Falemos de saúde pública

A asistencia sanitaria nos USA, é das menos eficientes do mundo da OCDE. Nese país, en que os propios gobernantes recoñecían ser o máis rico do mundo, se ten unha asistencia que é realmente moi boa e avanzada tecnicamente, mais só accesíbel aos moito ricos

Por Jose Vieira

Recollemos unhas palabras que foron proferidas polo entón presidente dos Estados Unidos da América do Norte (USA), Franklin Delano Roosevelt, cando tentou pasar o testemuño non só da presidencia do país, mais do seu desexo de implantar un servizo universal de saúde no seu país: “…esas persoas ás veces son condenadas á morte simplemente porque non son nin ricas nin pobres o suficiente para se conformaren ao esquema de saúde que temos no pais, no campo da medicina moderna”, referíase aos miles senón millóns de persoas que na América non podía acceder a unha saúde pública, nin capaz, nin eficiente por falta de recursos. Moitos destes, atopabanse nun limbo, en que non eran suficientemente pobres para seren abranguidos pola caridade, nin suficientemente ricos para poderen pagar os coidados médicos.

Estas palabras foron proferidas pouco antes de morrer de cancro e ser sucedido polo seu vicepresidente en 1945.

Este vicepresidente, Harry Truman, que nas eleccións seguintes, como as gañou, continuou a ser presidente, mais agora debidamente electo. Harry Truman, foi o primeiro presidente dos USA, que quixen crear un plano nacional de saúde, que sería pagado, a través dun seguro, que o goberno do país aboaría coas receita dos impostos. Sería algo universal.

Non obstante, terminara a Segunda Guerra Mundial e, a Truman lle couben xestionar os últimos meses do conflito e, non podemos deixar de referir, a súa máis triste acción, no lanzamento das bombas atómicas sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki, respectivamente, os días 6 e 9 de agosto de 1945 no Xapón, matando centenares de miles de xaponeses e deixando tocados para sempre outros centenares de miles indefensos.

Terminada esta, este presidente sucesor por morte de Roosevelt, tivo que se volver para o interior dos USA e, tentar equilibrar as contas orzamentarias internas, pois, o seu antecesor, tivo que inxectar miles de millóns de dólares, para superar a crise financeira que ficou coñecida como a gran Depresión, que tivo o seu inicio en 1929 e que se prolongou pola década de 30 (o seu “crack, declarouse coa caída da bolsa de Nova York, cuxa situación, ficou coñecida como o “martes negro”).

A política para recuperar a economía, ficou coñecida como sendo a política económica do “New Deal”.

Respigamos agora unha frase deste presidente (Truman), que se expresou do seguinte modo: “… ao pensarmos sobre a saúde da nación, debemos recoñecer un factor básico: o custo dos coidados de saúde é prohibitivo para millóns do noso pobo”.

Entón, este presidente, substituíu o “new deal” de Roosevelt, polo que se chamou “fair deal”, que nunha súa parte, constaba dun plano nacional de saúde, que enviou para o seu Congreso, coa mensaxe de que o apoiaba.

Non podemos deixar de lembrar, que tras segunda gran Guerra Mundial, os países máis ricos, pasaron a garantir que todos os seus cidadáns tivesen acceso a saúde, mais como sempre, este empeño do presidente de entón, dos USA, fallou.

A esencia do fallo, está asociado a que este cedeu ás presións do Congreso e Senado, dos USA, pois, preferiu por de parte este seu proxecto e, obter os seus apoios, para gañar as eleccións seguintes.

Como países ricos, lembremos a Inglaterra, este país un dos máis sacrificados na Segunda Guerra Mundial e, logo tras o mínimo de reorganización interna, tras o cese das hostilidades, o seu primeiro ministro avanzaba, que “os médicos, centros de saúde e hospitais británico, ficarán sobre o control do Estado no Servizo Nacional de Saúde (en siglas NHS)”.

Posteriormente, o día 5 de xullo de 1948, afirmaba un funcionario debidamente credenciado polo goberno inglés, que “todo o home, muller e neno poderá obter a atención médica. E non haberá máis contas para pagar aos médicos”.

