Fin da seriedade e exención comunicativa en xeral

Estamos a vivir unha das crises históricas e globais, con que nos regalan, os sistemas “liberais do occidente”, liderado polos imperialistas americanos, polos “Amos do Mundo”, que comando os G 7 e naturalmente menos o G20.

Por Jose Vieira | 16/11/2024

No noso entender o mundo en que vivimos, está dunha forma flagrante, a ser cercado por forzas comandadas polos ricos poderosos, e que, dunha forma constante e continúa, sen calquera fisura, impoñen aos políticos de quenda, os seus “modis faciendis” e, só permitindo o ascenso aos lugares de mando, aos “seus fartoten” (aos que se someten relixiosamente aos seus intereses) e, que previamente teñen a garantía da súa fidelidade.

Por iso, cremos poder dicir, case con toda a certeza, que estamos a vivir unha das crises históricas e globais, con que nos regalan, os sistemas “liberais do occidente”, liderado polos imperialistas americanos (dito dunha forma máis estrita), polos “Amos do Mundo”, que comando os G 7 e naturalmente menos o G20.

Podemos avanzar que a medida que nos aproximamos do fin do século XX, vimos caer as marxes de beneficio das empresas dos grandes aglomerados industriais americanos e das súas filiais ou dominadas na Europa, mentres as petrolíferas, cos seus altos e baixos, acentuaban os puntos de inflexión, tanto á baixo como a alta.

Estas condicionantes, levaron a unha xeral contestación social e política anticapitalista, se traduciu nunha mudanza global de estratexia, ma transición entre as décadas de 70 e 80 do século pasado.

Non podemos deixar de considerar como un dos factores moi influentes a caída da Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) e, como non a capitulación cada vez máis evidente dos restos da Socialdemocracia.

Diremos que á praza de catro décadas, de implantación, de todo este sistema, poucos ou ningúns adiantos, dignos de recoñecemento, foron conseguidos nas institucións, mais si na submisión do traballo e na creación dunha formación ideolóxica, que subliminarmente primeiro, mais que a medida que os “amos do Mundo” perfeccionaran os procesos de manipulación, o fan totalmente ás claras e, como tal as teñen mantido e perfeccionado, de tal forma, que hoxe, as grandes masas, xa non son, na súa maioría capaces de formular xuízos de existencia correctos e moi menos de valor, do que se está a pasar a súa volta.

Así o neoliberalismo, coas súas políticas de financeirización, tal como a de non produción, de non regularización dos mercados de capitais, do traballo e do desemprego e da precarización do mesmo.

Con esta sobre explotación dos traballadores e, a implantación salvaxe das novas tecnoloxías, estes teñen sido conducidos a unha submisión laboral, capeada paralelamente por un autoritarismo cada vez máis impositivo, en que os líderes do capitalismo, se sobre poem aos políticos de quenda, que non son outra cousa, que submisos voceiras, dos seus “AMOS”.

Estas reflexións son partilladas por algúns dos pensadores de mellor traza, socio históricos, mais que, son pura e simplemente considerados como elementos a manter, para seren, os “druidas” dunha correcta oposición ao capitalismo salvaxe, pois, son en xeral, non revolucionarios e como tal serven de estímulos, aos manipuladores neoliberalistas, para iren impondo procesos cada vez máis eficientes de cerco aos cidadáns.

Realmente, este cerco aos cidadáns, é un cerco e unha progresiva eliminación á democracia, ao desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria, a posibilidade de existir unha paz duradeira, todo isto para servir unicamente os intereses desa minoría de “Amos do Mundo”.

Estes “Amos do Mundo”, impoñen o que lles convén, a través do imperialismo que manteñen vivo, nos Estados Unidos da América do Norte (adiante soamente USA), cuxo soporte ideolóxico é actualmente nada máis do que os canóns, a chantaxe, as sancións económicas.

Esas políticas, son pura e simplemente, tal forma inconveniente, como se está a constatar, lanzando nunha enorme e profunda crise, os seus submisos aliados, en especial a Unión Europea (EU).

Estas políticas imperialistas, impuxeron por exemplo, a obriga da compra de armamento, creando un clima de pre-guerra, que só serviu e serve aos neoliberais salvaxes, americanos, mais que lanzaron a EU, nunha crise económica, cun estancamento no seu desenvolvemento socio/económico, como xa referimos e que era completamente innecesaria.

O problema é que os americanos tiñan esa necesidade para superara a súa crise interna e así, a exportar para as súas colonias submisas e covardes, como son a EU.

Diremos que á praza de catro décadas, de implantación, de todo este sistema, poucos ou ningúns adiantos, dignos de recoñecemento, foron conseguidos nas institucións. Outro si, avanzou de forma acelerada, no aumento da submisión e sua consolidación, de regras cada vez mais estritas, do traballo, na creación e formación ideolóxica, que subliminarmente primeiro, mas que a medida que os “Amos do Mundo” perfeccionaron os procesos de manipulación, o pasar a facer totalmente ás claras e impunemente.

Os USA, ten como tal, mantido e perfeccionado, de tal forma, estes procesos de despersonalización das masas, que hoxe, estas, xa non son, na sua maioría, capaces de formular xuízos de existencia correctos e, muito menos de valor, do que se está a pasar a sua volta.

Asi o neoliberalismo, con as súas políticas de financeirización tal como o non desenvolvemento da produción, a non regularización dos mercados de capitais e do traballo, como do desemprego, da precarización do mesmo, seguen de forma imparábel a destrución da Europa e non só.

Con a sobre explotación dos Trabalhadores e, a implantación salvaxe das novas tecnoloxías, estes teñen sido conducidos a unha submisión laboral, capeada por um autoritarismo cada vez mas impositivo, en que o capitalismo, sobreponse aos políticos de quenda, que non son outra cousa, que submisos porta-voces dos seus “AMOS”.

Estas reflexións son partilladas por algúns dos pensadores de mellor traza, mas que son pura e simplemente considerados como elementos a manter para teren, os “druídas” do capitalismo salvaxe estímulos para ir impondo procesos cada vez mais eficientes de cerco aos cidadáns (por exemplo o italiano Enzo Traverso, actualmente profesor nos USA na Universidade de Cornell).

Na maioría das veces os nosos dirixentes políticos, até vestindo camisolas com distintos

emblemas identificadores, mais sempre, se xuntando por obxectivos moi similares, ás dereitas, mais antigas coa as dereitas de nova formación, nunha converxencia que non ten outra finalidade que non sexa “correr” o máis rapidamente posíbel para un réxime autoritario, antidemocrático.

Estas tendencias están ben patentes se ollarmos como se está a plantexar o mapa político na Europa e non soa.

Tampouco é de desprezar o sinal que vai aparecendo por todo o lado de instrumentos de formación ideolóxica no ensino, antes só a nivel superior, mas actualmente desde as institucións propias para os máis mozos estudantes.

Terminamos este pequeno texto, referindo que fan un simulacro de chamamento a memoria, dunha forma nostálxica, no caso español a figura do ditador Franco, como até sendo un facedor de obras en que nin sequera as terá feito. Isto non é máis do que outra manipulación demasiado borde, pois, todos temos que ter presente que a memoria non é a Historia. A memoria non é máis de que unha materia-prima daquela, de entre moitas outras compoñentes sociais, hai que atender ás súas metodoloxía específicas e rigorosas que incorporan e definen o epistema da disciplina.

Todo isto, se utilizan en a manipulan dos medios de comunicación social, que sofren as imposicións do imperialismo borde e preñado de falsas informas.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.