Nun dos momentos máis críticos da pandemia o xerente de área, Julio García Comesaña, actúa de brazo executor ás ordes do PP na Xunta e cesa á xefa de servicio de Ciruxía Plástica Eva Maquieira polas súas críticas a cómo se está a levar dende o SERGAS os protocolos de prevención do COVID-19, que a nivel vigués cuadruplicou en cinco días o número de casos alcanzando os 212 positivos.
A doutora, que se atopa neste momento en illamento domiciliario á espera de coñecer os resultados do test do coronavirus, criticou de maneira fundamentada nas súas redes sociais a xestión da emerxencia sanitaria e a falta de previsión do Servizo Galego de Saúde na área de Vigo.
«Persoalmente, fun criticada e reprendida polos meus mandos superiores por utilizar mascarilla quirúrxica dende fai unha semana na miña actividade clínica diaria no hospital, sobre todo e curas e consulta onde físicamente é imposible manter a tan pregonada distancia dun metro e tacháronme de irresponsable por ir xerando alarmismo entre a poboación. Xerar alarmismo por levar mascarilla nun hospital nunha situación de emerxencia sanitaria mundial e estado de alerta, que mo expliquen!!!» -expón indignada a especialista-.
Maquieira, asemade, manifesta sentir «moita rabia e impotencia», sobre todo «ante a falta de liderazgo e previsión por parte dos mandos directivos da sanidade galega, aqueles que traballan dende os despachos pero non con pacientes reais, e polo tanto descoñecen de primeira man todo o que non se rexistra en números ou estadísticas ou normativas. Aqueles que pola súa lonxanía á primeira liña de batalla élles máis doado manter a famosa distancia de seguridade dun metro…e moito máis tamén» -denuncia-.
O «LEGADO» DA XESTIÓN SANITARIA DE FEIJÓO
Precisamente estes días dende a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública criticouse sen ambaxes a «burla» e «provocación» do presidente Alberto Núñez Feijóo e as súas políticas dende o PP en plena crise do coronavirus, ao anunciar estes días «xusto o contrario que ven facendo durante os últimos dez anos», facendo memoria dos brutais recortes orzamentarios no ámbito sanitario co desmantelamento da atención primera e hospitais comercais, o derivamento de miles de pacientes á privada mentres sistemáticamente se estaba a marxinar os servicios de saúde pública, recortando o presuposto en máis de mil millóns de euros, suprimindo 513 prazas de persoal médico, 184 en enfermería e 1.121 en todas as categorías.
Se el primero en comentar