Cabe aquí un esclarecemento, sobre a actitude do referido presidente dos USA, este aínda que atendese aos seus conselleiros que lles gustaba o sistema de saúde inglés, Truman, xamais hai querido nacionalizar o servizo, unicamente quería modificar o tipo de pagamentos dos servizos.

Na maioría dos países do pos guerra, os seus gobernos quixeron garantir ás súas poboacións, un estado de benestar universal e, que o mesmo fose o máis eficiente posíbel. No entanto, o modelo que os USA, querían seguir, era outro, sería un seguro obrigatorio por lei, en que todos os traballadores terían que pagar pola súa asistencia médica unha mensualidade que sería aproximadamente 4%do seu rendemento.

Nunha intervención o presidente dos USA, dicía “hai 110 millóns de persoas neste país (USA), que non poden pagar polos coidados médicos adecuados. Iso é unha pena que aconteza no país máis rico do mundo”.

Isto pasase, no inicio dos anos cincuenta e, desde entón, quere o Congreso, quere o Senado, dos Estados Unidos da América do Norte, independentemente do goberno instalado no poder, non permitiu que se avanzase cun programa de benestar, suficientemente eficiente, como o fixeron algúns dos estados europeos, no pos guerra.

O que vemos, desde entón, é que a asistencia sanitaria nos USA, é das menos eficientes do mundo da OCDE. Nese país, en que os propios gobernantes recoñecían ser o máis rico do mundo, se ten unha asistencia que é realmente moi boa e avanzada tecnicamente, mais só accesíbel aos moito ricos.

A razón é que os señores políticos, dos USA, non están dependentes das necesidades das súas poboacións en xeral, ou sexa, da súa maioría, mais si, dos 2/3% dos moito ricos, que non só teñen diñeiro para pagar a asistencia médica e demais servizos, mas máis aínda, son os inversores dos servizos que debían ser públicos e gratuítos, usufrutuando pingues rendementos destes estaren privatizados.

Lembremos que a loita por unha sanidade pagada por un seguro de saúde obrigatorio, xa viña desde os anos de 1915, por tanto, durante a primeira gran Guerra Mundial e, que era unha pretensión dos americanos máis progresistas, seguindo as tendencias do que pasaba especialmente na Inglaterra e da Alemaña.

Como sempre, é pretensión da poboación en xeral, de ter unha asistencia universal, que fose pagada e, que os tratamentos dos traballadores, fosen gratuítos, o que permitiría que os USA tivesen unha poboación saudábel.

Nesta altura, este posíbel programa abortou, pois, foi obstaculizado (estamos en 1915), polos médicos, dado que estes querían manter a súa autonomía financeira, estabelecendo as súas propias formas e, como querían ser pagados e, como non, non estar subordinados a aseguradoras ou a calquera outra entidade. Querían ser independentes.

Neste momento, as posicións diverxen de forma total, en España os médicos, na súa grande e esmagadora maioría, están a favor dun Sistema de Saúde Pública e, contra a transformación do Sistema de Saúde Pública nun negocio privado e oligopolista, de grandes grupos empresariais (españois ou estranxeiros e de fondos voitre), que queren facer lucros millonarios á custa da desgraza das poboacións, utilizando as infraestruturas sanitarias, case sempre pagadas polo erario público.

É aquí que entroncan, as semellanzas ou diferenzas entre a Comunidade de Madrid, acompañada por todas as outras xestionadas polo PP, con ou sen apoio dos seus donos, o Vox, pois, no que se empeñan é en privatizar todo o que poden, sempre que cheire a saúde pública e a externalizar todo a favor dos grupos voitres.

Esta febre privatizadora, vén desde o tempo de Presidente de goberno de José Maria Aznar, da Presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, da señora Aguirre e da alcaldesa de Madrid, igualmente de má memoria, Ana Botella (recordar que esta señora, vendeu a prezos de saldo o parque de vivenda social de Madrid a fondos voitres, que non respectaron os contratos de arrendamento sociais).

