas mentres o empresariado continúa a vulnerar os nosos dereitos, nin mentres os gobernos español e galego ollan para outro lado diante da desertización produtiva que ameaza con facer crónica e permanente esta nova crise. Non. O sindicalismo nacionalista e de clase, combativo, asembleario e de contrapoder, non imos parar. […]

No Picture
Alberto Gonçalves

É tempo de loita. Onte, hoxe e sempre

A ineficacia e insuficiencia das medidas adoptadas polo Goberno español e a total incomparecencia da Xunta de Galiza, deixan o pobo traballador galego nunha situación de total desamparo. Cómpre reaxer. Cómpre esixir o que por xustiza nos pertence. Demandando políticas públicas que protexan a clase traballadora e non o grande capital. Non podemos permitir máis políticas que empobrezan a maioría do pobo e que pretendan confinar os nosos dereitos sociais e laborais. Non podemos tolerar máis abusos patronais. Só a mobilización, a loita organizada, a que impida que como en crises anteriores sexan os ricos e poderosos quen se salven a costa do sufrimento da maioría explotada. […]

No Picture
Alberto Gonçalves

Saír á rúa a gañar o futuro

Para nós a derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións, non é ningunha meta. É o punto de partida. O mínimo imprescindible para comezar a recuperar os dereitos que nos foron roubados e avanzar na conquista dunhas mellores condicións de vida. Non podemos pasar por menos. […]

No Picture
Alberto Gonçalves

Vigo será industrial ou non será

Os dous principais alicerces industriais da bisbarra, a construción naval e a automoción, atravesan hoxe momentos críticos. No naval vigués, outrora potencia internacional e que chegou a ter 10 mil postos de traballo, hoxe traballan menos de 2 mil persoas. O centenario estaleiro Vulcano semella abocado a un inminente peche e pairan serias dúbidas sobre o futuro de Barreras. […]