Todos estes elementos do PP, que ideoloxicamente seguían os seus mestres, que aínda estaban dentro do partido (e que máis tarde fundaron o Vox), fixeron das privatizacións a súa segunda relixión, así como, construíron hospitais, os equiparan e, logo, os entregaron a xestións privadas, con contratos de explotación, que como mínimo só se poden considerar ruinosos, para o erario público.

Queremos referir, a xesta de privatizacións, na saúde pública, efectuada na Galiza e, só, para dar dous, exemplos, o contrato desastroso e que até probabelmente, caería dentro do dereito penal, da Xunta coa Povisa. E non podiamos deixar de non referir, o Hospital Álvaro Conqueiro, cuxo proceso de participación público/privado, carrexou que as cifras envolvidas, en que co diñeiro que se entrega relixiosamente aos concesionarios, durante o contrato ruinoso da Xunta, daría para pagar tres complexos, como o referido hospital.

A razón, é que son os grandes capitalistas, quen financian as súas campañas políticas, (do PP + Vox + PSOE), así como os fondos voitres nacionais ou estranxeiros e, por iso deben as cabezas aos seus patróns, “estrito senso” os señores do Ibex 35.

Esta é a razón, porque eses partidos entregan as infraestruturas pagadas, coa suor e bágoas dos cidadáns españois, aos “amigos” a prezo de ganga, para estes realizaren excelentes negocios cos bens públicos.

Non obstante, os médicos están en situacións dunha presión insoportábel, pois, ao non contrataren máis profesionais, traballan en condicións degradantes e, sobre-humanas, impondo que vexan os seus enfermos, en 3 ou 4 minutos, o que nin sequera é suficiente para ler o nome do infeliz doente, non cobren as prazas dos que se xubilan e non cobren as baixas.

Esta é a situación imposta pola señora Ayuso na súa comunidade e seguida polo seu amigo e correlixionario Feijóo.

A situación é tan grave, en España, que cando terminan os médicos os seus cursos MIR, ou sexan, as súas especialidades, se veñen na obriga para poderen sobrevivir, emigraren para o estranxeiro, fornecendo a outros países, excelentes profesionais, formados á custa de España.

Unha vez máis, a dereita española, mostra a evidencia ser a herdeira, dun estado totalitario, da cal aínda non se hai feito a debida transición e, como tal, continúa a darse ao luxo de deixar perder os excelentes profesionais e, que foron formados á custa do erario público.

O PP+VOX+PSOE, están a desbaratar as infraestruturas do Servizo Nacional de Saúde, ben de patrimonio, ben de persoal.

Estes partidos, incribelmente apoiados pola gran maioría da poboación española, non se informan, que están a votar nas eleccións, a favor de quen destrúe os servizos de saúde públicos gratuítos, dunha educación de calidade gratuíta, por tanto, contra os dereitos que os seus maiores conseguiron, con tanto esforzo.

Optaron naturalmente, pola volta aos fascismos de tan má memoria… Son non só masoquistas, mais tamén algo irracionais.

Non parece ser perseguida outra a idea social, por eses partidos, que non sexa, a transformación da sociedade, nun sistema totalitario, que anestesia dunha forma brutal a poboación, a través dunhas campañas de desinformación, orientadas para que a sociedade dun neoliberalismo mercantilista capitalista, se implante sen resistencias e, onde non existan servizos públicos e, deixe de haber minimamente benestar e, onde todo, sexa pagado aos poderes privados, dos ricos.

O que pretenden eses partidos, enriba referidos, é unha sociedade en que dos 46 millóns de españois, sexan 45 millóns de pobres mesmo que estean a traballar.

Só existe para eles, un único camiño, o da desigualdade social. Volvemos á vella e odiada frase, que coñeceron os nosos maiores “non sabes con quen estás a falar”.

Mais, continuamos a ver proxectado na televisión, o anuncio de propaganda do goberno España, en que “esta é o país máis rico do Mundo. E se o goberno di, terei que crer ou non?

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.